En resposta a unha pregunta do BNG no Parlamento, o ente público galego asegura estar adoptando medidas ao respecto. Os nacionalistas apostan por unha nova Lei da compañía que normalizace o uso do galego.
O BNG avoga, ante a perspectiva da reforma, que a nova Lei de Compañía Radio Televisión de Galicia (CRTVG) recolla un instrumento ao servizo da normalización do galego co obxectivo de paliar a "mala calidade lingüística" dos profesionais que traballan no ente público.
O coordinador do grupo parlamentario do BNG, Bieito Lobeira, fixo esta proposta á vista da resposta remitida pola dirección da CRTVG a unha pregunta do deputado, na que se puña en dúbida a calidade e a capacitación lingüística dalgúns presentadores do medio público.
A resposta da compañía: "a capacitación lingüística ten que mellorar na CRTVG"
No seu texto, a dirección da CRTVG recoñece que o panorama ao respecto da calidade da lingua entre os profesionais é "manifestamente mellorábel", -"a calidade e maila capacitación lingüística, en xeral, teñen que mellorar nos medios de comunicación públicos galegos para cualificala de óptima"-, e lembra que se trata dun problema "herdado" do pasado, debido, sobre todo, aos procesos de selección de persoal "non axeitados" e á "excesiva temporalidade" dos traballadores, que os novos directivos ían contratando por medio de empresas de traballo temporal (ETT's), sen pasaren as probas lingüísticas de acceso.
A todos estas eivas, din dende a CRTVG no seu escrito, estanlles facendo fronte mediante a adopción de medidas diversas, como a de "ser máis rigorosos á hora de levar adiante as próximas ofertas de emprego, -a última é de 1992-" para conseguir que "o persoal da CRTVG acredite o seu pleno dominio oral e escrito da lingua naquelas categorías profesionais que así o precisen".
A dirección do ente público tamén salienta a posta en marcha dun Servizo de Normalización, incluído no organigrama da Compañía, para poder unificar criterios e optimizar o traballo dos xornalistas, xa que, segundo a propia compañía, "tal área de responsabilidade non existía na estrutura directiva da CRTVG, de xeito que os lingüistas que traballaban na CRTVG e as súas sociedades dependentes levaban a cabo o seu labor sen ningún tipo de dirección e coordinación", cousa que, segundo din, mudou en outubro de 2005 coa chegada da nova directiva e o nomeamento dun responsable nesta área de traballo.
Tamén comentan que están a mudar a precariedade laboral dos lingüistas e que agora están a traballar na elaboración dun novo manual de estilo, a posta en marcha na súa web dunha páxina de recursos lingüísticos e a elaboración dunha base de datos léxica, un nomenclátor. Tamén comentan que arestora, após os programas de deportes e informativos da TV, dos programas da radio e das conexións en directo dos dous medios estanse a facer correccións do código lingüístico dos xonalistas.
Regular a calidade lingüística cunha nova lei
Para Lobeira o recoñecemento dos problemas lingüísticos por parte da CRTVG e o proxecto de creación dun instrumento de normalización é un paso importante, mais considera que este tipo de actuacións e outra serie de compromisos concretos a prol da calidade do idioma e da súa normalización deben estar regulados dalgún xeito ou incorporarse na nova Lei.
O deputado anunciou que o BNG vai traballar nesta perspectiva e vai facer un seguimento dos traballos que xa se están a realizar para mudar esa situación de "mala capacitación lingüística en xeral" dos medios de comunicación públicos galegos, tal e como recolle a resposta do ente público.
Por non falar dos propios militantes do BNG. Falarán mellor ou peor pero ningún respecta o estándar da RAG. Moita teoría de normalización lingüística e pouco poñela en práctica polos seus militantes. Uns son hiperenxebristas, outros reintegracionistas, outros lusistas, etc, etc... ninguén vos pide que pensedes tanto.
Eu quero unha lei que normativice as falas dos militantes do BNG. Quero que falen "normativo" e que non empreguen palabras obsoletas propias de variantes diacrónicas completamente desfasadas como "dicer", "escreber", "ren" e ese tipo "old-fashioned words" como din os "scholars"...
haha!!!
XDDD
Exacto, Castrexo, por non falar dos propios militantes do BNG. Concelleiros, deputados, Quintanas e similares, aos que se lles pode aplicar o mesmo que se critica para os locutores da TVG.
FÓRA O QUINTANA XA DA DIRECCIÓN DO BLOQUE!!
pois o que está desfasado é o tal castrejo, pois esas palabras han viver máis tempo que el, pois viven en boca de moçambicanos brasileiros, angolanos, portugueses, e tetñen muitos máis filhos que o castrejo, que é filho de franco e de todos os que este deixou mandando cando por fin morreu, pena foi que non o mataron.
Pois logo xa atopamos a solución ao enigma, o culpábel da situación é o bloque.
Primeiro que si eran os isolacionistas, logo os reintegracionistas, e agora xa se puxeron de acordo uns e outros.
Son os do bloque os que están acabando co galego.
Non é que parte seus cargos públicos falen mal, que teimen nos mesmos erros desde hai anos, que non teñen a ver con cuestións normativas.
O problema nos residuos daquela norma de concordía que non era oficial, manda truco!!.
Desde logo que mentes máis trapalleiras :-))
A estas lesmas non se lhes ocorre criticar o espanhol dum cubano ou andaluz ou mexicano ou extremeiro, cando nom usam o espanhol estándar ou normativo, porque tenhem dúas varas de medir. Ademais de burros som "malintencionados". O único que os pode desculpar é terem ido pouco á escola. Mais ...,seguro que nom é iso, o máis probábel é que non lhes aprovitou nada, nem para ser respeitosos co que nom é como um, nem para ser humildes nas súas ignoráncias. Con catro cousinhas que sabem pensam que outros tenhem umha palhinha no ollo mentres eles tenhem un toro.
E despois pom catro palabrinhas en "injlés", sem saber que nesa lingua nom hai umha "real academia" que normativice nada.
"¿Son molinos o son gigantes?", que má é a ignorância!
Polo menos os militantes do BNG tentan falar en galego, sexa cal sexa. Os traballadores da TVG, que cobran dunha empresa na que entre os seus estatutos figura a obriga de "defender a cultura de Galicia" non usan o galego fóra de antena. Mesmo hai xentes que escriben en prensa grazas ao seu cargo na TVG ou a aparecer en pantalla e que despois non escriben en galego. Beatriz Manjón, nun exemplo "vulgar" e Eduardo Galán, nun exemplo "culto" son simplemente un par de exemplos. Despois podemos analizar ás Yolandas Castaños que se lles vai ao galego, e aos Superpiñeiros que nas "tomas falsas" aparecen falando en castelán, porque é o que falan de seu. Televisión de Galicia é unha gran decepción.
Locutores e presentadores ben poden ir a unha INMERSIÓN no interior (tamén polo litoral non urbano) de Galiza, para aprender os mínimos esixibles en PRONUNCIACIÓN.
A min o que se me ocorre criticar son as disertacións do rober. Son os textos máis burdos e máis anormalizados que vin dende que estou en Vieiros rexistrado.
Por que non vas para a escola aprender a escribir, ho? Boa falta che fai.
E dá clases de lingüística e literatura que tamén che ían vir ben.
E procura de agora en diante comentar sen faltarlle á xente e non calificar os cidadáns favorables ao independentismo que non son reintegracionistas coma min de franquistas só polo simple feito de que non pensemos coma ti/vós en materia lingüística.
Ese é o voso argumento, home, non tedes outro. Pretender apoderarvos do xenuíno e máis ortodoxo nacionalismo galego como se dunha relixión se tratase sen tolerar a liberdade de pensamento e calificando de franquistas aos "herexes" do voso presumiblemente ortodoxo nacionalismo galego.
Franquistas sodes vós, reintegracionistas, tan intolerantes coma ese caudillo (que eu felizmente non cheguei a coñecer) e que vexo que vos deixou traumatizados de por vida. Meus pobres!
Non che dá a cabeza de lusista que tes para argumentar outra cousa distinta? Iso xa o teño moi escoitado.
E sacade as vosas porcas mans de Angola e Mozambique. Países que teñen un riquísimo patrimonio lingüístico. É un crime falar portugués na "lusofonía"!
O_Castrexo:
«...uns son hiperenxebristas, outros reintegracionistas, outros lusistas, etc, etc... ninguén vos pide que pensedes tanto.
Eu quero unha lei que normativice as falas dos militantes do BNG. Quero que falen "normativo" ...»
A intervençom nº 1 de O_Castrexo é do melhor que tenho lido em Vieiros em muito tempo, comparável ao do «Chintófano espacial» e títulos do estilo. Ainda me dói o estômago de tanto rir.
Ninguém vos mandou pensar!!! Viva a ignorância e a submissom!!! Morra a inteligência!!!
Cada vez que O_Castrexo abre a boca ganhamos 10 militantes para a causa da língua. Continua por esse caminho, meu. De verdade que nom estás pago pola AGAL para fazeres o castrapeiro impenitente?
Pago pela AGAL?? Não!! Está pago pela AGLP!!!
;-)
Polo que vexo, para algúns o BNG estivo argallando no asasinato de Kennedy :-)
Ben, coido que na TVG o castrapo é soberano;por exemplo: falan de coches que "chocan" coma se foran pitas...
Ah! eu tamén digo dizer/cer e palabras polo estilo, e non penso que estou desfasado.
Pois estás si. Veña. A dar clases de lingüística e a ler moito sobre os estudos diacrónicos do galego e as súas diferentes e sucesivas etapas.
dizer => galego medieval.
dicir => galego contemporáneo.
É moi sinxelo. É como Barrio Sésamo. Estou seguro de que podedes conseguilo.
Se os galegos din que os coches "chocan" e o seu uso se extende vai a misa que os coches "chocan"! Os coches CHOCAN.
Estes pensan que unha determinada entrada só pode ter unha única acepción... Que lingua tan pobre esta a reintegracionada.
Veña a clases de diacróooooooonico!
Concordo consigo, piorno #11, este macarrilla, (nova entrada no galego "moderno" deste "senhor"), está de palhaço da corte para nos divertir...
Cambia de lição Castrapecho!!!!!!!! Não das para mais!!!!!!!!!
Os «coches chocan»? Chocam «huevos»? E tu em que «escuela estudiache»?
Nom sei porque escreves «galegos», lusismo ainda nom há tantos anos. O teu é «gallegos», que é o que diz o «puablo».
Castrapo ad infinitum. Desculpem, «ata o enfenito».
para o castrexo_ou porco celta como prefiras, deija de fazer o mestre de todo cristo e conhece a escrever ben os pronomes na tua intocavel normativa...EXTENDER-SE (nom "se extende")e que seja claro que nom som modelo pra ninguem pero nom aturo os listinhos e prepotentes, imbeciles e escuros. segundo a tua teoria o castrapo sera a normativa oficial da lingua galega dentro de vinte anos Se os galegos falan castrapo e o seu uso se extende vai a misa que os galegos falan castrapo...
Bos días, Galiza:
En primeiro lugar, gustaríame saudar a todo o mundo, pois esta é a miña primeira colaboración en Vieiros. Pero imos ao que nos interesa: Vós pensades que gañamos algo con enfrontamentos entre nós? O inimigo está fóra! "Divide e vencerás" é unha frase de hai moito tempo.
Outra vaca no millo.
Até agora só eran os lusistas a dicir que a culpa de todo canto mal había no mundo era dos oficialistas e estes dicindo que os reintegracionistas tiñan a culpa de todo, todiño.
Ben agora tamen a culpa e do BNG.
Por suposto os únicos que non teñen culpa de nada son o PSOE e o PP, claro.
A ver, mentres os galegos votemos (voten) maioritariamente ao PP e ao PSOE as cousas non van cambiar.
¡Que non é culpa da normativa!
Debemos ser o único caso no cal estamos máis ocupados/preocupados e gastamos máis enerxias en tratar problemas normativos que normalizar o idioma. E nas pelexas internas que en "sair fóra" a defendelo.
Por outra banda encantame o argumento de que o idioma o fan os que o empregan, pois logo se os queremos/preferimos dicir dicer acabamos sendo máis pois logo iso será o correcto, non é? :-)
Pois ala, a defender o galego por diante de debates bizantinos, adiante e teñan coidado aí fóra ;-) que está a cousa moi moi dura...
O único "porco celta" que hai aquí es ti carlinhos77. Outro lusista que insulta gratuitamente. Vós vos definides a vós mesmos, lusistas.
"Galego" non é un lusismo. O idioma galego como calquer outro idioma posúe a súa morfoloxía. O idioma galego non palataliza o "l" latino. Non dicimos "llatí" (cat), "allá" (cast), "llevar" (cast), "gallego/gallec" (cast/cat).
O noso idioma ten a súa morfoloxía flexiva. É incorrecto dicir "gallego" porque é incoherente coa morfoloxía. O correcto é "galego".
Os occitanos teñen a mesma conversa na Wikipedia. Como se di galego en occitano? "Galician" como en francés ou "gallec" en catalán? O correcto, tendo en conta a morfoloxía occitana, é dicir "galèc". Eles comparten ese trazo morfolóxico connosco. Non se palataliza o "l" latino. Tamén din "liura" (libre) en lugar de "lliure" (cat). Iso tamén é un lusismo en occitano?
Vós, reintegracionistas, que ides entender... se a vós a morfoloxía do galego impórtavos un pemento... Vós atribuídesllo todo aos lusismos e punto. Lusismos o galego terá como ten de todo porque o noso idioma é unha lingua moi rica pero non vaiades crer que "todo el monte es orégano"...
E concordo unha vez máis coa intervención do carlosroca. Esquecede o debate metafísico, defendede a lingua diante dos españois e NO NOSO PAÍS... e non en Angola!... Hahaha!! Sodes, reintegracionistas, uns personaxes simpáticos...
Unha pregunta, Castrexo:
De que promoción de Filoloxía es? Sen entrar en se estou de acordo co que dis ou non, vexo que polo menos tes coñecemento do tema que tratas, e iso é bo. Pero -e dígolle o mesmo ao teu "opoñente"- gañamos algo con descualificacións e sarcasmos? Eu penso que non. Mira, eu tamén estudei Filoloxía Galega e en tempos tamén me fervía o sangue con algunhas cousas; Ramón Lorenzo inflúe moito... pero tamén inflúe moito a sabedoría de José Luís Rodríguez, de Elias Feijó, etc. De todo o mundo se sacan cousas boas e malas, e penso que o entendemento mutuo é o único camiño que nos queda para que o galego, o galego-portugués, ou como lle queiramos chamar, vaia adiante. Mentres sigamos pelexando entre nós imos dados! Hai tempo xa che cheguei á conclusión de que a guerra é outra ben distinta. A miña opinión é que os tempos "aínda non son chegados" e que temos que buscar unha harmonía antes de falarmos de "imbéciles e escuros".
E o mesmo lhe digo ao companheiro Carlinhos77: a luta é contra o de fóra, nom contra o nosso.
DIXIT.
Vilagarcia: acho humildemente que o que se demonstrou nos debates dos últimos dias o tal Castrexo não tem, precisamente, muito conhecimento do que fala.
Repare também numa cousa: você fala de "influências". Diz que fulano ou mengano "influem" muito. Mas não se trata disso. O estudo de qualquer cousa não deveria ser um acúmulo de "influências", mas de CONHECIMENTOS e TEORIAS. A esse respeito o reintegracionismo tem bastante que dizer, só que não lhe deixam.
JL Rodrigues e E Feijó serão os reintegracionistas que há na faculdade de Compostela (que há algum mais que você esqueceu), mas se esses são os referentes, mal imos. Desculpe, há mais, e melhores.
O_Castrexo:
«Lusismos o galego terá como ten de todo porque o noso idioma é unha lingua moi rica pero non vaiades crer que "todo el monte es orégano"...»
:)
Pois nom, professor Castrexo. A palavra 'galego', que hoje todo o mundo admite, foi em tempos considerada 'lusismo' polos mesmos que tentam minimizar a língua. O que o povo dizia, segundo eles, era 'gallego'.
Igual que o plural 'animais', 'serviço', 'Galiza' e 'graças', flagrantes lusismos ainda nom há muito. Ou muitas outras palavras proibidas polo isolacionismo mais radical. Palavras todas elas, evidentemente, galegas, e que hoje, gente como tu, já nom discute.
E já que falamos em língua, recomendo este artigo de Joan Coromines:
http://www.agal-gz.org/modules...
Estes som Mestres, com maiúscula, e nom algumhas cavalgaduras que temos de sofrer.
Nada, non hai nada que facer con vós, eu me retiro de semellantes conversas...isto vai máis aló do cabreo...aburre!!
Eu me baixo deste tren de lerias de Bizancio, ala! hai quedades... eu marcho a ver se podo facer algo polo galego aí fóra, falando de dignidade, identidade e política, que vai ser ben máis útil... abur! ;-)
Amigo OBSERVADOR:
Ao que eu me refiro com o de influências é à grande luta do Professor Lorenzo contra os que, como tu, escolhedes outra normativa (é o teu direito, sem dúvida nenhuma). Dos Professores Rodríguez e Feijó o que eu antes destaquei foi o facto de eles espalharem o amor à lìngua portuguesa, mais nada. Isso foram as influências pessoais deles; pelo que respeita às teorias e aos conhecimentos, celebro que também os tenhas. Repito o mesmo: A GUERRA É COM OS DE FÓRA!
Pois si, a ver se cumpren eles mesmos o seu lema. Eu o máis que vin foi un Gadis onde a rotulación estaba en bilíngue, e tristemente era primeiro en castelán e despois en galego.
De todos xeitos non cometamos o erro de criticar máis aos que fan un pouco en galego que aos que non fan nada.
Ah, e por certo, a ver se poñen a páxina web en galego, pero por favor non feita por un traductor automático. Daquela case prefiro lela en castelán.
Perdon, equivoqueime de foro, eu deste xa liscaba. Súmome ao dito por carlosroca no #30.
Para O_Castrexo:
A xente na Galiza tamén emprega palabras coma "taller", "tenedor", "alegria","ladrillo"... Son correctas? Convertemos o que un determinado tipo de galegos emprega decote coma norma ou voltamos/apresentamos as palabras e expresións correctas.
Dígocho porque os meus pais son da xeración da perda masiva de termos e eu escoitaba á miña aboa empregar termos coma "dicer" e outros, e lembro, que cando comezou a existir programas audiovisuais en galego e empregaban determinadas palabras e termos, ollaban un cara ó outro afirmando "mira, falan coma fulano de tal, e nós riamos de el".
Quizaves eu son moi medievalista... pero para min chocar e bater son cousas distintas
por favor, crunha , non inclúas ao "castrejo" cando fales dos que defendemos a lingua galega
Se os denominados "profissionais" são escolhidos justamente porque carecem de "acento gallego"; um número indeterminado deles são de militância claramente não galega; se os seus assessores "linguísticos" atendem sobretudo à não "contaminação" do "galego" pelo português; se a TVGa é mais sucedâneo de telemadrid ou telesur ou...; se a programação "passssssssa" do Galego e dos galegos soberanamente (estamos num reino... deliz); se programas como o dos Tenechos "escaralha" generosamente o Galego utilizado sob pretexto de serem "populares" (ou PoPulares?), se... Que se pode esperar em prol da "normalización" (nem penso em normalização!) da "lengua propia de Galicia", mesmo definida desde o mais restrito "isolacionismo"?
A TVGa está a a ser um dos mais eficazes instrumentos de desgaleguização galopante... Quem e que sai beneficiado?
E quando é que estuda inglês o_castreXo? Ou é que por defender o "galego-coma-ti" já lhe dão o "aprobado"?
Eu, que vou velho, já tenho aprovado tudo o preciso para cobrar o máximo possível nesta vida, mas o_castreXo? Confesso que ando preocupado com o porvir do rapaz... Tanto pensar e matinar e tão pouco estudar... Não acabará como um quixote inverso? Em vez de andante, será cavaleiro sedente, "amarrado al duro banco" do computador...
Ânimo, moço, que ainda és jovem (= xove). Estuda, faz-te homem de proveito e encomenda-te a Deus, bondoso, misericordioso, que nos ama a todos ternamente. Amém.
E digo eu: va-se ter também em conta a fonética? Porque nom só se trata de melhorar a sintaxe ou o léxico, postos a "galeguizar", galeguicemos o sotaque, um dos ámbitos nos que mais se sofre o castelhanismo e que passam mais inadvertidos, jà que na procura dumha variante "estándar" que entendam todos os galegos, estamos a falar em espanhol com palavras em galego/portunhol.
E por certo, os do BNG que se apliquem o conto, que jà pitam os ouvidos de tanto: "te dixen que fixeras isto".
E por certo, dirigindo-me agora aos senhores do ILGA e a todos os isoladores: voçês que dim que a língua deve ser escrita como o povo a falar, por que nom vam normativizando a próclise dos pronomes ou o teísmo (além de ser um rasgo dialectal)?
Reintegracionismo ou DEP.
http://farm1.static.flickr.com...
Rememos todos na mesma dirección.
Que falan mal na TVG?. Pois en Telecinco "falan ben de carallo" e non digamos nas outras.
Xa aprenderán
Aborrecedes a Deus!¡Aburrides a Dios!¡Aburrís a Dios!
Ce ang aprender?, prò se lèbang 30 anos! Se nunca se sabe se os fubolistas "tiran à pòrta" ou "tiran a pòrta". È ese sotace final de frase sèmpre pra riba? Fixèrong, estang a fazer e ainda bang fazer moito mais dano ò galego ou ò ce ceda del! Ó idioma pouko mal se je fixo deixando entrar nel palabras do espayol (martillo, pala, escoba, aier, hermano, Dios,gallego, solo, cuchara, etc,etc, etc) comparado co ce je estang a fazer nestes últimos anos na sua estrutura mais íntima è sobretodo na sua pronunzia è entoazong: estamos a asistir mèsmo à desaparizong do seu trazo definitivo. Os lòcutores da RTVG tèyeng culpa, por nong sereng conpetèntes, prò os mais culpábèis song os políticos, por os tereng colocados neses luhares. Seyoras e seyores, as palabras ainda se recupèrang cong bastante fazilidade, prò a pèrda dos xiros, a pèrda das 7 bocais, a pèrda da curba entoatiba è a sua altura, iso, cando se pèrde, podemolo dar por perdido (è cong el o idioma). Consehírono!!