Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE SOBRE O ESTADO DA NACIÓN

Dende o Hórreo a Monte Pío pasando polos fogóns de Xénova

Redacción - 21:34 02/10/2007

-“Vostede cociña o seu discurso no fogón de Xénova e non no de Breogán” (Touriño a Feijoo)

-“No meu goberno non hai boinas nin birretes” (Touriño a Feijoo)

-“Ten saudade da escola infantil á que vostede e eu fomos, aquela na que se prohibía falar galego. Esa escola eu non a quero para o meu país” (Quintana a Feijoo)

-"A vostede preocúpalle a suposta invasión do galego no seu propio país, en Galiza?" (Quintana a Feijoo)

-“O seu gran argumento é que Galiza non ten un goberno unido, pode falar vostede de gobernos unidos” (Quintana a Feijoo)

-"Rematou a Galiza dos administradores plenipotenciarios e dos administrados submisos" (Quintana)

-“Ten garantido que os que se pecharon nun piso de Ourense non se volven pechar?” (Ismael Rego a Feijoo)

-“Din que o señor Fraga nunca acerta á primeira co seu sucesor. Despois da súa intervención, aquí queda un cheiro a Hernández Mancha que tira para atrás” (Ismael Rego a Feijoo)

-“Durante 25 anos a fala non foi ningún problema entre nós, até que chegaron vostedes” (Feijoo a Quintana)

-"Vostede debe vivir no Montepío de Veracruz non no Montepío de Santiago de Compostela". (Feijoo a Toruño)

-"Conseguiron facer de verdade que o Plan Galicia sexa unha mer..." (Feijoo a Touriño e María Xosé Caride)


4.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: