Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Explosión en Bilbo

Unha bomba deixa ferido o escolta dun concelleiro socialista

O departamento vasco de Interior confirmou que a explosión produciuse preto da zona vella bilbaína e que se trataba dunha bomba colocada nos baixos do coche.

Redacción - 14:00 09/10/2007
Tags: ETA Euskadi

Gabriel Giner, escolta de Juan Carlos Domingo, concelleiro socialista en Galdakao, quedou ferido na mañá deste martes ao estoupar un artefacto colocado no coche. Nun primeiro momento comunicouse a súa morte, malia que o Ministerio de Interior acaba de desmentilo, informando de que permanece ferido grave.

Segundo os primeiros datos de que se dispón, o concelleiro que protexía Gabriel Giner non estaba no vehículo e o único ferido do que se ten noticia de momento é o propio gardacostas. Pasadas as 14h, o Ministerio de Interior confirmou que o ataque atribúeselle á ETA. Na mañá deste mesmo martes, o ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, recoñecera que se estremaran as medidas de seguridade esta semana diante do temor de que a ETA estaría preparando un ataque en Madrid coincidindo co festivo do próximo venres 12.

Recomendámoslles ampliar na EiTB24 onde poden escoitar testemuños do acontecido. Tamén na prensa vasca: El Correo, Diario Vasco e Deia.


0/5 (0 votos)


Comentarios (3)

morotxo #1 9/Outubro/2007 morotxo

e baltasar garzon segue cas redadas, dalle, dalle...

baltar69 #2 9/Outubro/2007 baltar69

o coche é o do escolta e non o do político, o concelleiro está de vacacións, a gravedade parece ser ahora algunha queimadura de segundo grao, cando ocurriu a explosión a suposta víctima non estaba no coche...
hum. xa non soio cheira mal en dinamarca.

Barcelos #3 9/Outubro/2007 Barcelos

Baltasar Garzón acaba de destapar a caixa dos tronos, sen ningunha necesidade.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: