Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Programas a prol da descolonización

O partido de Peter Caruana, favorito nas eleccións xerais de Xibraltar

O líder dos socialdemócratas aspira a un cuarto mandato. A coalición liberal socialista é o seu principal rival.

Redacción - 12:50 11/10/2007
Peter Caruana

Peter Caruana

Xibraltar celebra este martes eleccións xerais. O ministro principal e líder do Partido Socialdemócrata (GSD), Peter Caruana, aspira a un cuarto mandato.

Aínda que a maioría das enquisas publicadas danlles a vitoria aos socialdemócratas, unha sondaxe difundida esta semana polo diario xibraltareño Panorama auguraba unha estreita vitoria da coalición liberal socialista (GSLP/GLP) liderada por Joe Bossano, a quen Caruana desbancou do Executivo en 1996.

Soberanía do pobo xibraltareño
O GSD de Caruana aposta no seu programa electoral por "mellorar o máis posíbel" as relacións co Estado Español, para o que se compromete a "seguir traballando" con este país e co Reino Unido no marco do Foro de Diálogo, onde o goberno da Rocha ten poder de veto. No entanto, defende que "só o pobo de Xibraltar pode adoptar decisións sobre a súa soberanía e sobre o seu futuro político".

Pola súa banda, o GSLP/GLP propón sacar adiante unha lei no seu primeiro ano de lexislatura para darlles base legal aos referendos convocados polo goberno de Xibraltar, que na actualidade non son xuridicamente vinculantes. Neste marco, o GSLP/GLP organizaría un referendo en 2008 sobre as opcións que ofrece a ONU para a descolonización da Rocha.

Nas últimas lexislativas de 2003, onde a participación alcanzou o 78,89%, (votaron 14.610 persoas) o GSD de Caruana acadou o 51% dos votos, fronte ao 40% dos apoios conseguidos polo GSLP/GLP de Bossano.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: