Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO ESCÁNER

Recuperar a maternidade

Ao longo deste mes xurdiron unha serie de cambios que camiñan cara a outro xeito de entender o embarazo, o parto e a crianza. Medidas como as propostas pola Consellaría de Sanidade, e as voces de moitos colectivos e persoas reclaman unha maternidade natural e humana.

Redacción - 14:07 05/10/2007


4,75/5 (4 votos)


Comentarios (1)

simbolo #1 5/Outubro/2007 simbolo

Estou a favor de ampliar os tempos da maternidade mediante os permisos, de maneira que non todo consista en ser eficiente no traballo, e encontremos tempo familiar.

Estou a favor de que se facilite a lactancia materna informando da súa importancia.

Pero, estou preocupado porque me parece que estamos caendo nunha nova mística da maternidade, na que a mai volve ser o centro da familia, eixo fundamental dela, e só realizable como muller a través da crianza. Observo con preocupación a compañeiras e amigas que pasados os 12 meses seguen teimudas a dar o peito aínda a costa da súa saúde e descanso, fuxindo do biberón como se un diaño creado polas malvadas multinacionais se tratase, porque hai que ser boa mai.

Pregúntome se a tan repetida igualdade de oportunidades no eido laboral é traspolable ao familiar, onde o home é un cero á esquerda (uns porque queren, outros porque non poden): ridículas baixas de paternidade (tes un fillo e aos poucos días teste xa que reincorporar ao traballo), dependencia da boa fe da mai se hai divorcio á hora de ver os seus fillos,...

Hai que recordar que algunhas desas peticións son tamén solicitadas pola dereita máis rancia, cando marca que a muller é o centro do fogar e así debe seguir sendo.

Eu pregúntome: son os fillos patrimonio dalguén?, é o home capaz tamén de dar amor co seu colo?, podemos dar cabida e aprender aos homes que o seu vínculo co fillo tamén é fundamental?, poderemos explicar a moitas mulleres que ser mai non é ser propietaria do seu fillo?

Home e muller deben ter os dous tempo para criar e querer aos seus fillos por igual, a alternativa é modernizar os roles, pero non mudalos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: