Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Medalla de ouro do Congreso

China aprétalle ao Tíbet polo galardón dos EUA ao Dalai Lama

Ao tempo, o goberno chinés trata de evitar que os tibetanos escoiten un programa semanal emitido vía satélite desde os Estados Unidos.

Redacción - 09:00 17/10/2007

As emisións de Radio Free Asia e Voice of America son dúas das ferramentas con financiamento estadounidense que furan no espazo radiofónico e audiovisual chinés xa desde hai anos, achegando perspectivas diferentes ás estabelecidas polo goberno daquel país. Desde hai tempo, outro dos obxectivos da cobertura destes proxectos é o Tíbet, ocupado por China desde mediados do século pasado, e a propia administración chinesa despregou estacións de interferencia para limitar o máximo posíbel a recepción destes programas.

Esta semana, Radio Free Asia e Voice of America serán apenas dúas das oportunidades que os tibetanos terán para saber da medalla de ouro que o congreso estadounidense lle concederá ao Dalai Lama. En plena semana de celebración do XVII Congreso do Partido Comunista da China, o executivo chinés xa expresou o seu desagrado co recoñecemento outorgado ao Dalai Lama, quen desde os Estados Unidos lle quitou importancia ás queixas chinesas e, en declaracións aos medios, aproveitou para subliñar que no momento actual aposta por unha autonomía completa para o Tibet e non pola independencia.

Recomendámoslles as webs do goberno tibetano no exilio, Free Tibet e Tibet.org.


5/5 (3 votos)


Comentarios (3)

baltar69 #1 17/Outubro/2007 baltar69

bueno, home bueno, aviados van os tibetanos si buscan informarse ca fox, ca cnn ou ca voice of america. era boa si colara! e sopoño que aviados van tamén si aspiran a ser gobernados pola non sei cantas reencarnación do gran lama. pachanga e pandereta.

Ghaviotero #2 17/Outubro/2007 Ghaviotero

Zapatero dixo que a súa política exterior velaría polos dereitos humanos: e un carallo! Cando foi o Dalai Lama a Catalunya non o recibiu, cando vai a Rusia non lle di ren a Putin sobor Chechenia...

eugalego #3 17/Outubro/2007 eugalego

Galiza esta co Tibet.

INDEPENDÊNCIA E SOCIALISMO PRA TIBET E GALIZA!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: