Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Marta Souto, directora xeral de Deporte

"Temos o dereito a identificarnos coas nosas seleccións"

Despois de que PP e PSOE se aliasen no congreso contra a reforma da Lei do Deporte, a directora xeral pon en valor o traballo feito.

Redacción - 18:47 19/09/2007
Os deputados vascos, cataláns e galegos sosteñen as camisolas das súas respectivas seleccións,á porta do Congreso / Imaxe: CiU

Os deputados vascos, cataláns e galegos sosteñen as camisolas das súas respectivas seleccións,á porta do Congreso / Imaxe: CiU

Pasada xa a polémica xornada no Congreso, no que os deputados de PP e PSOE xuntaron os seus votos contra a reforma da Lei do Deporte que propoñían ERC e CiU, que terminou coa exhibición das camisolas das seleccións nacionais catalás, galegas e vascas, a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, reitera a defensa das seleccións nacionais galegas, "unha empresa na que cremos e na que seguiremos a traballar".

Souto dixo tamén que os galegos, os vascos e os cataláns "temos non só o dereito a emocionarnos, senón tamén a identificarnos coas nosas respectivas seleccións", e que "a fotografía na que aparecen as camisolas das diferentes seleccións recoñece a pluralidade do Estado español".

Segundo a titular de Deporte, en Galiza estase a traballar "xunto coas federacións, para poñer en valor os nosos deportistas e o noso deporte a través das seleccións galegas", algo que entra na axenda do día a día da Dirección Xeral.


4,92/5 (13 votos)


Comentarios (32)

O_Castrexo #1 19/Setembro/2007 O_Castrexo

O que dixen noutro artigo. A min me gustaría moito celebrar este Nadal a nosa vinganza.

Por aí propuxeron un torneo triangular entre Galiza, Catalunya e Euskadi. Eu mesmo pensaría en incluír tamén os nacionalismos británicos Gales, Escocia e Xibraltar (estes últimos, que andan a pedir tamén competir internacionalmente, foden aos españois ben fodidos) para non quedar tan "interestatal" senón "internacionalista" e ata os territorios autónomos de Dinamarca que contan con seleccións propias: Illas Feroe e Groenlandia.

Sería un torneo internacionalista e intersolidario.

O_Castrexo #2 19/Setembro/2007 O_Castrexo

Xa se nos adiantaron:

http://www.directe.cat/article...

Estes si que saben! O partido será unha merda porque Xibraltar... non é que sexa das melloriñas seleccións... bué, pero os xibraltareños tamén están enfrontados coa federación española hai tempo e o que se busca é foder ao próximo coma eles nos foden a nós.

iaguinho #3 19/Setembro/2007 iaguinho

pareceme boa a idea.non sei por que temos que mirar os nosos xogadores nacionais competir a prol doutra selecion allea... que polo menos a min, e a moitos galegos mais, non nos representa... en fin.. algun dia conseguiremo-lo, sexa cal sexa o xeito

alexinho #4 19/Setembro/2007 alexinho

O_Castrexo canta razon levas!!

Barcelos #5 19/Setembro/2007 Barcelos

#2
"El partit serà: Gibraltar espanyol-Catalunya independent"
Carod Rovira

Maeloc-do-Rouco #6 20/Setembro/2007 Maeloc-do-Rouco

A ideia d'O Castrexo semelha caralhuda. Acho que ja tuvera escoitado algo ha uns anos, como um torneu a celebrar no vrao (lembrades algo??)De qualquer jeito e umha ideia genial sempre jaora que a faigamos reivindicativa e nom so folclorica. A magoa e o poder mediatico (e colonial) do jornalismo desportivo espanhol no nosso pais (e da imprenssa galega provinciana-sucursalista-espanholeira) e o ultra-conservadurismo da Federacion Espanhola de Futbol, principal atranco (mais ca qualquer decissom do governo de quenda espanhol) pra a celebrazom de jogos das nossa equipes nacionais. Eis o tal Villar e os seus amiguinhos do Marca, etc...Lembrade que na Galiza ainda se fala mais dos Midris e do Farsas que de qualquer das equipes que temos de nos, sejam Deportivo, Celta, Racing, Ponte Vedra, Ourense, Lugo...e isso tamem e sintomatico. Venho de olhar a final do torneu de futebol gaelico em Dublin (Kerry vs Cork) e fiquei abraido da cordialidade, do ambiente festeiro, da festa no condado de Kerry e da viaje a Dublin onde tud@s vestiam as cores verde e dourada de Kerry (de onde e a familia da minha moza)ou a vermelha e branca de Cork durante tuda a semana previa e de como os principais jornais nom deixabam e falar da final, mesmo cando Eire jogaba sobranceiros e trascendentais jogos de futebol e de rugby. Mesturados nos pubs entre a sretrancas e as regueifas aguilhoantes, mais engrazadas e cheias de bo humor. O estadio estaba ateigado com 85 mil pessoas (Croke Park) pra olhar jogar duas equipes "amateurs" que representam as suas respeitivas bisbarras (county)...Aco ha moito que desintoxicar e moitos complexos dos que se des-fazer...Mais folgos nom ham faltar...Noraboa a tud@s

O_Castrexo #7 20/Setembro/2007 O_Castrexo

Que queres dicir Barcelos? Non entendo. Xibraltar non é español. Eles non queren ser españois (eu os entendo perfectamente)

Maeloc-do-Rouco #8 20/Setembro/2007 Maeloc-do-Rouco

NOVO DESSENHO PRA A CAMISSOLA DA SELECCOM GALEGA JA!!!!!!

O_Castrexo #9 20/Setembro/2007 O_Castrexo

Concordo do Maeloc-do-Rouco.

Parece estar inspirada nos cartóns de leite! Ollade para o aerodinamismo do deseño da camisola catalá! Iso é unha camisola e non a merda que nos puxeron a nós.

Maeloc-do-Rouco #10 20/Setembro/2007 Maeloc-do-Rouco

Eu entendo perfeitamente por que Gibraltar nem e nem quere ser espanhol...Pra comezar a sua populazom e de origens bem diversos: magrebies, maltesses, judeus, britanicos e obviamente espanhois...A reivindicazom espanhola de Gibraltar tem umha nidia componhente castelhanista ja que jamais se lhes ocorreu reclamar o Rossello de volta pra Catalunya (ou Espanha?) que e coincidente no tempo (tratado de Utrecht) ou de abrir os olhos ao caso de Ceuta e Melilla ou de Olivenza

Maeloc-do-Rouco #11 20/Setembro/2007 Maeloc-do-Rouco

Canta gente nom vestiria a nossa camissola se fosse umha miguinha mais atrainte, nom coidades??...Pra que tanta "pseudo-creatividade" se a nossa bandeira ja e abondo inspiradora sem ter que andar trangalheando o dessenho pra estragar tudo. O calzom devera ser azul escuro na minha opiniom como ja fora nos anos trinta....O que seja se vos digo a verdade com tal de nom ter como di O Castrexo a merda que temos...Eu queria vestir aco em Inglaterra, mais e que nom som quem de mercar essa coussa laida

O_Castrexo #12 20/Setembro/2007 O_Castrexo

Pois ben. Parece que se confirma. Os cataláns farán o partido simbólico este Nadal contra Xibraltar. O partido non será moi alá pero hai que ter en conta que son partidos simbólicos e que un Catalunya-Xibraltar ou Catalunya-Euskadi ten moito máis morbo político ca un Catalunya-República Checa ou Catalunya-Ecuador (que nin a min nin a ninguén lle di nada)

Contra quen xogará Galicia? Un outro nacionalismo ou un estado que lle toque o carallo a España hahaha.

Euskadi, Gales, Escocia, Irlanda, Portugal... :p

Un deses ooooooh! Como me poñan un Galicia vs Costa Rica ou vs Panamá ou algo así... que lle dean ao partido!

charino #13 20/Setembro/2007 charino

Antes era unha lingua, un pobo e unha fala, e agora sen seleçon non hai naçón. Moito cambiou o conto. ¡Viva Karpin!

carlinhos21287 #14 20/Setembro/2007 carlinhos21287

ten razon Castrexo como se lles ocorra pór un Galiza vs (calquera seleccion sudamericana ou de europa do leste).... pois que lle dean ao partido.... QUEREMOS UN GALIZA VS PORTUGAL OU UN GALIZA VS CATALUNYA OU UN GALIZA VS IRLANDA..... moitas posibilidades... así que a currar Anxela Bugallo....

Gaviotero #15 20/Setembro/2007 Gaviotero

Pues no, según los socios de gobierno del BNG y de ERC, o sea, el PSOE, no tenéis derecho a tener selecciones nacionales.

Lo cual es lógico, siendo como sois simples regiones de la Nación española.

Sí que tenéis derecho sin embargo a identificaros con vuestras selecciones AUTONÓMICAS.

O_Castrexo #16 20/Setembro/2007 O_Castrexo

Hehehe. Aquí o temos.

Víchedes como lles fode? Ben, sigamos así que imos por bo camiño.

Galicia vs Euskadi este Nadal. Bugallo!! telefonazo a Bilbao! veña!

danielo #17 20/Setembro/2007 danielo

Eu propoño o formato de triangular para o Galeuscat. Tería moita repercusión e apenas requeriría de máis axenda para os futbolistas que un só. Tamén sería xenial un trianguar contra irlanda e escocia (por exemplo) ou por suposto o Galicia-Portugal en Vigo (que ademáis este ano tocará xogar en Vigo ¿non?)

Vaffanculo #18 20/Setembro/2007 Vaffanculo

Segundo os españois non temos direito a ter seleccios propias.Mentres tanto o ultra gaviotero e os seus amigos poderan desfrutar dos "exitos" da selecion española de futbol(os outros deportes non contan,o unico deporte ejpañó é o fubol).Asi que amigo alza o teu brazo e,cara o sol e a cantar o chundatachunda que o mellor en 2075 conseguides pasar de cartos de final nun torneo.E de aficion nin falar,porque sodes os mamarrachos de europa...

tonohxc #19 20/Setembro/2007 tonohxc

Secundo a moción do triangular Galiza-Catalunya-Euskadi como primeira opcion.
Seria a hostia!

fvlano_am #20 20/Setembro/2007 fvlano_am

Triangular
Galiza/Euskadi/Catalunya
XA!!

Barcelos #21 20/Setembro/2007 Barcelos

O_Castrexo: He, he. É unha broma. É que Rovira é moi bromista.

carlinhos21287 #22 20/Setembro/2007 carlinhos21287

eu teño entendido que cando se xogou o partido catalunya vs euskadi tamen convidaran ao nosa seleccion mais non poidemos ir xa que xa estaba programado o Galiza vs Ecuador por mor do centenario do Depor.... haber se hai mais posibilidades nun futuro....
Unha nacion unha seleccion...

BonKarallan #23 20/Setembro/2007 BonKarallan

"Los llanitos" non serán españois xamais, por moi ben que falen "el andalú". Inglaterra paga mellor.

Rovira e un gran carallán. Xa o vimos en Xerusalén armando o Cristo. Veña saca o balón que vos imos a meter unha "chosca".

Gaviotero #24 21/Setembro/2007 Gaviotero

Bueno, lo del Galicia - Vascongadas en Navidad es la mejor demostración de que esto de los nacionalismos es algo absolutamente folclórico...

Vaffanculo, ¿soy ultra porque tengo ideas diferentes a las tuyas?

Insulta, que es el único argumento que te queda.

Vuestro problema es que los deportistas gallegos quieren jugar en la selección española. ¿Que la selección española de fútbol no pasa de cuartos? ¿Y tú te piensas que cuatro gatos gallegos, catalanes o vascos iban siquiera a clasificarse? ¡Jajaja!

Si al final aún tendréis que poner a jugar a Beiras y a Losada...¡jajaja!

Una región, una selección.

eugalego #25 21/Setembro/2007 eugalego

CASTREXO, CONCORDO COM TI.

VIVA GALIZA, CEIVE E SOCIALISTA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

teixugo #26 21/Setembro/2007 teixugo

Triangular Já!!!

teixugo #27 21/Setembro/2007 teixugo

Competições internacionais Logo DESPOIS!!!

Gaviotero #28 21/Setembro/2007 Gaviotero

Es imposible eso de "libre y socialista". Son términos completamente antitéticos.

teixugo #29 21/Setembro/2007 teixugo

O_PO_SI_ÇãO!!! Acabou-se o engana à gentes.

Baila Quin, baila, que já antes o fizeran outros e tinham menos cintura.

Vou-me aprender a bailar o "pasoboble", nunca se sabe.

Gaviotero #30 23/Setembro/2007 Gaviotero

Teixugo, la pastilla...

teixugo #31 24/Setembro/2007 teixugo

A "pastilla" te-la tu na cabeça!

Barcelos #32 25/Setembro/2007 Barcelos

SEMPRE EN GALEGO, GAVIOTERO.

e se non sabes, non contestes.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: