Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito cos símbolos

O PPdeG teima en importar a 'guerra das bandeiras'

"Agás unha minoría moi pequena, os galegos sentímonos españois e galegos e nunca foi doutra maneira. Nosa é a bandeira galega, e nosa é a bandeira española", afirman.

Redacción - 17:33 26/09/2007
O deputado do PPdeG Enrique López Veiga

O deputado do PPdeG Enrique López Veiga

O PPdeG volveu á carga coa polémica polos símbolos nacionais. O deputado popular Enrique López Veiga afirmou este mércores no Pleno do Parlamento que "os altos cargos que promoven a retirada da bandeira española ou da galega son indignos de formar parte do Goberno de Galicia".

O ex conselleiro de Pesca defendía deste xeito unha proposición non de lei para instar á Xunta ao cumprimento da Lei de Símbolos. "Nunca se poden retirar (as bandeiras) dun acto oficial. Facelo supón un flagrante incumprimento da Lei por parte dos que teñen que velar polo respecto e o cumprimento da mesma".

Na súa intervención, citou varios exemplos deste presunto incumprimento como o acto inaugural da pista de piragüismo de Pontillón de Castro, en Pontevedra, o pasado mes de xuño. A comitiva do Consello Superior de Deportes decatouse da ausencia da bandeira española. Logo dunha discusión, en lugar de repoñer a enseña ausente, como esixe a Lei, o subdelegado do goberno español decidiu retirar tamén a bandeira galega, explicou López Veiga.

"Como é posíbel que os representantes do Goberno de Galicia que participaron no acto non estean xa fulminantemente cesados?; como non foi cesado o subdelegado do goberno por ter consentido e mesmo negociando semellante disparate?", preguntou.

"Isto con Felipe González non pasaba"

O deputado do PPdeG recordou tamén a retirada das bandeiras españolas dos actos de toma de posesión dos altos cargos do BNG, na roldas de prensa e despachos oficiais ocupados por nacionalistas ou nunha visita a Bos Aires do vicepresidente Anxo Quintana, "que ten un pasado de actos antidemocráticos de toma do poder", dixo.

López Veiga responsabilizou a Emilio Pérez Touriño desta situación pola súa "debilidade política", e que "é capaz de mobilizar á policía en defensa dun letreiro, mais non para facer cumprir a Lei de Símbolos". "Isto con Felipe González (o ex presidente do goberno español) non pasaba", sentenciou.

Por último pediulle ao presidente do Goberno que exerza como tal no seu ámbito competencial, mais que tamén lle esixa ao goberno do Estado o cumprimento da norma e faga ondear a bandeira galega e española en todos os edificios e instalacións públicas. Neste senso denunciou que o pasado domingo, a bandeira galega non ondeaba no aeroporto de Vigo, e a da UE presentaba un estado "lamentábel".

Ademais, referiuse ao trato que reciben os símbolos en países como Francia ou os Países Baixos, "terra da miña dona", nos que "non se permitirían estas cousas". No segundo destes países, "en Frisia, que tamén ten lingua, bandeira e himno propios, estas cousas non pasan, e se un representante dun goberno fixera o que teñen feito aquí algúns representantes do BNG, irían directamente ao gekkenhuize, o manicomio".


Documentos

2/5 (6 votos)

Comentarios (28)

Wagneriano #1 26/Setembro/2007 Wagneriano

Ao manicómio tinhas que ir tu, que num estado minimamente digno já estarias inabilitado de por vida pola tua atitude aquando do Prestige.

Por que, se tanto vos gosta abrir frentes de guerra e conflitos, por que nom te vas ao Iraque a combater, esbirro aznarista?

Fora a bandeira rojiguarra de Galiza!!!

Apana #2 26/Setembro/2007 Apana

Lembrarlle ao señor Veiga que o pp é dos que teñen atacado a ensinanza do himno galego nas escolas, que xentes do pp empreguen decote topónimos deturpados incumprindo a lei, que no seu partido sigan personaxes condenados pola xustiza, que durante a longa noite de pedra fraga se incumprisen todas e cada unha das leis de normalización lingüística, se cantase o noso himno a medias por vostede mesmo señor veiga. Vaiase vostede a dar a lata a outro sitio, os galegos xa quedamos fartos, pero en pé.

baltar69 #3 26/Setembro/2007 baltar69

estes botan en falta os trapos e os símbolos ó tempo que consideran democrático ter unha alcaldesa e seis concellais con 27 votos. sen duda todo un avance, sr. veiga. é unha pena que unha persoa intelixente e capaz coma vostede teña que bregarse nestes lodazais. pero así se escrebe a historia.

moradoiro #4 26/Setembro/2007 moradoiro

O fracasado exconselleiro Enrique López Veiga, como nunca valeo para nada, ten que dar a nota con algunha paiasada, como nos ten acostumados. Traballe algunha vez na súa vida por esta terra e deixese de chorradas. Eu defendo a políticos que se adican a traballar e non a lucir un trapo rojiguarra as suas costas.

Gaviotero #5 26/Setembro/2007 Gaviotero

Fracasado dice el otro...el día que cualquier nacionalistilla consiga los mismos votos que consiguió López Veiga empezamos a hablar.

López Veiga ha estado como siempre muy acertado. Los Gobiernos tienen que cumplir y hacer cumplir la Ley les guste o no. Y si no les gusta, que intenten modificarlas democráticamente.

Todo lo que no sea así, es dictadura pura y dura y eliminará cualquier legitimidad democrática a los gobernantes que apuesten por ello.

Gaviiotero #6 26/Setembro/2007 Gaviiotero

Que no os enterais!!! el día que cualquier nacionalistilla rojo separatista consiga los votos que conseguio Veiga hablamos!!! el solo dió los goviernos del PP!!! y porque no se quería pasar, que si no, hasta iva a perejil nadando para conquistarlo el solito. Que no os enterais, nacionalistas!!! lo que os pasa es que estais envidiosos de que el PP aun sigamos governando en Ribeira, el ayuntamiento mas grande gallego aun que os joda; que ya os gustaría, pero no!!! ese ayuntamiento es para nosotros, que nos estamos montando unas casa en linea de costa que riase el Telmo (ui, que despiste!!! que es de mi partido.)
Pues eso, lo dicho, viva ejpaña y su bandera, pero con aguilucho, ehhhhh!!!
Y eso, que lopez veiga está haciendo cumplir la ley, que para eso es un militar de corazón.

Quicol #7 26/Setembro/2007 Quicol

Pois xa postos,¿cando pedirán que cumplan o exercito e a garda civil esta "obriga constitucional"?.¿Seguimos coa "dictadura pura" do aguilucho?

zus #8 27/Setembro/2007 zus

Este barbas cada vez q abre a boca e para dicir aguiluchadas...coitado non lle dá para máis....

Pedrel #9 27/Setembro/2007 Pedrel

Sodes españoleiros de segunda pois vos fixades nos votos e non nos símbolos nacionais. Os nosos símbolos están ben craros: bandeira azul e branca, idioma galego, historia ben documentada como Nación e o sentimento da maioría do pobo: galegos
VIVA GALICIA CEIBE

guillerme #10 27/Setembro/2007 guillerme

Os concellos que goberna o BNG deberían sacar a bandeira española; xa que se declaran nacionalistas pois que fagan o que é debido. Ante a actitude do PP o único que me queda por dicir é que alomenos eles mostran claramente as súas ideas e iso aínda que perigoso non o é tanto coma outros partidos coma o PSOE que parece moi tolerante e á hora da verdade mostra sempre un españolismo tan reacio como o do PP.

Independencia é o único camiño que nos queda para lograr que este país sexa libre, democrático e libre desa calaña chamada España. Por certo gaviiotero, gústame como vacilas ao gaviotero.

condedecotobade #11 27/Setembro/2007 condedecotobade

Home, en parte López Veiga ten razón se ondea a bandeira a galega autonómica nun acto da Xunta, tamén ten que ondear a española. A min, como nacionalista iso non me molesta (outra cousa será se trocamos a bandeira autonómica pola nacional). Pero espero que o PP sexa igual de belixerante cando se produzan ilegalidades no sentido contrario, isto é cando a bandeira local ondee diante da autonómica (lembro o Concello de A Coruña) ou cando o hino galego (o de Arturo Pondal) sexa só interpretado até o verso Fogar de Breogán (como se facía durante a época Fraga para evitar esa frase de Nazón de Breogán) ou cando se lle de un toque flamenco no Parlamento Galego. Iso tamén é vulnerar a Lei.

Sheamais #12 27/Setembro/2007 Sheamais

Pregúntome que foi diso que dicia Rajoi: "Ocuparse do que realemnte importa al conjunto de los españoles"?

gaviotera #13 27/Setembro/2007 gaviotera

el día que un solo sociata o nacionalistilla tenga las gónadas de la mitad del tamaño que mi amigo López Veiga hablamos, eh!!

lenin #14 27/Setembro/2007 lenin

Non sei de que se sorprenden estos do PP. Levan séculos chamando ó BNG separatistas, terroristas, radicais... E agora que están no poder non quitan as bandeiras de España de edificios públicos. Xa nin falan de por as de Galiza coa estrela vermella... ¡Bandeiras de España fora! Se tal que as cambien por republicanas.
Outro tema a é a idea do PP de que volva Felipe á presidencia de España, cando eles o botaron... Será porque non teñen esperanzas de gañar as eleccións e prefiren un goberno PSOE mais imperialista.
Unha "minoría moi pequena". Jajaja. Un negro moi escuro, un branco moi claro, un lacazán moi preguiceiro, un burricán pouco intelixente... Todo un poeta.

Gaviiotero #15 27/Setembro/2007 Gaviiotero

Di que si camarada, di que si!!!! que ademas con esta medida que los rojos separatistas estos quieren poner con el tema del cambio de sexo, les metemos gonadas de ese tamaño a todos los políticos de nuestro lado: se van a cagar estes separatis-comunistas-maosones-nacionalistas-rojos!!! se van a cagar!!!

VIva Ejpaña con unas gonadas como las de lopez veiga!!! oé oé oé oéée, oé oé!!!! Arriquitaummmmm

xacataca #16 27/Setembro/2007 xacataca

López Veiga: un galeguista de los de toda la vida

http://www.elcorreogallego.es/...

chou #17 27/Setembro/2007 chou

deberian comezar a retirar moitas das bandeiras españolas que andan por aí, dos concellos, por exemplo.
E alguén ollou a foto de Touriño na páxina de Presidencia da Xunta?
Si coa bandeira de Galicia, mais a española tamén. E logo fala de Galicia como país...
:(

Gaviotero #18 27/Setembro/2007 Gaviotero

Magnífico López Veiga, sí señor. Un gallego y un español de la cabeza a los pies y no como otros, que se arrastran tras los nacionalistas para mantenerse en el poder a cualquier precio.

http://www.elpais.com/articulo...

López Veiga lamentó la actitud de los partidos que apoyan al Gobierno y se mostró especialmente crítico con el Bloque, al que califico de grupo "minoritario" y "residual". Los nacionalismos, concluyó, "son retrogrados, reaccionarios y cavernarios".

condedecotobade #19 27/Setembro/2007 condedecotobade

Vai resultar que López Veiga é un home que non cré nin en patrias nin bandeiras... Ou é que só son nacionalismos retrógados, reaccionarios e cavernarios os que propoñen nacións diferentes ás súas?

Gaviiotero #20 27/Setembro/2007 Gaviiotero

Camarada Gaviotero, coincido plenamente contigo; estes grupos minoritarios hai que eliminarlos por rojos separatistas; gracias a dios que tenemos a este gran lider que es Lopez. El solo sería capaz de ganar las eleciones del mundo mundial , pero su nobleza de espiritu se lo impide. Lopez veiga presidente!!! arriquitaummm taumm taumm

nota: el gran problema será poder seguir manteniendo su curva de la felicidad, que me informan que le sale al partido por un pico

gaviotera #21 27/Setembro/2007 gaviotera

"Los que nos insultan son unos energúmenos", si señor, nosotros no insultamos, sólo definimos, ¿por qué son o no son unos energúmenos?
Sí señor, bravo por el comandante López Veiga, díganos cuando tenemos que alzar las armas y este victorioso ejército de "imbéciles y oscuros" (como otros nos llaman) impondremos la ley y el orden en esta región española. Coño!!!

BonKarallan #22 27/Setembro/2007 BonKarallan

Este con Feijóo sería Conselleiro de Pesca porque ten unha cara de ollomol que xa a quixese para si Gaviotero.

Anxo #23 27/Setembro/2007 Anxo

O PP esta falto de ideas e de iniciativa e xa non sabe que facer para chamar a atención agora dáselle polo temas das bandeiras, mira que ben mandadiños dende Madrid que empezaron co tema (ben realmente empezaron os Cidadans por Cataluña, vamos o mesmo da), pois este problema non pasaría con Felipe González como di López Veiga pero si pasaba con Aznar y con Rajoy de Ministro, así que da risa escoitalo agora.

Por certo condedecotobade non sei que queres dicir con: "cando a bandeira local ondee diante da autonómica (lembro o Concello de A Coruña)", que eu lembre A Coruña non ten bandeira, somentes escudo.

Gaviotero #24 29/Setembro/2007 Gaviotero

Muchos insultos y pocos argumentos. Sin duda alguna, López Veiga ha dado donde más escuece.

Hago mías sus palabras: "retrogrados, reaccionarios y cavernarios".

teixugo #25 29/Setembro/2007 teixugo

Ninhada de Ratos!!!

jujolor #26 29/Setembro/2007 jujolor

algus dos deiqui lles gusta falar de domocracia cara os demais que di que non son democratas, e o primeiro e el xa que todas as opinions dos demais son insultadas, fai un pouco de reflexion e pensa que poden existir persoas con um pensamento distinto ao teu que e tan lexitimo, non o esquenzas nunca.




SEMPRE EN GALIZA

Gaviotero #27 29/Setembro/2007 Gaviotero

jujolor, gracias por tu apoyo, pero imagino que los que me insultan a diario llegando incluso a la amenaza no atenderán a tu comentario...

Wagneriano #28 29/Setembro/2007 Wagneriano

Haverá algo mais retrógrado, reaccionário e cavernário que o nacionalismo de estado espanhol, imperialista e genocida?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: