As negociacións entre os grupos parlamentarios conseguiron que esta semana se constitúa a ponencia do proxecto lexislativo coa fin de aprobar a lei antes da fin da lexislatura.
Hai máis dun ano que o proxecto de lei sobre a memoria histórica chegou ao Congreso. Un punto de inflexión decisivo no relato da democracia do Estado español que daquela semellaba que podería tramitarse con axilidade na Cámara baixa, onde alén da pechada oposición do PP, contaba coa simpatía do resto das formacións políticas.
Pero as circunstancias da actualidade e os detalles do texto complicaron o debate, adiado durante máis de medio ano, e recuperado con éxito nas últimas semanas. O diálogo parlamentario destes días deu en sucesivos acordos do PSOE con BNG, CiU, PNV, Chunta Aragonesista e IU-ICV. Quedou fóra do acordo ERC.
A nova norma fixa unha condena explícita e firme do franquismo e subliña a ilexitimidade das decisións de diversas institucións e tribunais da ditadura. Por outra parte, estabelece o compromiso de ir alén do papel e impulsar políticas públicas activas en favor da recuperación da memoria histórica.
um desastre de lei de ponto final: nem anulaçom dos juízos, por muito que falem de "ilegitimidade", nem levantamento pagado polas administraçons públicas dos paseados, nem cámbios no "Valle de los Caidos", nem obriga de retirar símbolos franquistas, por muito que fale de colaboraçom, nem nada...
seica deve valer umha lei só com que o PP se oponha para apoiá-la...
Xa van alo 32 anos dende a morte do dictador, 32 anos de democracia e xa vai sendo hora de condear un dos capitulos mais tristes da nosa historia, permitindo que as victimas recuperen a súa honra, de que se anulen os xuizos por motivos políticos, xa vai sendo hora de condear a dictadura como algo sen senso e sen xustificación, xa vai sendo hora de que calquera negación desta condea sea considerada como delito como xa o é nega-lo holocausto xudio, xa chega de escoitar a xente xustifica-lo alzamento, xa abonda. A democracia está viva e a mellor maneira de demostralo é condendo o franquismo e prohibindo a existencia dos seus simbolos na rua. Recupera-la memoria non é atacar a ninguen senon dignificar a xente que so tivo coraxe de defender a lexitimidade fronte a inxustiza. Non comparemos a Republica, cos seus posibles erros como calquer sistema político, coa dictadura franquista que xa naceu de xeito ilegal e polo tanto sen xustificación posible. Non é posible que ainda hoxe un partido que ilegaliza a outros por non condear a violencia etarra, sexa incapaz de condear o periodo dictatorial sen que sexa ilegalizado, ou é que as victimas do franquismo non merecen respecto igual cas victimas da violencia etarra.
Hay varias falsedades en la noticia. En primer lugar, la propia CiU ha negado la existencia de un acuerdo que anunció el PSOE:
http://www.elmundo.es/elmundo/...
Y por otro lado, no es la primera vez en 30 años que se condena el franquismo, porque en legislaturas anteriores, con el Partido Popular en el gobierno y su voto a favor, ya se condenó el franquismo.
Lo que no podemos hacer es pasarnos el día condenando el franquismo (etapa finalizada hace ya más de 30 años) y negándonos a condenar, por ejemplo, los atentados terroristas.