Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Voces a prol e en contra

O goberno ruso podería enterrar a Lenin

Oficialmente afirman que é prematuro propoñelo, mais fontes oficiosas do Kremlin apoiarían a decisión de sacalo da Praza Vermella de Moscova.

Redacción - 14:35 12/10/2007
Fila de persoas agardando a entraren no Mausoleo

Fila de persoas agardando a entraren no Mausoleo

O administrador do Kremlin, Vladimir Kozhin, opinou esta semana que por agora sería prematuro propoñer calquera cambio respecto da momia do líder bolxevique Vladimir Lenin, exposta no Mausoleo da Praza Vermella de Moscova.

"Estou convencido de que por agora nada se debe tocar. Non fixemos máis que comezar a nos afastar da revolución, das interminábeis batallas políticas, a comezar a vivir normalmente", dixo Kozhin nunha entrevista publicada polo diario gobernamental Rossiískaya Gazeta.

No entanto, afirmou que a existencia dunha necrópole en "pleno centro do país" é un "disparate". Mais, con todo, a decisión sobre se "debe seguir aí ou non" tería que tomarse a nivel nacional, opinou. "O mellor xeito podería ser un referendo e se un 80% dixese que o corpo de Lenin debe ser sepultado, entón é cando habería que tomar algunha decisión, non antes", dixo.

Porén, segundo unha "fonte do Kremlin" citada este mércores pola axencia de noticias británica Reuters, "deberíase sacar o corpo embalsamado de Lenin, e enterralo como un acto de peche ao turbulento pasado de Rusia".

As demandas de sacar a momia de Lenin do Mausoleo e enterralo, tal e como el quería, xunto á súa nai en San Petersburgo, ouvíronse por primeira vez en tempos da perestroika de Mikhail Gorbachev.


2/5 (7 votos)

Comentarios (10)

ichavinho #1 12/Outubro/2007 ichavinho

Eu penso que xa non pasará ninguen mais a da-lo pésame

Albert #2 12/Outubro/2007 Albert

Pois eu quería...

Ghaviotero #3 12/Outubro/2007 Ghaviotero

Mirade, se el quería que o soterrasen xunto á súa nai, é o que débese facer.

COUTOVEN #4 14/Outubro/2007 COUTOVEN

Tería que ser enterrado, cremado ou calquera forma de disposición digna dun ser humano que cumpriu o seu ciclo vital. E se hai familiares, dispor del nun clima de respecto.

Posiblemente existirán persoas que desexen que o voten ao lixo ou cousas peores. Lenin foi unha persoa que loito contra unha oprobiosa ditadura que foi o réxime *zarista que en nome de Deus explotaba ao seu pobo do mesmo xeito que moitas casas reais europeas que hoxe gardan as formas con iso de “monarquías parlamentarias”.

Non pretendo santificar a conduta do mesmo, moito mais de face a que todo o mundo sabe que o seu período gubernativo foi bastante breve e a partir deste establecéronse figuras bastante escuras como Stalin.

Unha das cousas que transformo o socialismo e digo con isto VERDADEIRO SOCIALISMO é que se fomento de xeito interesado o CULTO A PERSONALIDADE que permite aos políticos utilizar a estas persoas como iconas que xustifican as súas condutas ou transformarse eles mesmos en suxeitos de culto. Pense nisto cando lean un escrito e en só 4 páxinas repítase o nome do líder máis de 10 veces.

Isto vese no mundo enteiro e Venezuela non é menos. Bolívar para arriba, Bolívar para abaixo e en nome deste fillo de españois faise e desfaise por estes lados. É máis, político que se respecte non deixa de investirse cunha capa de Bolivarianismo.

E en nome del, explícase o “SOCIALISMO DO SÉCULO XXI” que non é máis que o intento dun ex militar golpista de entronizarse no poder grazas á riqueza da súa nación.

E para que vexan o consecuente que é Chávez co ideario Bolivariano. Aquí teñen algunhas frases do libertador:

“Huid del país donde uno solo ejerce todos los poderes: es un país de esclavos”.

Na nova constitución o presidente quere a reelección indefinida. Iso si, só para el, o resto dos postos de libre elección e remoción poden ser candidatos un número limitado de veces Que xusto verdade?


“Los tiranos se rodean de hombres malos porque les gusta ser adulados y ningún hombre de espíritu elevado les adulará”.

Por suposto, só falta ver un Alo presidente e ver, políticos, xuíces, xornalistas e artistas facendo carantoñas e aguantando ata 8 horas de autoeloxios do líder e por suposto medios “imparciais” que só ven o que o líder quere que vexan e todos tan felices.

Por iso eu creo que cando Chávez vai ao panteón nacional, non é precisamente a honrar a Bolívar senón a asegurarse que está ben morto.

Barcelos #5 14/Outubro/2007 Barcelos

Coutuven. Miúdo cambio. O tradutor non é perfecto, pero é moi bo. Oxalá atopará un de inglés que fose así.

COUTOVEN #6 14/Outubro/2007 COUTOVEN

Coorección: La frase "Los tiranos se rodean de hombres malos porque les gusta ser adulados y ningún hombre de espíritu elevado les adulará”. es de Aristoteles.

COUTOVEN #7 14/Outubro/2007 COUTOVEN

Se Barcelos é moi bo. Certamente non é perfecto. Como falo e leo bastante ben o idioma galego creo corrixir bastante ben as imprecisións. De todas as maneiras reitéroche o agradecemento xa que é xusto e necesario responder no idioma en que se comunica o grupo. Moito máis se gran parte das persoas que o forman son comprensivos coas limitacións impostas polo desarraigamento.

Barcelos #8 14/Outubro/2007 Barcelos

Outra páxina boa para aprender galego, cando teñas dúbida sobre unha palabra, é esta:

http://www.edu.xunta.es/diccio...

baltar69 #9 15/Outubro/2007 baltar69

bueno, si hai problemas para buscarlles sitio a lenin ou a chávez, eu dispoño de nicho e de terra para o mausoleo. digamos que son coma da miña familia.

BonKarallan #10 15/Outubro/2007 BonKarallan

xa vai cheirando un pouquiño

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: