Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Protesta

Máis de 5.000 persoas maniféstanse en Ferrol contra Reganosa

A mobilización, impulsada polo Comité Cidadán de Emerxencia, pretende que non se autorice o funcionamento comercial da planta.

Redacción / EP - 15:30 30/09/2007

O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, que dende 2001 reclama o traslado de Reganosa ao porto exterior, convooua para o domingo unha manifestación contra a planta de gas de Mugardos na que reclamou que non se autorice o seu funcionamento comercial. Á convocatoria asistiron máis de 5.000 persoas,

A mobilización partiu pouco despois do mediodía do Porto de Ferrol, do peirao de Curuxeiras, dende onde se pode ver a instalación de Reganosa. A marcha rematou, tras percorrer as rúas da cidade, na praza de Armas, fronte ao concello.

O comité, integrado por colectivos veciñais e ecoloxistas, pediu a participación cidadá na manifestación do domingo en Ferrol nun "momento decisivo" da loita "legal" contra a situación de Reganosa no interior da Ría de Ferrol.

Os opositores a Reganosa lembraron que a instalación opera en fase de probas dende o pasado 9 de maio, pero que aínda non se lle concedeu a acta de funcionamento comercial definitivo, que depende da Área de Industria e Enerxía de A Coruña, dependente do Ministerio de Industria.

Os membros do colectivo consideran que a planta de gas non pode ser autorizada porque non se cumpren os condicionantes formulados na autorización de construción concedida en febreiro de 2004: a distancia legal á poboación (segundo a Directiva Deveso II), e a saída ao mar dos gaseiros en caso de emerxencia (norma EN-1532), xa que os buques cargados só poden navegar con seguridade pola ría con preamar.

Apoios
Por todo iso, o comité pide tamén á Xunta de Galicia, que posúe o 10% do conxunto de accionistas, que renuncie a apoiar a Reganosa; ao Concello de Ferrol que esixa ao Tribunal Supremo que se faga firme a sentenza que en 2004 anulou a tramitación ambiental da planta de gas, e ao Concello de Mugardos, que revise as licenzas e permisos concedidos a Reganosa.

A mobilización recibiu o apoio de diversos colectivos veciñais e ecoloxistas, entre eles, a Asociación en Defensa da Ría de Pontevedra tamén participa na manifestación. Así mesmo, acoden representantes de SOS Courel e veciños de Sabón e Meirama. A protesta tamén está avalada polos membros de Confraría de Mariscadores de Ferrol, que ata en tres ocasións bloquearon coas súas lanchas a entrada de gaseiros na ría. Coas protestas, polas que permaneceu en prisión varias semanas o patrón maior da Confraría Bernardo Bastida, os pescadores denunciaban que Reganosa danaba os bancos marisqueros da ría.

A mobilización contra Reganosa tamén conta coa participación dos representantes da Asociación de Veciños O Cruceiro de Mehá, que dende xullo manteñen un peche no Concello de Mugardos para reclamar que a planta de gas non opere comercialmente, por situarse a menos de 400 metros das súas vivendas. Partidos como Esquerda Unida-Esquerda Unida, que cogoberna en Ferrol co PSOE, e sindicatos como CC.OO. e USTG, atópanse tamén na lista de apoios do comité.


4,42/5 (19 votos)

Comentarios (9)

sanquera #1 30/Setembro/2007 sanquera

la movilización social tenía que haber sido el 27 de mayo votando. pero se le dió el voto al PSoE que claramente dijo en campaña que esperará las decisiones judiciales pues ahora ajo y agua

ecoe #2 30/Setembro/2007 ecoe

Máis valera que non fora ninguén do Comité nin dos asistentes quenes deron votos ó psoe, mais ás veces xa se sabe cómo actuan as nosas xentes.

mcendan #3 30/Setembro/2007 mcendan

Parabéns polo éxito de hoxe. Seguiremos adiante e grazas a todos/as aqueles que vos achegástedes a Ferrol.
Por certo, esta é unha loita transversal, atinxe a todos os sectores sociais, a todas as persoas, á marxe da súa ideoloxía. Ese é o gran éxito colectivo de todos/as e en especial do Comité Cidadán.
¡Reganosa fóra da ría de Ferrol!

Xabi1 #4 1/Outubro/2007 Xabi1

Bon, hai maneiras e maneiras de redatar unha noticia, e ésta non é a mellor, disculpen en Vieiros.
Hai máis que contar, máis que dicer, por exemplo, sobre o texto lido ao remate da mani, e sobre os bloques que participaron. Se o correspondente trasladado alí non observou as bandeiras da CNT e as bandeiras anarquistas, vale, fica claro. Vou ler agora El Correo Gallego, a ver se coincidides.

ulo #5 1/Outubro/2007 ulo

Entre xaneiro e agosto deste ano rexistráronse 54 sinistros máis que no mesmo período do 2006
B. Couce
1/10/2007
As estatísticas oficiais demostran que a sinistralidade laboral é unha secuela que, lonxe de reducirse, continúa en ascenso cada ano. Así, entre xaneiro e agosto do presente ano producíronse 2.555 accidentes de traballo nas empresas e os centros da comarca, 54 máis que os rexistrados no mesmo período do exercicio anterior, o que supón un incremento do 2%.
A sinistralidade laboral azoutou especialmente durante os meses de xullo e agosto, nos que se acumularon 1.000 dos 2.550 sinistros totais. Unha das empresas da zona cunha maior incidencia dos accidentes foi Megasa, que rexistrou tres contratempos, o último dos cales, protagonizado por un traballador que sufriu feridas nun xeonllo, informaron as autoridades sanitarias.
De acordo cos datos que manexa a Consellería de Traballo, a maioría dos accidentes foron de carácter leve, e, entre xaneiro e agosto, non se rexistrou ningún mortal.
A pesar de que cada vez son máis as empresas que contan con técnicos específicos en prevención de riscos, os sindicatos aseguran que o constante incremento da sinistralidade débese ao incumprimento das medidas incluídas nas normas en vigor.
Por municipios
No balance por municipios detéctanse grandes oscilacións entre os concellos das tres comarcas. Así, mentres en lugares como Ferrol (cun descenso do 10%), Mugardos (do 31,87%) e Cariño (do 34,39%) a estatística mellorou con respecto aos oito primeiros meses do 2006, noutros como Narón (cunha subida do 19,72%), As Somozas (do 20%) e As Pontes (do 12,45%) rexistraron un peor comportamento.
A repercusión por sectores tamén depende en gran medida da especialización do mercado de traballo do municipio. Na cidade naval, por exemplo, o sector servizos -primeiro xerador de postos de traballo actualmente- é o que concentrou o maior número de contratempos, seguido da industria e da construción.
Con todo, no Concello de Narón, que conta co polígono industrial maior da zona, a industria é a que xerou a maioría dos accidentes (280) fronte aos 122 da construción e aos 89, do sector servizos.
Balance do ano
Ferrolterra, Eume e Ortegal pecharon o 2006 con 3.683 sinistros, o que supuxo un incremento dun 3% con respecto ao ano 2005.

ulo #6 1/Outubro/2007 ulo

hai riscos, e hai acidentes. Contra os acidentes laborais, XA.

lura #7 1/Outubro/2007 lura

ben por Beiras e a coherencia
fora os traidores do voto popular

ecoe #8 1/Outubro/2007 ecoe

Outras novas falan de máis grupos asistentes: primeiro os de Trasancos contra Reganosa (posición faborable a Reganosa, que dividíu o bng teño entendido, o grupo de Lastra,etc.), desde logo moitos anarquistas e a CNT (como reclaman arriba), e tamén SOS Caurel, e os de Bouzas contra os recheos (pouco falta para unir directo xa co Morrazo), os de Pontevedra contra ENCE/ELNOSA, da APDR, etc.

Pregunta: qué coreaban as xentes? Non ían dicir nada do pesoísmo gobernante nin do nacionalismo reformista, que apoian Reganosa, léase Tojeiro e as Caixas galegas, antes que os votantes dos que dependen?

ecoe #9 1/Outubro/2007 ecoe

Por certo que me esquecín dos afiliados á CIG que apoian a loita popular contra REGANOSTRA (mais semella que na sua escrita, sí colle sentido o "nome" da empresa)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: