Acudiu ao cuartel de Ordes para presentar unha denuncia contra Unión Fenosa e acabou no xulgado.
María Pardo é unha das veciñas das Encrobas (Cerceda) que está en pé de guerra coa central térmica de Meirama. O pasado 1 de xuño dirixiuse ao cuartel da Garda Civil de Ordes para presentar denuncia contra a empresa Unión Fenosa. A afectada quería facer constar que as emisións da industria estaban a causar danos na súa horta e na súa saúde.
O que menos se imaxinaba María Pardo era que de vítima ía pasar a acusada. Segundo a súa versión, o axente que lle recolleu a denuncia non quixo facer constar todas as súas queixas e incluso lle espetou que a denuncia “ía quedar nun caixón”. O garda civil negou esta versión e acusou á veciña de chamarlles vagos e incompetentes aos membros do corpo militar.
Todo isto saíu este xoves á luz no Xulgado de Ordes, onde se está a celebrar o xuízo contra María Pardo. O fiscal pide para a acusada 360 euros de multa por unha “falta de respecto á autoridade”. Pola súa parte, o avogado dos veciños esixe a absolución da demandada.
Un garda que non entende galego e un xuíz que traduce
O letrado de María Pardo expresouse ao longo de todo o xuízo en galego. A sorpresa saltou cando o garda civil lle pediu ao avogado da denunciada que lle falara en castelán porque "non entende" o idioma do país. O xuíz, Alfredo Fernández, pediulle ao avogado se podía cambiar ao castelán, algo ao que se negou. A esperpéntica situación acabou co maxistrado facendo de tradutor. Fóra das dependencias xudiciais, os veciños da afectada concetrábanse para mostrarlle o seu apoio.
e o picoleto canto paga por ser un analfabeto e non entender sequera a lingua do pais no que traballa??
Pregúntome se tería algún valor ante a xustiza, en caso de litixio derivado dunha atención incorrecta ou ilegal, unha sinxela gravación da conversa coa que un cidadán presentase unha denuncia, ou realizase unha xestión ou consulta perante un funcionario público (entendo que un militar tamén é tal), ou ben sobre as condicións nas que esa gravación tería valor (é dicir feita sen/con coñecemento do interlocutor, etc).
Hoxe é doado facer esas gravacións con varios trebellos de uso común (MP3, móbiles, cámaras fotográficas, ...)
Anda algún lector [de lei] que saiba de leises por aí?
Animo ós de Cerceda e a María!. A ver ser alghún día nos quitan esa peste do lado da casa.
Ah!, que lle pasaba a este garda, apretaballe o tricornio os miolos?.
¿Esperpéntico que el Guardia Civil, que fácilmente podría ser de cualquier otra región española, no entienda correctamente el gallego y pida que su interlocutora se exprese en la lengua común de ambos que, por otro lado, la acusada tiene el DEBER de conocer (aunque no el deber de usar)?
Lo que no sé si es esperpéntico, pero sí de una mala educación que deja bien a las claras la calaña de la acusada, es negarse a utilizar el castellano sólo por joder al Guardia Civil.
Non gaviotero, o normal sería un intérprete e así cada quen fai o seu traballo. Na vosa constitución, gaviotero, a avogada, o xuíz e a acusada están no seu dereito a usar a lingua. Ou seica o argumento numérico -máis falantes, máis dereitos- neste caso non te vale? Eran 3 contra 1 -ou mellor dito, por cada falante de galego había 0,3 de castelán...
Por fin a xente de Meirama e das Encrobas non lle ten medo a Fenosa e xa non calan.Animo e seguide loitando. Enerxías limpas xa.