Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O debate pendente

"Batalla" para frear o voto dos netos de emigrantes en autonómicas e municipais

Anxo Quintana subliñou que quen "non vive nin traballa nin pensa facelo" en Galiza non pode decidir alcalde ou presidente.

Redacción - 09:00 22/10/2007

A chamada ao consenso aínda que sen prazos nin propostas concretas comeza a tomar forma lentamente nos discursos dos líderes políticos. O vicepresidente da Xunta e voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, expresou este domingo a súa disconformidade coa posibilidade de que os netos dos emigrantes poidan votar en todos os comicios que se celebren en Galiza.

Nos micrófonos da Cadena Ser, Quintana anunciou que o BNG dará "batalla democrática" para que a participación electoral dos netos se restrinxa aos comicios xerais. Na súa opinión, o voto emigrante debera cinguirse a unha "circunscrición propia" con representación a nivel estatal, evitando que o sufraxio emigrante inflúa na elección de alcaldes e presidente da Xunta. Na opinión do líder nacionalista, o contrario sería "un escándalo antidemocrático". "Está en xogo a credibilidade democrática do modelo electoral", expresou Quintana.

"Eu teño familia que vive en Estremadura que ten casa en Allariz, que pagan impostos aí, que veñen de vacacións sempre que poden e que non elixen o alcalde", apuntou ao respecto. Nese sentido, opinou que sería "lóxico" que tampouco o fagan persoas "que nin naceron, nin teñen casa en Galiza, nin pensan volver".


4,73/5 (11 votos)


Comentarios (17)

karolo #1 22/Outubro/2007 karolo

Concordo totalmente con Anxo Quintana. Aqui na Gran Bretanha perdese o dereito a votar nas municipais despois de seis meses de non vivir nun sitio, e a xente que esta fora so ten dereito a votar nas xerais.

Gaviotero #2 22/Outubro/2007 Gaviotero

Pues yo también estoy bastante de acuerdo, aunque en el caso de Quintana se deba exclusivamente al hecho de que apenas rascan bola entre los emigrantes.

Pero es curioso que yo si estuviera censado en Madrid o en Barcelona no podría votar en las gallegas (aunque pasara aquí varias temporadas al año o incluso todos los fines de semana, etc.) y sin embargo viviendo en Caracas y sin saber ni siquiera dónde está Galicia sí pudiera votar.

gaviotera #3 22/Outubro/2007 gaviotera

traidor, de acuerdo con Quintana, nunca!!! ni en el color del caballo blanco de Santiago!!!

Gaviotero #4 22/Outubro/2007 Gaviotero

No...es que es él el que está de acuerdo conmigo, gaviotera.

carlosroca #5 22/Outubro/2007 carlosroca

Este lamentábel enxendro inventado por PP - PSOE vai levar a que os que vivemos na Galiza teñamos cada vez máis influenza na Nosa Terra...

Xa nin vou perder un segundo en razonar e expor como funciona o sufraxio e as súas incoerencias. Emigrando á España non tes direitos como "sufraxista" galeg@ namentras quen non naceron por acó, nin seus pais poderán decidir.... nin nos máis lixerxicos delirios :-(((

eugalego #6 22/Outubro/2007 eugalego

E despois criticam a Putin e a Rússia por falta de democrácia, manipulaçom, dereitos humanos, "pucherazo"... hai que ter colhons.

NENHUMHA AGRESSOM SEM RESPOSTA.

Anxo #7 22/Outubro/2007 Anxo

En primeiro lugar creo que o estatuto de cidadania debería rematar como moito nos fillos de emigrantes nunca nos netos, pois estes xa estan pouco vencellados ao pais de orixen do seus avós.
En segundo lugar penso que non debería votar nas eleccións municipais, pero si poderían nas eleccións autonómicas e xerais, e máis penso que deberían ter un candidato específico para eles, que os representase en cada parlamento.

mceleiro #8 22/Outubro/2007 mceleiro

E Touriño? Que diz Touriño?

Barcelos #9 22/Outubro/2007 Barcelos

Eu coido que nin sequera deberían de poder votar os propios emigrantes, mentres sexan emigrantes. Só deben de poder votar os residentes, sexan da nacionalidade que sexan.

Sería máis xusto e ademais máis barato e máis sinxelo o reconto.

Barcelos #10 22/Outubro/2007 Barcelos

Ademais estou de acordo con Quintana, pero nunca estarei de acordo con Gaviotero.

Jatopardo #11 22/Outubro/2007 Jatopardo

Agora á nacionalidade vanlla a dar aos netos dos emigrantes, pero unha vez acadada a nacionalidade, estes netos van poderlla pasar aos seus fillos (é dicir, bisnetos do emigrante galego), e estos aos tataranetos... Co cal, por exemplo, dentro duns anos, un arxentino que non pisara a nosa terra, vai poder elexir en Galicia aos nosos representantes polo simple feito de un dos seus 16 tataravós foi emigrante galego.

E por suposto, vai chegar un día, en non moitas xeracións, en que haberá máis galegos fora de Galicia que en Galicia, e se chegan a poder votar desvirtuarán completamente a vontade dos galegos que vivimos aquí.

Polo tanto, o meu apoio á petición de Quintana.

Barcelos #12 22/Outubro/2007 Barcelos

Gaviotera acerta ao chamar traidor a Gaviotero. É un traidor a Galiza. Demostrouno ao longo destes meses cos seus comentarios anti-Galiza. Ten fobia nacionalista e ve nacionalistas por todas partes. A pesar diso segue aí dando a vara. Será masoca...

A2b2 #13 22/Outubro/2007 A2b2

... o que queira votar en Galicia, que kurre en Galicia! (... e como diría don Manuel ..... "y punto")

Gaias #14 22/Outubro/2007 Gaias

O BNG non ten votos emigrantes, simplemente pq os emigrantes so votan tendo en conta as pensions,sanidade,etc e todo iso o paga o estado, e dicir, o partido de turno que goberna en Madrid. Esta demostrado que sempre arrasa con este voto o partido que esta gobernando no estado, e ten as embaixadas.
Eu estou totalmente en contra deste voto, pq estas xentes non residen aqui, non pagan impostos, non coñecen a nosa realidade social, a xestion dos politicos,etc. Ademas non votan coas mesmas garantias que os que si vivimos en Galiza.
Al ata votan os mortos.
En ningun pais se viu algo asi, moito menos paises cunha gran colonia emigrante. O que sexa galego e queira votar, que o demostre pagando impostos ou residindo en Galiza.Senon que voten nas eleccions do seu pais de nacemento, ou do contrario eu tamen quero votar na Arxentina, Suiza, Venezuela,etc.

COUTOVEN #15 23/Outubro/2007 COUTOVEN

Particularmente sempre pensei que non é recomendable por inxusto, que unha persoa decida sobre o goberno dunha comunidade cando os seus vínculos coa mesma sexan difusos ou practicamente inexistentes.

A miña opinión é a dun fillo de emigrantes que aínda que mantén un contacto regular e ten intereses persoais en Galiza entende que isto lle dá dereito a moitas cousas. Pero non ao exercicio electoral sobre os representantes políticos a nivel de alcaldías ou cidades. Iso si, conservando certo poder de decisión en eleccións da comunidade autónoma (xerais) e nacionais.

Isto en se non é unha renuncia a un dereito xa que no momento que o emigrante trasládese a calquera parte do territorio Galego e téñase unha residencia non menor a 6 meses. Podería exercer plenamente os seus dereitos electorais.

Os políticos de todas as tendencias teñen que ser moi serios á hora de pór nunha balanza a petición dos netos de españois a optar pola nacionalidade española e a capacidade da economía para absorber esta potencial avalancha de persoas con intereses máis de corte laboral que dun verdadeiro sentido de pertenza nacional.

Eu penso que o tema electoral é importante e que sempre se manipulou o voto emigrante. Pero aumentar o censo electoral no exterior a expensas dos netos dos emigrantes pode ser contraproducente para a economía a futuro.

Inxel #16 23/Outubro/2007 Inxel

O voto de persoas que, como os netos dos emigrantes, son alleas á sorte de Galiza non é só antidemocrático, senón unha burla grotesca, cínica e irracional á dignidade dos galegos que loitan nesta Terra por unha política limpa e clara. Tamén é unha intromisión descarada e inaceptábel na vida psicolóxica colectiva dos galegos na súa vertente política. Estas "rodas de muíño" son intragábeis para calquer persoa que respire nun ambiente minimamente democrático. Eu non acepto que alguén ao que lle importa un calacú a miña vila ou a miña cidade me impoña co seu capricho un alcalde. O mesmo opino no plano das chamadas eleccións autonómincas. O voto de que falo é pura inflación. Inxel.

outrolector #17 23/Outubro/2007 outrolector

Concordo ao cento por cento co que escribe Inxel, e penso que o mal menor sería esa "circunscrición propia" con representación a nivel estatal.

Este debate é surrealista xa de partida; unha vergoña para este pais xa bastante escarallado. E non se trata de desprezo aos emigrantes, en absoluto. Trátase de sentido común, de que cadaquén participe no goberno do seu contorno, do pais no que vive e traballa.

E qué di Touriño? Que din os falsos e sectarios?
Pois calan caladiños, pois a vergoña lévase mellor ven con beneficio electoral.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: