Os congresistas cualificaron de "xenocidio" o acontecido en 1915. O presidente dos EUA asegura que a decisión pode "causarlle moito dano ás relacións con Turquía".
A decisión do Comité de Asuntos Exteriores da Cámara de Representantes dos Estados Unidos chega nun momento complicado. A diplomacia estadounidense traballa estes días para frear a intención de Turquía de realizar unha operación militar ao norte de Iraq, no Curdistán iraquí. O primeiro ministro turco xa recoñeceu, despois da presión do alto mando do exército nas últimas semanas, que o seu goberno deseñou o plan de autorización dese ataque, que desde os EUA temen que contribúa á desestabilización da zona.
Nese contexto chega a resolución da Cámara estadounidense, que aprobou cualificar de xenocidio os masacres promovidos en 1915 en Armenia, episodio que nos últimos cen anos Turquía se resistiu sempre a recoñecer. Malia que os historiadores coinciden en denunciar que até millón e medio de armenios morreron a mans dos turcos durante aqueles episodios en tempos da 1ª Guerra Mundial, desde o goberno turco teiman en cualificar de "inaceptábel" calquera referencia ao suceso.
O presidente dos EUA, George W.Bush, xa instou aos representantes mesmo antes da votación, a non aprobaren a proposta, e posteriormente afirmou que "non é a resposta correcta a esas históricas matanzas masivas". Ao fío, a secretaria de Estado, Condoleezza Rice, agoirou que será problemática e "desestabilizadora" para a actividade dos EUA en Oriente Medio, destacando que Turquía é "un aliado estratéxico importante" dos estadounidenses.
Vamos, que Turquia, um estado militarizado e com um governo manifestamente intolerante, escandaliza-se agora polo reconhecimento do genocídio arménio... Bom, assi tampouco lhes fales da cultura kurda, das minorias gregas do bordo do Egeo ou dos milhons de "dissidentes" que há na sua populaçom, que só querem umha Turquia livre e democrática.
E querem entrar na UE... Em fim...
Um saudinho
Eu non ós países islámicos... pero si quero países democráticos, que respecten ás minorías. Como xa apuntou cdrc, hai moitas minorías perseguidas de xeito non oficial en Turquía. Respecto ó do estado islámico, eu quero por exemplo que entre Albania...
Por certo, que raro que Bush critique algó bó...