Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O ESTADO PROTEXE ÁS OPERADORAS

O goberno estatal advirte que vetará as wifis públicas que estean fóra do rural

Problema para as ducias de concellos galegos que están promovendo redes sen fíos, que en todo caso terán que cobrar “tarifas de mercado”

M. Vilas - 14:35 20/09/2007
Na Estrada o wifi é gratis, pero só na fase incial / Foto: aestradadixital.org

Na Estrada o wifi é gratis, pero só na fase incial / Foto: aestradadixital.org

O goberno estatal acaba de confirmar as súas ameazas contra as redes sen fíos que están a promover moitas administracións, entre elas varias ducias de concellos galegos e a Consellería de Industria, que subvenciona até 14 wimax municipais.

E é que Madrid só permitirá que se invistan cartos públicos en levar internet "a zonas rurais ou de menor densidade de poboación". Así figura nunha ambigua resposta estatal a unha pregunta presentada polo senador nacionalista, Francico Jorquera.

Na súa interpelación, Jorquera alertaba que "as tres grandes operadores do Estado (Telefónica, Vodafone e Orange) teñen anunciado recentemente e de xeito conxunto que van emprender accións legais contra os concellos que instalen redes sen fíos de acceso gratuíto". O senador quería saber se o executivo español apoiaba esta postura.

"Tarifas conformes co mercado"
Na súa resposta, tenta nadar sen mollar a roupa. Por un lado afirma que “as administracións poden promover a oferta de servizos públicos” pero lembra que deben facelo “de xeito compatible coa normativa”. E o que marca a Lei, insiste Madrid, é o respecto a libre competencia mediante o “establecemento de tarifas conformes coas normas do mercado”.

En definitiva, semella que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións seguirá a perseguir as wifis que prexudiquen os intereses das operadoras. Só terán o “prace” estatal as que funcionen onde ás compañías non lles compense ofrecer o servizo. E incluso as wifis rurais terán que cobrar, como vai facer A Estrada Dixital, cunha tarifa de 10 euros.

Eran realistas as promesas electorais?
O problema é que moitos alcaldes galegos prometeron na campaña electoral instalar wifis en zonas que si resultan atractivas ao capital privado. Por exemplo, en Santiago, A Coruña, Vilagarcía e Ourense.

Haberá que, polo tanto, agardar a reacción das operadoras cando as wifis comecen a funcionar. É probábel que Telefónica non proteste polas redes sen fíos en lugares moi illados, pero que si pida que a CMT vete as wifis en vilas, sobre todo se ofrecen tarifas máis baratas que as súas. Daquela será cando o Estado deberá aclarar se aposta pola iniciativa pública ou se defende os interese empresariais.


3,75/5 (4 votos)


Comentarios (14)

baltar69 #1 20/Setembro/2007 baltar69

ai, o mercado!!! o mercado debe se-lo regulador, os mercados deben ter liberdade e soltarse dos condicionamentos dos estados, os mercados aseguran o mellor servizo os usuarios... e así un largo bla bla bla. pero cando aparecen iniciativas que favorecen os usuarios, o famoso mercado ponse nervioso. cómo? que pagando unha soia liña vamos dar cobertura wifi a máis dun usuario? eso é ilegal, vulnera os dereitos dos oligopolios das telecomunicacións e por tanto ten que ser prohibido, que se entere zapatero, a ver donde vamos a chegar con esto logo de tanta inversión en imasdé e en publicidade. los inversores tenemos nuestros derechos, nos ampara la legislación. oe, chico, a ver cando a lexislación ampara o común dos mortais. si usando unha liña de acceso se pode expandir a sinal a varios usuarios, por que carallo non se vai facer?

Wagneriano #2 20/Setembro/2007 Wagneriano

O mercado ampara aos plutócratas e oligarcas de sempre; a notícia anuncia mais uma iniciativa vergonhenta para favorecê-los, de que nos estranhamos? Ou nom lembramos, por exemplo, o tema dos laboratórios e as medicinas necessárias para o atendimento a países desfavorecidos?

ulo #3 21/Setembro/2007 ulo

Como debe ser, os lucros de Telefonica, R, ou as compañias de tf ben defendidas polo goberno; España, din a Constitucion imposta no 78, "economia social de mercado". Propoño que se lle quite o de "social", porque é unha mentira máis, como tantas outras.
O goberno, máis alo do talante e as demogoxicas medidas sociais, saca o seu verdadeiro rostro cada se tocan os lucros empresariais.
Ten que haber medios técnicos para saltarse ista medida, porque o descaro dos capitalistas e os seus gobernos non ten limites.

ulo #4 21/Setembro/2007 ulo

Fagamos unha campaña contra o agravio comparativo que supon, por exemplo que os veciños de A Estrada podan ter unha conexion wifi a 10 euros, e os que vivemos en zonas consideradas urbanas tiñamos que pagar a R, Telefonica ou a que sexa unha pasta.
¡Que poñan todos as mesmas tarifas que os da Estrada!.

Gaviotero #5 21/Setembro/2007 Gaviotero

Los que promueven estas redes pirata por razones puramente electoralistas saben perfectamente la situación en la que se encuentran y que están abocadas a su reconversión o cierre.

Si bien es cierto que algunas sí cumplen con la legislación.

moutras #6 21/Setembro/2007 moutras

Redes pirata?? Reconversión?? Cierre?? Gaviotero, non sabes de que falas... pra variar

Wagneriano #7 21/Setembro/2007 Wagneriano

O Gaviotero este é nulo em qualquer tema do que se pom a falar, que pouca instruçom e formaçom, arredemo!

Gaviotero #8 23/Setembro/2007 Gaviotero

Eso, no como tú, Wagneriano, que eres el culmen de la inteligencia y la sabiduría.

Si sabré de lo que hablo, que a algunas de estas redes no les queda ni un año de funcionamiento.

teixugo #9 24/Setembro/2007 teixugo

#7, Wagneriano, as argumentações dessa ninhada de ratos são:

-Pis.
-Caca.
-Culo.

É tudo quanto sabem vir fazer aqui...

gaviootero #10 24/Setembro/2007 gaviootero

Que non os enterais!!! o acaso non sabeis que me dedico a desmantelar este tipo de infrastructuras que para lo único que sirven es para que los piojosos izquierdosos se pajeen mirando porno!!!
cuando llegue nustro momento, con nuestro amadisimo Rajoy al frente, se acabaron estas lindezas!!!

Gaviiotero #11 24/Setembro/2007 Gaviiotero

Alguien está intentando usurpar mi persona.
Separatistas, que sopis una panda de separatistas!!!!!

zus #12 25/Setembro/2007 zus

jajajjajajajjajjajajajja boa moi boa aajajajajajaj partomeeeeee ajajajajaj

Soldado-Galego #13 25/Setembro/2007 Soldado-Galego

perfecta arma anti gaivotas

morotxo #14 27/Setembro/2007 morotxo

GAVIOTERO ti non sabes que os pobres follamos e que os ricos van o cine??.
Pois os de esquerdas pasanos o mesmo, e os de dereitas sodes os que vos pajeades a conta de paxinas pornos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: