Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
25 aniversario

O BNG recupera o espírito de 1982

Anxo Quintana salienta o obxectivo de que Galiza sexa "un libre espazo de decisión", pero non por medio dun referendo.

Redacción - 09:30 30/09/2007

No acto de celebración do 25 aniversario do BNG, o sábado na Coruña, o portavoz nacional, Anxo Quintana, lembrou que o obxectivo do Bloque é "lograr para Galiza un libre espazo de decisión", aínda que non a través dun plebiscito como o proxectado en Euskadi.

Quintana explicou que o BNG é "anitiimperialista e transformador", e que "o foi, o é e o será". "Uns falan de España, España; outros de Constitución, Constitución; nós falamos de Democracia, Democracia", dixo en referencia ao PP e ao PSOE.

Diante de máis de 1.500 militantes, o portavoz nacional do BNG afirmou que a formación é un "instrumento político para a defensa de Galiza" e "destinado a liderar o país no futuro".

No referente á liña de actuación da fronte, Quintana dixo que "debe ir un paso por diante da sociedade, non cincocentos", porque "non hai ningunha transformación social se non está o pobo detrás". "Cando o BNG é fiel aos seus principios e está na onda da cidadanía, avanza; cando lle damos máis importancia ao que nos gustaría que ao que a xente quere, estancámonos".

Beiras chama á soberanía
No seu primeiro acto público dende hai meses, Xosé Manuel Beiras insistiu na idea de que "é preciso" manter o espírito de 1982 "para acadar a soberanía". "Sendo fieis ás claves" de hai vinte e cinco anos "conseguirase a autodeterminación".
 
Beiras lembrou os conceptos de "irmandade, soberanía popular, democracia participativa, república e esquerda, porque non hai transformación nacional sen un prisma de esquerda", que sentaron as bases da BNG e que, ao seu entender, deben seguir a guiar a súa política.

Xosé Manuel Beiras tamén afirmou que "a emancipación só se pode levar adiante a través dun proxecto común", polo que chamou á unidade do nacionalismo.

Rodríguez: "Non aceptaremos a sumisión a España"
Precedeu a Beiras, que á súa vez falou antes que Quintana, Francisco Rodríguez, secretario xeral da UPG, quen amosou a súa preocupación pola política actual do Bloque, aínda que afirmou que "contamos coa mellor moeda: a unidade do nacionalismo. O que nos salvou hai 25 anos foi a unidade".

Como mostra do que se mantivo no último cuarto de século, Rodríguez salientou que en 1982 "guiámonos pola bandeira da patria galega, e hoxe continuamos fieis á bandeira branca e azul coa estrela vermella, non a 'rojigualda' española". Nese sentido, dixo que "apostamos por convivir, formar parte dunha unidade entre iguais", pero que "non aceptaremos o dominio e a sumisión a España".

Rodríguez fixo memoria e lembrou "o medo e a angustia ante unha situación crítica" dos comezos do BNG, na asemblea fundacional onde "se decidía o futuro do nacionalismo". Logo constatou que se converteu na formación nacionalista de maior antigüidade e que abrangue practicamente todo o espectro ideolóxico.

O acto abriuno o tenente de alcalde da Coruña, Henrique Tello, a quen seguiu Encarna Otero, que fixo un chamamento a "seguir traballando polo soño do Estatuto de nación". Logo, deu paso aos discursos a responsábel de Galiza Nova, Iria Aboi.


5/5 (20 votos)

Comentarios (19)

A2b2 #1 30/Setembro/2007 A2b2

O espiritu de 1982 liquidouno Quintana co apoio da UPG e dos funcionarios da Xunta de Galicia na derradeira Asemglea do BNG.
O Bloque convertiuse nunha organización políca de funcionarios da Xunta, e por iso votaron a favor dos 15.000 €/ano de por vida, para protexer a súa retirada da Xunta.

Pedrel #2 30/Setembro/2007 Pedrel

¡Noraboa! Moi ben o acto do BNG. De primeira clase os discursos de Rodriguez e Beiras. Este acadou cotas outas de aplauso na súa aparición política dos últimos meses. Espectacular a súa definición do que hai que facer: conservar o espíritu do 1982 especialmente no tocante a ""irmandade, soberanía popular, democracia participativa, república e esquerda, porque non hai transformación nacional sen un prisma de esquerda"

toivonen1978 #3 30/Setembro/2007 toivonen1978

De todo o dito quédome coa necesaria "unidade do nacionalismo galego". Temos que bogar todos hacia un interese común, cando o academos xa ventilaremos os asuntos particulares.

sozinho #4 30/Setembro/2007 sozinho

A indirecta que levou o demagogo de Lobeira por parte de Beiras foi boa. O bloque é de esquerda inda que admita no seu seo a liberais. A unidade da que falan depende de que haxa sucesores de Beiras. Máis economía e ciencia política e menos literatura.
En canto ao obxectivo de soberanía, concesión ao público, todo o mundo sabe que non o veremos. Pero si podemos ve-la federación. Tense medo? O obxectivo a longo prazo non debe anubra-lo que está ao alcance da man. Comuníquense máis con EU, negocien co PSOE, denuncien as arbitrariedades e non se desprestixien agora pedindo a confederación coma o gran cacique do Ibarretxe. Non estamos colonizados, pero si moi prexudicados! Pidamos primeiro o que é noso, concretemos e deixémonos de soños. (Menos mal que recoñece que non seguirán a vía vasca -que só é basco en lusista e portugués). E esa dialéctica de galescola do Quintana? Democracia si, Constitución e España non???? Como se entende unha sen a outra? O que nos otorga a democracia é a constitución, e é española. É que non se pode atacar aos soberanistas tamén coa forza dos demócratas? Quintana, dedícate a obedecer e non improvises, que as ideas cínicas e de a patacón que tes son de órdago. Lobeira e Quintana, sodes bos políticos, pero de segunda. Síntoo moito, pero o cargo cáevos grande. O voso electorado agradecerá busquedes sucesores máis brillantes.

moledo #5 30/Setembro/2007 moledo

sozinho, foi na etapa de Beiras na que se cristalizaram mais fundamente os relacionamentos com "o gran cacique de Ibarretxe" e o PNB, como dizes. Triste também o teu desconhecimento da nossa língua e a tua defesa do galego colonizado (basco, também em francês é que se grafa)...o que é isso de "sucesores"? O BNG é um projecto colectivo, não um paço que se herda...saudações

sozinho #6 30/Setembro/2007 sozinho

Por certo, todo moi bonito aos 25 anos. Que idade máis linda! Mais... e a rebelión de Vilariño de Conso? Expulsen do partido a ese estremeño extremado e estabilicen as coalicións en Ourense. Non queremos máis mafias eiquí!
Xa que Vieiros non informa, informo eu. Mirade o País de onte, ed. Galicia: Primer fracaso en Ourense de un gobierno local bipartito.

sozinho #7 30/Setembro/2007 sozinho

Ola moledo. A estratexia política é unha cousa e adopta-las maneiras políticas do teu aliado é outra moi diferente. Eu tamén me opoño a Galeuscat, pero non a que se amplíe a partidos de esquerdas federalistas. Tamén estreitou a man de Fraga en varias ocasións, o que foi un momento histórico para superar complexos e admitir que se recoñece ao rival, e xusto despois derrotouse.
Non son partidario de entrar en discusións lingüísticas. Escribo normativo precisamente pola unidade. Pero como ti dis que é triste o descoñecemento que teño da lingua, pois non teño máis remedio que rebatircho. Sei francés, inglés, galego, castelán e un pouco de alemán. Pero a miña educación non é humanista. Se inda así pensas é triste, continúo: o francés adoptou basque (non basco) da grafía gascona. O portugués, non sei por que motivo incorporouna do francés. No galego conviviron as dúas formas, ata que se decidiu na normativa usar vasco pola etimoloxía latina (uasconia). Esa v é interesante porque nos remite a u de euskara, seguramente no primeiro romance castelán invertiuse a orde de eusk- a uask-. Por certo, falando de romance, o teu romance co castelán debe ser bo, cando lle concedes máis importancia a unha lingua moito máis uniformada coma o francés que ás variantes locais do castelán, moito máis ricas.
En canto a leccións políticas sobre unha palabra tan usada en política como sucesor despois de tentar deslexitimarme por non escribir na lingua oficial dos que saben de política... Por revelación? Que che vou dicir! Dillo a Beiras, que escribe en mínimos... O moi vendido!
Por último, sinto causar un conflito coa túa fe, pero a unidade non esixe papanatismo nin U maiúscula. Pode facelo, pero os votos serían uns dous tercios menos. Hai discrepancias que son normais e hai outras que rompen o partido. A dun home de tan pouca valía coma o candidato de Vilariño tende máis á segunda. O estar censurando continuamente aos integrantes dun partido pola normativa que usan, tamén.

jujolor #8 30/Setembro/2007 jujolor

estou ddacordo con toivon1978, xa ben sendo a hora que todos os Galegistas xuntense e fagan un frente comun, asi gañariamos mais e si ahi asuntos partculares dos distintos grupos politicos deben ser ventilados como unah irmandade, xa que si realmente querese o mesmo fin chamado GALIZA o GALICIA, coma se queira pero facer un frente comun xa he hora de facelo limade todas as particularidades tanto dun lado coma doutro e xuntarense Irmans Galegos.


SEMPRE EN GALIZA

diegosm_gz #9 30/Setembro/2007 diegosm_gz

Cando o BNG é fiel aos seus principios e está na onda da cidadanía, avanza; cando lle damos máis importancia ao que nos gustaría que ao que a xente quere, estancámonos

E entom nós estamos para transformar Galiza com o nosso projecto ou para "fazer o que a gente quer" (qual "gente"? quer o mesmo um operário viguês do naval que a construtora San José?)
E a "gente" nom estava hoje manifestando-se contra Reganosa?
Menos populismo barato, por favor!

E um pouco farto já de ouvir o do "proceso" de autodeterminaçom, umha excusa para precisamente nom mover-nos nadinha: ou conseguir umha mísera competência transferida do Estado tem algo a ver com conseguir a soberania (a real e a jurídica), para o qual se necessitam umhas condiçons impossíveis de cumprir (2/3 das Cortes espanholas, previa e posteriormente a um referendo positivo no conjunto do Estado)?

E claro, "España" é irreformável e intransformável num Estado plurinacional, com esta ou com qualquer outra Constuiçom espanhola, porque o PP e o PSOE jamais aceitarám umha "unidade entre iguais". Nom pode haver "unión" porque os que representam "España" nom querem igualdade, assim que nom há ninguém com quem fazer um "pacto entre iguais".
Assim que em realidade estes que se apresentam como "realistas" e "pragmáticos", som na realidade os mais "idealistas" e "ideologistas", porque pretendem conseguir algo que à partida sabem que nunca vai acontecer... A soluçom, acumular forças para umha ruptura democrática, esse é o verdadeiro projecto histórico do nacionalismo galego que ainda nom conseguimos.

E finalmente, isso do pacto (im)possível vale tanto para Ibarretxe como para nós (que nom nos atrevemos nem à metade, porque claro, temos ritmos diferentes, vamos, que temos menos consciência nacional, mas à vez defendem estes dirigentes que estamos ao mesmo nível que EH ou Catalunya...)

Mais realismo hoje é mais esquerda, mais nacionalismo: temos um instrumento precioso para a libertaçom nacional, o BNG, que é de todos, usemo-lo em toda a sua potência, salvemo-lo deste seqüestro autonomista!

OBSERVADOR #10 30/Setembro/2007 OBSERVADOR

Não, não, por um referendo não, que se nos zangam os nossos chefes madrilenos. E olha que se se zangam conosco... o que nos pode passar! Nada, nada, sejamos democráticos mas de outra maneira. O povo que vote cada quatro anos e nós já veremos o que fazemos no entanto.

galicecos #11 30/Setembro/2007 galicecos

Confirmado por Quintana que o BNG é "antiimperialista e transformador". Eu podo confirmalo pero decindo "mimetizador" por canto, cando chegan á postos de responsabilidade vólvense da mesma cor que o PSOE e iso non é recuperar o espírito de 1982, mais todo o contrario. Non se pode mentir ó electorado e logo mandar mensaxes ambíguos dende a poltrona.

bainha #12 1/Outubro/2007 bainha

Francisco Rodríguez falou de unidade, pero que clase de unidade? Unidade en torno á UPG como "avangarda" e o resto facendo de palleiros ou "compañeiros de viaxe?
Primeiro, antes de nada, o respeito a pluralidade do nacionalismo, asumir o debate democrático como fundamental entre a militancia do BNG, parar esa obsesión polo control do aparato,... e despois unidade. Si, unidade democrática, non "unidades de destino no universal"

COUTOVEN #13 1/Outubro/2007 COUTOVEN

Siempre es bueno volver a las raíces. Mucho más después de la escandalosa aprobación de los famosos PLUS para los altos funcionarios donde el BNG no fue consecuente con su electorado y con la población en general.

El nacionalismo Galego, tiene que nacer de la conciencia de galeguidad de nuestro pueblo y no puede estar amarrado a ideologías políticas de izquierda o derecha. Cuando el vicepresidente de la Xunta dice “Quintana explicou que o BNG é "antiimperialista e transformador", e que "o foi, o é e o será".

Esto me parece bien, pero si el bloque es NACIONALISTA eso va por delante de lo antiimperialista. Si no somos primero una nación de hecho, malamente pudiésemos hablar de antiimperialismo en un sentido global sino en términos de opinión individual. Y algo muy importante, eludir la tentación de utilizar esta palabra para descalificar a los opositores y en el peor de los casos perseguirlos o proclamarse antiimperialista como una suerte de santificación como hacen algunos déspotas, dictadores y políticos corruptos.

Galiza es una y su pueblo solo está obligado a creer en un sentimiento de nación, donde al igual que en una familia se puede tener cualquier religión o pertenecer al partido político que mejor le apetezca. Destacando la universalidad de nuestra gente dentro de un marco de integración real, en el cual no podemos desconocer nuestros vínculos con el resto de las naciones que hacen vida en la península ibérica.

Recordar es vivir y la ilusión que dio origen al BNG tiene que continuar y ser un ejemplo para que nazcan otras organizaciones sociales, religiosas, políticas, etc. que persigan un fin común. UNA GALIZA DE TODOS Y PARA TODOS.

Gaviotero #14 1/Outubro/2007 Gaviotero

Vaya operación publicitaria la del BNG de este finde, aunque se limite al ámbito de sus simpatizantes nacionalistas...

Pues nada, los que se lo crean, mejor para ellos, porque mientras tanto los dirigentes del BNG seguirán con sus suelos millonarios, sus despachitos, sus Audis y sus secretarias.

Vamos, como en el 82...

Pedrel #15 1/Outubro/2007 Pedrel

Tiña interese en comentar o escrito polos compañeiros. Mais alguen ten que escribir que GAVIOTERO é, nídiamente, un empregado do PP, seleccionado polo seu espíritu fundamentalista español, franquista e con medo ás esquerdas. Colleu o discurso da igrexa máis reaccionaria e lle teme "ós comunistas".
Xa non sabes que escribir e nesta ocasión até acusas ós que se congregan para afirmar o seu discurso ideolóxico. ¿A que xuntanzas políticas vas tí? Porque celebrarán ritual na Cova das Serpes.
O veleno que ti destilas contra os nacionalismos chegará, pois reptas, á túa conciencia e verás...

Gaviiotero #16 1/Outubro/2007 Gaviiotero

Gaviotero, callate de una vez; no te das cuenta que estás haciendo que caigamos en el mas grande de los ridiculos???
Los sueldo de esta xunta están perfectamente publicitados y todo el mundo los puede saber; los de nustros camaradas en el goviernio de fraga los tuvimos que esconder por escandalosos.
Dejalo ya!!!

carlosroca #17 1/Outubro/2007 carlosroca

A continuidade da fronte plural nacionalista segue a ser fundamental para o País, precisamos un instrumento de unidade mentres o nacionalismo galego non sexa homoxéneo, e isto está ben lonxe.
A sobrevivencia daquelo que nos define como Nación non está garantida, a lingua nomeadamente e como factor fulcral segue ameazada e sen maioria social e partidaria nacionalista debe haber unidade de tod@s os que queren que Galiza exista.
O españolismo non descansa, os xenocidas españois medran como cogomelos e se organizan, e iso require resposta: UNIDADE. O que non queira traballar que non traballe, pero que non atrapalle.

Gaviotero #18 2/Outubro/2007 Gaviotero

Pedrel...¿algún argumento más allá de los insultos? Vaya pena de nacionalismo...está hecho unos zorros.

No salen del "caca, pedo, culo, pis"...y "franquista" en cualquiera de sus variedades. Que me lo digáis vosotros, tan parecidos a cualquiera de ellos.

teixugo #19 2/Outubro/2007 teixugo

Desculpe, isso foi-lhe dito a essa NINHADA DE RATOS, GAVIOTEROS, ANTES!!!!

AGORA, ASIMILEM ESTA:

Da-me a mim o corpo de que Feijooy
vai ser tão presidente como Rajooy...!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: