Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Catro millóns de persoas afectadas

Bush impide que se amplíe a cobertura sanitaria aos nenos desfavorecidos

O presidente estadounidense veta o proxecto de lei para ampliar o programa médico infantil, malia a oposición dos demócratas e parte dos republicanos.

Redacción - 10:42 04/10/2007
Este é o cuarto veto de Bush dende que accedeu á presidencia de EUA

Este é o cuarto veto de Bush dende que accedeu á presidencia de EUA

O proxecto State Children's Health Insurance Program (SCHIP) ofrece cobertura médica a máis de seis millóns de persoas, a maioría nenos de familias con escasos recursos que, por ter ingresos superiores aos indicadores de pobreza non se poden ver beneficiados polo Medicaid, mais tampouco poden aforrar abondo para pagar un seguro privado.

O presidente de EUA, George Bush, decidiu vetar o proxecto de lei que ampliaría este programa a outros catro millóns de persoas, xa que segundo afirmou "levaría o sistema de saúde deste país á dirección errónea", e ocasionaría graves prexuízos ás aseguradoras privadas.

Este é o cuarto veto do mandatario estadounidense dende que accedera á presidencia do seu país. O proxecto de lei, impulsado polo Partido Demócrata, contaba cun amplo respaldo nas filas do Partido Republicano, quen advertiron do custe político que poderían pagar nas eleccións de 2008.

De ser adoitada, a medida suporía ampliar o custo do programa sanitario infantil de 5.000 a 7.000 millóns de dólares anuais, por un período de cinco anos, e reduciría de xeito importante a cifra de nenos sen cobertura médica en EUA, que actualmente é de nove millóns.


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Comentarios (2)

Jatopardo #1 4/Outubro/2007 Jatopardo

Hai que comprender a Bush. Está nun dilema, ¿se os fondos públicos son limitados, qué é máis urxente, facer armas ou darlle cobertura sanitaria aos necos?

Evidentemente, para un cabronazo como George, é máis urxente o tema das armas. Eso si, hai que recoñecer que para o pouco dado que é, chegou ben arriba.

baltar69 #2 4/Outubro/2007 baltar69

a ver: teñen acadado algúns paises do mundo certo estado de benestar ( moito o repiten os da socialdemocracia )en temas sanitarios, de prestacións económicas ou de atención e servizos o cidadán que custan moito diñeiro. a vía para acadar esos fondos son os impostos, as tasas e os gravámenes con que os distintos gobernos nos mortifican. os eeuu destina máis a políticas militaristas do que invirten no mesmo terreo os vinte paises que o seguen nesta lista de inversións. é unha cuestión de necesidades: hoxe a súa economía é unha economía de guerra. a súa pervivencia depende de conquerir a baixo prezo ( ou directamente gratis ) as materias primas que sustenten o seu poder global, sexan éstas en forma de minerais, infraestructuras ou persoal. o séu militarismo está expandido por todo o orbe e alí donde non dan chegado, mandan recado por medio dalgún servidor local.
as potencias medias tipo francia( non digo xa españa, por que españa, ademais de non existir máis que como ente ectoplasmático , ten un exercito que non está facultado nin para limpalos montes; españa soio mete medo en baloncesto )teñén contido o gasto militar en función de outras necesidades, tales como educación, sanidade, seguros asistenciais e soldo de traballadores públicos. o cuadrar o presuposto non quedan francos para seguir estoupando tinglados en mururoa, así que cando se trata de facerse co crú iraquí, vai a elf e a total, negocian co apoio do poder político e métenlle un maletín ou dous a quen proceda. pero á hora da verdade, todo aquelo que non se rubrica con sange non ten valor. e chegan os usa ca súa artillería e adios elf, adios total.
qué lle importan as corporacións armamentísticas e os políticos estes nenos? un día traen a un que picou un paxaro na conchinchina o a outro de yemen para operarse da metralla que lle meteron eles mesmos, lévano o central park, sácano na cnn e na fox e hala, para casa a rañala, que xa fixémola boa obra.
a cousa é así. e sopoño que tanto os inquilinos usaméricanos como o resto do mundo estamos de acordo con esta ignominia e celebrámolo tomando coca cola e xantando no mcdonald. do resto, as palabras e a impotencia que se esmagan contra o vento, de nada sirven. sirve a inversión en cazas, en misiis, en uranio empobrecido. esas son as cartas e esta é a baralla. como decía blas de otero, antes de que se inventara a tv de plasma e o cdrom, estados unidos sale de espadas/ para defender el oro.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: