Na Coruña iniciará este mesmo mes a ex socialista a procura de apoios para o seu novo proxecto político.
"Unión, Progreso y Democracia", a marca baixo a que a ex deputada socialista Rosa Díez aspira a conseguir representación no Congreso, inclúe a Galiza entre os lugares onde aspira a organizar a súa estrutura de partido. A formación conta xa no país cunha "coordinadora territorial", desde onde aseguran que o crecemento no número de afiliados "superou e rebordou as previsións iniciais". Consideran os promotores de UPyD que isto é resultado do "desencanto e falta de resposta que encontra o electoral galego entre os partidos tradicionais".
A UPyD estaría nese momento organizando os apoios recibidos e recollendo as inquedanzas dos potenciais simpatizantes. Malia que a Plataforma Basta Ya, na inercia da cal se está despregando o novo partido, tiña febles apoio en Galiza, a UPyD inicia a súa procura oficial de apoios pola cidade da Coruña, onde nas últimas eleccións municipais a saída de Francisco Vázquez deixou o escenario máis atractivo para as formacións independentes que, aínda sen conseguir representación, apañaran máis de sete mil votos.
Contra os avances no autogoberno
Entre as prioridades subliñadas pola UPyD e incluídas no seu programa están a proposta de freo ás transferencias competenciais. Aínda por riba, este partido pide que mesmo se cavile a "eventual reversión dalgunhas competencias xa transferidas". De xeito específico, solicitan a reforma da Constitución e a modificación do sistema electoral estatal coa fin de pecharlle as portas do Congreso aos nacionalismos periféricos.
Unión, Progreso y Democracia convocou para finais de outubro un acto oficial de presentación do proxecto. Será na Coruña, na tarde do día 31 e no Pazo de Congresos e Exposicións, coa intervención prevista da líder da formación, Rosa Díez.
O movemento é visto en Galiza entre a desconfianza e a curiosidade desde o contorno de PSOE e PP, partidos aos que a nova formación aspira a rabuñarlles apoios da saca electoral. Con todo, desde o ámbito do PSdeG semellan non estar moi interesados polo eco que en Galiza poida ter o discurso de Rosa Díez. Máis preocupación habería nos cuarteis do PPdeG, onde si existiría a percepción de que no ámbito galego pode erosionar o apoio ao PP dalgúns sectores. Con todo, desde o contorno da formación non lle prognostican á UDP a menor posibilidade de éxito no país.
Pois a quen pode prexudicar é a PP e PSOE quitandolle uns votiños estratéxicos. Veremos a cal dos dous lle quita máis....
Lle quitará máis ó PSOE. Iso sería bó se o PSOE gañase pola mínima. Con estes non pactaría, nin co PP, e tería que apoiarse nos partidos nacionalistas e EU.
Porén, como gañe o PP, pódese ir todo ó carallo. Teremos unha sorte de estado policial contra o independentismo, os estatutos serán recurtados (os cataláns poden ir esquecéndose do Estatut, e galegos e vascos seguiremos a agardar polas competencias pendentes), ensino do castelán máis imposto, e incluso se descoidámonos, modificación da lei eleitoral.
Movilización da esquerda e nacionalistas! Fronte Popular II xa!
Teño unha dubida respecto a este novo partido xa que non teño claro onde se situa, se a dereita do PP ou no mesmo ambito. Polo seu discurso, a pesares de ser unha ex-socialista, parece un partido similar o PP, polo que en principio podería quitarlle mais apoios a este, aínda que nunca se sabe. Quizais estea facendo votos, intentando erosionar o PSOE, para entrar pola porta grande na equipa dun posible goberno do PP.
Ah, ¿entón o Psoe non é un partido de dereitas? pois a min que me expliquen as diferencias nas políticas económicas do PP e do Psoe.
A quien perjudica mas es al Psoe sino ¿porque creeis que rescataron a bono? para recoger el voto catolico españolistas
consello para rosa: vai dar unha volta por América, a ver se che votan os mortos, ou se dun voto fas tres, ou se nacen votos como a mala merda, ou se che votan os que nunca votaron nen votarán, ... porque non vai ser nada fácil que che vote alguén.
Embora possa parecer que este novo partido vai-lhe fazer dano ao PP e o PSdG, acho que este facto é irrelevante e que muitos socialistas e populares, mesmo nas altas esferas, celebrariam um triunfo dos de Diez como algo próprio: esse sucesso havia-lhes de prover a bandeira que lhes cumpre para engordar nos seus partidos uma linha mais concordante com sua ideologia centralista e neo-liberal. Navarra não tem de ser uma excepção
Fago unha porra para o partido ese; Non saca un só deputado/a, xa non en Galiza, en ningún sitio.
Este partido é un verdadeiro perigo. Este si que é o inimigo; esperemos que non saque ningún diputado porque senón estes poden facer moito dano aínda que sinceramente por agora non son temíbeis en Galiza porque son moi minoritarios (máis ben inexistentes).
Teremos unha sorte de estado policial contra o independentismo, os estatutos serán recurtados (os cataláns poden ir esquecéndose do Estatut, e galegos e vascos seguiremos a agardar polas competencias pendentes), ensino do castelán máis imposto, e incluso se descoidámonos, modificación da lei eleitoral.
E LOGO AGORA, QUÉ É O QUE TEMOS?? É MOI DISTINTO?
¿Repelús, zus? ¡Ah, es cierto! Que a vosotros los que no os dan repelús son los De Juana Chaos y compañía...
non,ti tb m das bastant repelús....por certo estou agardando por ese café ..COBARDE
Non aparecer por aquí. É a mellor estratexia, se queredes salvar o cu.
Eu creio que o PSOE vai ilegalizar as listas o partidinho este...
Entre os seus membros há ex-terroristas do fraquismo e dos GAL, estão finaciados ilegalmente pelo seu entorno AVT-BastaYa-Foro de Ermua-OPUS DEI, etc, etc
Esta saíu no programa da Ana Rosa Quintana. É tremendamente españolista. Este partido é coma o PSOE pero en plan reaccionario españolista... Moito ollo con eles!
Pola Base oponse a que o BNG escolla o candidato á Xunta nunha asemblea de delegados
Edición xeral
Medio Rural pide aos gandeiros e á industria un compromiso decisivo cos contratos homologados
Edición xeral
Vidal-Quadras critica as chiscadelas de Rajoy cos "independentistas suevo-celtas"
Edición xeral