A xuíza debe ditar sentenza sobre se o autor atentou contra a honra dun ex-alcalde franquista, como reclamaba a familia.
No medio dunha grande expectación e apoio popular, o historiador Dionisio Pereira acudiu este martes á súa cita no xulgado de Primeira Instancia da Estrada. O motivo, unha denuncia dos descendentes de Manuel Gutiérrez Torres, antigo alcalde de Cerdedo, que consideraban que un estudo do autor atentaba contra a súa honra.
Malia todo, os argumentos da acusación particular non convenceron o fiscal, que acabou por desestimar o suposto dano á honra da familia do ex-alcalde. Agora será a xuíza a que teña a última palabra cando dite sentenza. Lola Varela, voceira da asociación Verbo Xido, da que tamén forma parte Pereira, falou con Vieiros do resultado do xuízo.
Vieiros: Que impresión levan ao saír do xulgado?
Lola Varela: A valoración en principio é boa, posto que o informe final do fiscal desestima a demanda de atentado contra a honra de Manuel Gutiérrez Torres, porque non se lle atribúen actos concretos nin consta que os seus descendentes sufrisen ningún prexuízo pola publicación. Así, parécenos moi importante que se desestime esa demanda. Outra cuestión é o que determine a xuíza. En principio estamos contentos, pero hai que esperar a resolución. Sexa como sexa, se sae en contra seguiremos reclamando e pedindo xustiza. O que lle pasou a Dionisio non pode quedar impune.
V: E a reacción da xente que acudiu no seu apoio?
L. V.: Tivemos moi boa impresión da xente que asistiu, mesmo moita quedou fora. Había escritores, historiadores, representantes de asociacións pola recuperación da memoria histórica... Moitos solicitaron unha copia en vídeo do xuízo. A produtora Pórtico gravouno integramente como parte dunha reportaxe de Manuel Abad. Agora a xente está a pedir copias para poder revisalo e debater, porque se trataron temas moi interesantes, como os mundos diferentes, os distintos xeitos de interpretar a realidade. Saíron cousas de interese, como a intervención do vicerreitor Lourenzo Fernández Prieto sobre os métodos de investigación. Á parte do caso en si, está en cuestión o traballo dos historiadores, a súa metodoloxía.
Bueno, a priori, os xuizos son causas públicas e está ben poderen ser gravados. Tamén é bó que un fiscal se preocupe do posible menoscabo da honra dos acusadores ó preguntarlles a todos os testigos da acusación si sentiran nas suas amistades algún signo extraño de rechazo ou algo semellante, o que todos negaron.
O advogado da defensa tampouco saíu moi ben parado co fiscal, que lle corrixíu que hai xuízos fallados só con probas testificais, pois alegaba a inexistencia de documentaciósn probatorias -os asasinos desfixéronse delas, e ademáis tamén borraron os arquivos da Falanxe e mesmo os dos Gobernos Civís (os precabidas e non xulgados por ese delicto chámanse entre outros Martín Villa, etc.)-.Lembrráronlle que a xurisprudencia ós efectos era abundantísima.
Por algunhas impresións escoitadas o advogado da acusación estivo embarullado, pouco claro e semellaba pouco (e falsamente) elaborado.
Un grupiño de 30 ou 40 persoas solidarias acompañaron a Dionisio no Xulgado.