A reforma do Código Civil estará lista antes de que remate o ano, de xeito que en pouco tempo se elevaría a case medio millón de electores o número de persoas inscritas no censo de residentes ausentes.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, fixo o anuncio durante un acto coa diáspora galega en Bos Aires ao que asistiron arredor de 1.500 persoas. Aló, o presidente explicou que o dereito á nacionalidade se estendería a todos os netos de emigrantes "antes de final de ano", permitíndolles "beneficiárense de todos os dereitos derivados desta condición". "Isto pasa porque hai un goberno e un presidente español que, xunto comigo, é sensíbel a esa demanda", afirmou Touriño na súa intervención.
"Os netos farán posíbel que Galiza non morra nunca en Arxentina", comentou Pérez Touriño, salientando o valor da incorporación da mocidade ao movemento asociativo da diáspora. De paso, avanzou que a Lei de Galeguidade que tamén antes de que finalice o ano está previsto presentar no Parlamento, servirá para potenciar a participación dos emigrantes na rede asociativa potenciada pola Xunta e "daralle por primeira vez representación a todos nos órganos da emigración". Isto vaise reflectir no outorgamento de voz e voto no Consello Galego Exterior. Segundo Touriño rematou "a época na que alguén pretendía, probablemente de boa fe, traficar coas necesidades da xente".
Eu non entendo porque lle hai que regalar a nacionalidade a un arxentino, uruguaio ou do país que sexa, polo feito que un dos seus avós emigrase de Galicia hai 80 ou 100 anos.
Tampouco entendo porque teñen que elexir os representantes políticos de aquí persoas que nin viven en Galicia e na maior parte dos casos nen sequera pisaron nunca a Península.
Sirva o exemplo do renegado Jorge Lorenzo...
E so vai uma geração!!
Exame de galeguidade para que não passe morralha oportunista.
Pero hai dúas diferenzas importantísimas entre casos como o de Jorge Lorenzo e o destes 150.000 novos “galegos”.
1.- Jorge Lorenzo ven todos os anos a Porto do Son, mentras que a maior parte destes 150.000 non pisaron Galicia na súa vida nin o farán.
2.- Jorge Lorenzo non pode votar para elexir aos representantes da Xunta de Galicia nin do concello de Porto do Son, mentres que este netos de emigrantes galegos, aparte de elexir aos representantes na súa Arxentia ou Uruguai, elixen ao presidente a Xunta e aos alcaldes dos concellos galegos.
E que a cousa ten delicto. Eu, galego, fillo de galegos, se por calquera razón emigro uns meses a Canarias xa non podo votar en Galicia, e pola contra, estes netos de emigrantes poden votar nunha terra (Galicia) na maior parte dos casos sen ser capaces de ubicar Galicia no mapa.
Estes políticos están a adulterar a democracia diante dos nosos morros e nos caladiños coma petos.
Este tema é moi sangrante e moi doloroso para moitos GALEGOS coma min, que nacín en Galicia e vivín ahí ate hai oito meses e que agora directamente pola vía legal do noso marabilloso estatuto XA NON SON GALEGO:
ARTIGO 3
1. Para efectos do presente Estatuto, gozan da condición política de galegos os cidadáns españois que, de acordo coas leis xerais do Estado, teñan veciñanza administrativa en calquera dos municipios de Galicia.
2. Como galegos, gozan de dereitos políticos definidos neste Estatuto os cidadáns españois residentes no estranxeiro que tivesen a súa última veciñanza administrativa en Galicia, e acrediten esta condición no correspondente Consulado de España. Gozarán tamén destes dereitos os seus descendentes inscritos como españois, se así o solicitan na forma que determine a lei do Estado.
Pero que broma é este artigo do Estatuto?! todos os GALEGOS que estamos emigrados xa non somos galegos e todos eses netos e bisnetos que non saben nin onde está Galicia son galegos. Isto é vergoñento.
Que broma é esa de vincular o ser galegos con ser españois, o galego é o que nace en Galicia, iso como mínimo e o resto dos casos xa se analizará, é que dá vergoña ese artigo do Estatuto.
Alaaaaaaaa!! pero iso qué é? Tamén lle dá Italia a nacionalidade italiana aos emigrantes italianos en Buenos Aires???
Estou de acordo co Jatopardo en todo o que dixo.
Que lles fagan un exame de galego polo menos! hahaha. Que demostren que son galegos!
"e en pouco tempo se elevaría case medio millón de electores o número de persoas inscritas no censo de residentes ausentes."
Pero isto qué carallo é??? Como pode escoller xente que non coñece o país e que nin vive nel nin nada os nosos representantes políticos! Estou FARTO do electoralismo!!
menudo goberno de progreso: 15 mil euriños de moka, galegos os netiños dos emigrantes, concertos educativos a esgalla, sanidade que segue dando pena, libros para todos,... Ei carballeira!
xa esta ben de facelo parvo, deixade de facer politica cos nosos cartos, ou non sabes en que empregar os impostos, eiqui hai xente ven necesitada, o esquenciame e que cada un deles representa un boto ah......... debe ser por iso,pais
Con mentes privilexiadas comoa estas sobramos os demais.
SEMPRE EN GALIZA
... a caso o bipartito legalizaría a prostitución??? (...e eu sen enterarme...)
A min non me parece tan mal que voten os descendentes de emigrantes. Pero se temos medio millón máis de electores, teremos proporcionalmente tamén máis deputados no Congreso, ¿non? E máis investimentos do Estado, ¿non?
Claro, Xavo, claro, a ti non che parece mal que voten, non xa os emigrantes, senón tamén os netos, é dicir, arxentinos ou uruguaios que nin saben en moitos casos donde está Galicia, nen saben falar galego, nen teñen a máis mínima idea de problemática galega, pero que grazas a estes políticos que estamos a sufrir pasarán a ser galegos de pleno dereito, pero con cero obligacións.
Para ti é normal que decida sobre o alumeado público de Monforte alguén que nunca estivo en Monforte. A ti paréceche ben que decida sobre a política linguística de Galicia alguén que nunca estivo en Galicia e seguramente nen falar galego sabe. A ti paréceche ben que decida o futuro urbanístico do nóso territorio alguén que non ten pajolera idea de como é esta terra. Estamos a adulterar a democracia e ti pensando en se imos ter máis investimentos do Estado. Si home si, se che parece imos vivir sen traballar. Dende logo, ti vendes barato o dereito dos galegos a decidir o seu futuro.
E olliño, con semellante masa de novos votantes e con estes políticos que por un voto son capaces de vender a un familiar, preparémonos a ver políticos de Galicia por América adiante mercando votos a costa dos impostos dos galegos de Galicia. ¿Porque estes novos galegos que teñen dereito ao voto, a recibir axudas para sanidade, a presentarse en Galicia cando queran a pedir axudas non contributivas, non pagan impostos en Galicia, non si? Ai, a vaquiña vainos sair barata de carallo.
E eu non estou en contra de axudar aos pobres do mundo no que poda, tanto sexa africano, americano ou chinés, ao revés, creo moi necesario axudar aos países do Terceiro Mundo, agora ben, que non me den gato por lebre e non me queran colar por galego a persoas que evidentemente non o son e enriba me digan que isto vai ser moi bo para Galicia, porque evidentemente os galegos non imos sacar ningún beneficio disto, máis que perder o noso dereito a decidir quenes son os nosos representantes.