Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XESTIÓN DOS RECURSOS PÚBLICOS

O Concello de Ourense estuda levar ao xulgado o anterior goberno por emitir facturas sen crédito

Socialistas e nacionalistas descubriron unha débeda pendente de máis de 742.000 euros.

Redacción - 11:00 04/10/2007

O anterior executivo popular aproveitou as últimas semanas no consistorio para emitir facturas sen crédito orzamentario. Isto é o que denuncia o actual goberno, composto por socialistas e nacionalistas. Dende o Concello de Ourense subliñan que ista práctica deixou unha débeda pendente de 742.162 euros.

O concelleiro de Economía e Facenda, Agustín Fernández, anunciou este mércores que o goberno local vaille encargar un estudo aos seus servizos xurídicos para ver se puido producirse algún tipo de delito.


5/5 (2 votos)


Comentarios (4)

DanielErreCe #1 4/Outubro/2007 DanielErreCe

O día que consigamos que os malversadores vaian ao cárcere ou, cando menos, rindan contas diante da xustiza, a democracia comezará a ser algo máis que un concepto político. Así pois, esta é unha boa noticia.

piorno #2 4/Outubro/2007 piorno

Título da notícia incorrecto. O correcto seria:

CONCELHO DE OURENSE ESTUDA LEVAR AO JULGADO O ANTERIOR GOVERNO...

O uso da preposiçom «a» no objecto directo, como neste caso, é simples espanholismo.

Com este exemplo pode-se ver melhor:

«Levou ao Joám ao carro» (incorrecto)
«Levou o Joám ao carro» ou «Levou ao Joám o carro» (correcto)

jujolor #3 4/Outubro/2007 jujolor

os responsabels deben pagar por isto en caso de ser certo, e ser inhabilitados para cargos, e o partido ao que perteñezan deben ser espulsados del. non ahi mais


SEMPRE EN GALIZA

o-moinante #4 5/Outubro/2007 o-moinante

Se rouba um probe dianho um par de chouriços ou racha umha vidreira para arrapanhar qualquer cousa, pudre-se na cadeia. Se os políticos roubam e saqueiam centos de milhões do dinheiro público, ficam livres e por enriba som honrados cidadãos.

À cadeia com todos os mangantes! Que lhe confisquem o patrimonio, a eles ou aos mais imediatos -familia-!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: