A Xunta agarda que este recoñecemento por parte da Unesco favoreza o desenvolvemento económico e social da zona, onde viven unhas 35.000 persoas.
Varios centos de persoas desprazáronse este sábado até a localidade de Castropol (Eo-Navia) para participar nos actos de celebración da designación, hai pouco máis dun mes, da zona do Río Eo, Os Oscos e Terras de Burón como Reserva Mundial da Biosfera pola Unesco.
O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, preside os actos xunto co titular da Comunidade Autónoma de Asturias, Vicente Álvarez Areces. As dúas delegacións déronse cita primeiro en Ribadeo (A Mariña Oriental), e posteriormente en Castropol para celebrar o recoñecemento co que esperan favorecer o desenvolvemento económico e social da zona, onde viven unha 35.000 persoas.
Areces e Touriño atopáronse en metade da ría do Ribadeo, na liña que divide os concellos de ambas as dúas beiras, á que chegaron en sendas embarcacións que saíron ao mediodía dos portos de Castropol e Ribadeo.
Tras un breve acto na vila occidental, ambos os dous presidentes regresaron en autobús até á beira oriental, onde estaba previsto que tivese lugar o acto central, coas intervencións do alcalde de Castropol, Xosé Anxo Pérez García, e mais de Touriño e de Areces.
Ademais do acto político, Castropol acolle hoxe un mercado tradicional en que se trata de reflectir a vida das comarcas veciñas a principios do século pasado.
Oscos? Vieiros deturpación!! :)
En galego é OZCOS, a ver se nos enteramos.
E que pasa co alcalde de Ribadeo, tamén anfitrión, acaso non falou? Pois fíxoo moi ben, até falou da lingua que une ás dúas comarcas: O GALEGO. Que cara lle quedou a Torito e a Areces e os catro alcaldes eonaviegos contrarios á reserva...
Por certo, o pé da foto tamén está deturpado: SANTISO DE ABRES. E que non dades unha.
se esta haciendo un buen trabajo en recuperacion de la toponimia en todo asturies;y como no podia ser menos,tambien en el occidente de asturies,en su fala,y ozcos es asturiano occidental o fala del eo-navia,fala que ya tiene aprobado su normalizacion de acuerdo con la oficina para el occidente asturiano,por la academia de la llingua asturiana,que es la que tiene capacidad normativa en todo el territorio asturiano...y los demas en el suyo....