ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EXPLOSIÓN DUNHA BOMBA CASEIRA

O Comité Cidadán cre que atentados como o de Mugardos prexudican a súa causa

O delegado do goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras, ve similitudes entre este artefacto e os que estouraron nas obras do AVE, e di que "podería ter relación coa planta regasificadora".

Redacción - 18:45 25/09/2007

"Están abertas todas as posibilidades", sinalou este martes á tarde o voceiro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Carmelo Teixeiro, preguntado por Vieiros sobre a autoría da explosión en Mugardos.

Teixeiro comentou que os máis prexudicados son os veciños de Meá e eles mesmos, xa que o estoupido produciuse a trinta metros do local que o concello lles cede para as reunións.

Precisamente, a Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá manifestou publicamente a sú "enérxica condea ao atentado contra a seguridade dos veciños de Novás (Meá).

Teixeiro apuntou ademais, que "o que é case seguro é que o ataque non ía dirixido contra Reganosa, que está a 400 metros de alí e que seguro que nin sequera escoitaron a explosión".

Relación con Reganosa
Non o ten tan claro o delegado do goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras, quen sinalou que "podería ter relación coa planta regasificadora". Ademais, dixo que se apreciaban "similitudes" entre este artefacto e os que estouraron en datas pasadas nas obras do AVE.

No entanto, Ameijeiras asegurou que "de momento non se sabe a autoría" e que, xa que logo, "hai que ter en conta que as apariencias ás veces enganan e pódese estar querendo crear confusión coas reivindicacións lexítimas".

Un voceiro da Comandancia da Garda Civil na Coruña sinalou que "até dentro de dous ou tres días" non se coñecerá a composición exacta do explosivo, aínda que se baralla a posibilidade de que estivese composto por "pólvora de feira".

Entrega de sinaturas no Parlamento
Por outra banda, o Comité Cidadán -que tiña previsto manter unha xuntanza este martes a partir das 19.30 horas- entregou pola mañá 4.000 sinaturas no rexistro do Parlamento, solicitándolles aos grupos políticos que lle esixan á Xunta que abandone o accionariado de Reganosa.

Ademais, que lle pidan á Administración que retire os recursos contra as sentenzas do TSXG que anulaban o estudo de avaliación ambiental da planta.


5/5 (8 votos)

Comentarios (3)

Artritris #1 25/Setembro/2007 Artritris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu matizaría para afirmar que son "atentados á nosa causa". O propósito destes atentados é o menoscabo da loita veciñal, como máis unha vez apurou o Alcalde a facer, relacionando o atentado co pechamento dos veciñosde de Meá no Concello. Antes xa os acusou dun gasto (aínda non xustificado con claridade) duns supostos 20.000 € e do tamén suposto "derrubamento físico" da policía local.

santiagon #2 26/Setembro/2007 santiagon
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

hasta las DEMOLIZIONES deben realizarse cumpliendo con la legalidad vigente,disponer de los permisos y autorizaciones pertinentes, los estudios de impacto ambiental, evaluando los riesgos, y sobretodo respetando la seguridad de los vecinos.

PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!!

ecoe #3 26/Setembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

tanto demolizións como INSTALACIÓNS!!!

Nunha enquisa do Diario de Ferrol -con tódalas cautelas- dous de cada catro, a mitade dos enquisados REXEITAN a presencia de REGANOSTRA NA RÍA, e o 66% está en desacordo ou moi en desacordo ca mesma.

Non sei datos técnicos sobre a mostra: nº persoas enquisadas, etc.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: