Acudira ao cuartel de Ordes para presentar unha denuncia contra Unión Fenosa e acabou no xulgado.
María Pardo, veciña da parroquia cercendese das Encrobas, dirixiuse o pasado día 1 de xuño ao cuartel da Garda Civil para presentar unha denuncia contra a empresa Unión Fenosa. Ao igual que os seus veciños do lugar da Lousa, María Pardo quería facer constar por enésima vez a contaminación que sofren pola actividade industrial da central térmica.
Mais a denunciante acabou denunciada. Segundo a súa versión, o axente que tiña que recollerlle a denuncia avisouna de que esta “ía quedar nun caixón”. Pola súa parte, o garda civil denunciou á veciña acusándoa de terlle faltado ao respecto, e de charmarlle "larchán".
Agora o Xulgado de Ordes absolveu a María Pardo, unha veciña das Encrobas (Cerceda) que estaba acusada dunha falta “de respecto á autoridade” pola que o fiscal solicitaba 360 euros de multa. O xuíz fixo constar na sentenza que non era críbel a versión dos feitos que deu o axente.
que va! A historia desminteo. Nunca tal vimos (il será polo capacete de tres dimensións?)
A senhora pretendeu pôr uma denúncia. O "guardia" interviu de jeito improcedente no processo ao dizer aquilo do caixão (que caralho lhe importará a ele se fica a denúncia no caixão ou não fica). Então a senhora reagiu como o que é, uma cidadã que vê que lhe estão a estorvar no exercício dos seus direitos. E ACABOU DENUNCIADA !!!
Galiza, Galiza... terra de caciques e servos.
E quem é essa senhora? Merece como mínimo uma entrevista.
O garda civil denunciouna por faltarlle ao respecto, xa que lle chamou unha cousa que non vén no dicionario: "larchán" e iso a saber como se pode interpretar.
O xuíz non lle creu ao garda civil e agora se o garda civil ten ovos xa pode ir denunciando ao xuíz. Aínda que xa sabe que se denuncia ao xuíz esa denuncia "vai quedar nun caixón".
E mentres agardamos como vai rematar todo isto, ¡¡Unión Fenosa segue contaminando o aire que xa non respiramos!!
Larchán: Termo utilizado por Castelao.
http://www.fillos...
Ao final vai resultar que o garda civil era tan "larchán" que o xuíz non lle creu.
larchán (variante dialectal de lercho). Segundo o Xerais: Lingoreteiro, insolente // Dise da persoa que fala máis do debido// Indecente// Lacazán, preguiceiro// Dise da persoa que come e bebe demasiado. É boa verdade que o mellor galego segue a estar nos paisanos. Polisemia pura e dura. Saúdos ás Encrobas.
Ninguém procurou o termo no Estraviz?