Os socialistas prognostican que haberá acordo entre os tres grupos antes do mes de xullo. O BNG confía en forzar a restrición nos comicios locais.
Os tres grupos comprométense a enviar a Madrid unha proposición de lei conxunta instando a garantir voto en urna e depurar o censo de residentes ausentes.
PPdeG, PSdeG e BNG tratan de elaborar unha proposición de lei conxunta para trasladarlle ao Congreso.
O PSdeG convídao a facer presión en Madrid "se ten tanta presa".
Algúns dos sobres chegados dende a diáspora incluían certificados de defunción para denunciar o proceso. A socialista Marisol Soneira recoñecía en febreiro as escasas garantías do sistema.
O BNG esixirá que se faga nos seis primeiros meses de lexislatura. A perda dun escano en Barcelona por este motivo, podería acelerar o compromiso de CiU.
Coa reclamación diante da Xunta Electoral Provincial e á espera do que chegue nas sacas da emigración, aspiran a mellorar resultados na provincia.
Desde o PSdeG consideran "unha desmesura" a proposta do PPdeG para crear un órgano investigador "sen pedir aínda nin unha explicación ao Goberno".
Representantes na diáspora de PPdeG, PSdeG e BNG recoñecen que se usan fondos públicos con intereses electorais.
A proposta do vicepresidente pasa por unha circunscrición específica, voto en urna e control das campañas electorais na diáspora.
Un total de 324.388 galegos no exterior poderán votar o 9M, case 20 mil máis que hai catro anos.
As garantías de limpeza do voto exterior non foron prioridade na votación este luns no Senado, onde populares e socialistas rexeitaron unha emenda do Bloque ao respecto.
Logo da indefinición e o temor que no trato do tema mantiñan os partidos, acláranse posicións. Populares e socialistas só estarían dispostos a restrinxilo nas municipais.
Os nacionalistas advirten que o forte peso dos mesmos pode desvirtuar as eleccións ao Parlamento de Galiza e nas dos concellos.
De 28 asentos posíbeis, a voz galega no Congreso quedará en tan só 23 escanos, queixouse Francisco Jorquera, senador do BNG. Desde o goberno español admiten o problema, aínda que non explican se haberá vontade de corrixilo.
Anxo Quintana subliñou que quen "non vive nin traballa nin pensa facelo" en Galiza non pode decidir alcalde ou presidente.
De comisión en comisión e sen data para resolver o problema. Máis de dous anos despois do episodio co que concluíu a cita electoral do cambio.
Quen, cando e como debe votar na emigración? Entre a prudencia e o medo a tocar o tema en plena carreira preelectoral, os líderes políticos evitan compromisos claros ao respecto.
"Onde está a regulación do voto emigrante que demanda a sociedade?", laiouse Carlos Aymerich, voceiro parlamentario do BNG.
Feijoo propón unha "reflexión colectiva" sobre a hipotética participación dos emigrantes de terceira xeración nas eleccións municipais.