A demanda foi presentada por un senador do estado de Nebraska para demostrar que en EUA "calquera pode demandar a calquera".
O senador Ernie Chamberes
Un senador dos Estados Unidos presentou unha demanda contra Deus ante un tribunal do estado de Nebraska, no centro do país, na que lle acusa de provocar "pavorosas inundacións, terroríficos tornados e pestilentes pragas en diferentes partes do mundo que xeran "sufrimentos humanos".
Ernie Chamberes é un coñecido membro do Partido Demócrata polas súas criticas as oracións matutinas que se fan no senado deste estado.
A demanda foi presentada nun xulgado do condado Douglas, porque segundo afirmou, "Deus está en todas partes, así que o podo demandar en calquera lugar". O escrito foi admitido a trámite o pasado 14 de setembro.
Ante a imposibilidade de que Deus se presente no proceso, foron citados a declarar "representantes de varias relixión e cultos que, de xeito notorio, recoñecen ser axentes do demandado e falan na súa representación".
"Esta é un xeito de demostrar que calquera pode demandar a calquera, incluído Deus", dixo Chamberes, quen engadiu que a súa intención é demostrar que polo simple feito de presentar unha denuncia contra alguén non significa que a vitoria estea garantida.
Eu penso que non só pretende demostrar que nos EUA, un pode demandar a calquera, senón ata donde pode chegar a estúpidez, admiten unha denuncia contra alguén inexistente, pero eso nunca o afirmaría un xuez, pois sería un grande escándalo nun país no que incluso algúns estados proíben ensinar aos alumnos a teoría da evolución, posto que segundo eles descendemos de Adán e Eva.
Que pallasada. Os Estados Unidos é un país de pallasos! E collen e veñen membros representantes de varias relixións para defender a Deus... isto é inclible!
O único estado minimamente decente de norteamérica é o Canadá.
Canadá = norteamérica con sentidiño.
Estados Unidos = norteamérica sen sentidiño.
Pois a min a idea en si non me parece mal de todo. Imaxinade que se fixera en serio e que os representantes das relixions sairan imputados e tiveran que pagar ás victimas de todolos conflictos que orixinaran...
Non estaria mal eh!
Está claro que cada un perde o tempo e os cartos como lle peta. Dito isto, e vindo do lugar de onde vén esta noticia, non che me parece tan mal a idea. O que seguramente quere demostrar este señor é que o goberno humano está TOTALMENTE afastado do goberno divino (se o houber), usando unha ferramenta que todos os seus compatriotas entenden perfectamente: os tribunais. Se conseguise que algúns papanatas espertasen, non estarían tan estragados nin cartos nin tempo.
PD. Coido que escoitei a este tipo dicindo que el era ateo, o que significa que non é unha loita particular contra Deus, senón contra os que usan para os seus intereses.
E também o chamará a declarar?
Avogado do diaño. Vas mandar a Deus ao cárcere ou o vas a mandar ao inferno?.
De que o vas a acusar? De ser culpable de crear ao home imperfecto?
Está claro, que non só neste país ninguén ten a culpa de nada.
Diso que o acusas, a culpa tena Bush, que aínda que el créallo, non é Deus.
Demanda ao Bispo de Mondoñedo e a Gaviotero, que ambos son catastróficos.
Alagan estas páxinas de merda e son uns terrofícos tornados e unha praga pestilenta. Amén.