Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A XESTiÓN DA CIDADE DA CULTURA

O cuñado de Rajoy négase a explicar como chegou a director económico do Gaiás

O PPdeG defende estaba "preparado de sobra" para ocupar o posto de alta dirección.

Redacción - 18:30 24/10/2007

Manuel Fernández Balboa, cuñado do presidente do PP, Mariano Rajoy, compareceu este mércores diante da comisión que investiga a Cidade da Cultura. A pesar das constantes preguntas de socialistas e nacionalistas, Fernández Balboa non deu explicacións de como chegou a ser director económico da Fundación Cidade da Cultura. Visibelmente nervioso, negouse a aclarar como se decatou da existencia deste posto de alta dirección.

Fernández Balboa estivo no cargo de director económico da fundación entre marzo de 2001 e novembro de 2005. En todo momento, sinalou que el estaba a ocupar un “posto político”. A pesar de que o deputado nacionalista Carlos Aymerich preguntou en varias ocasións se o acceso ao cargo tivera algo que ver co parentesco con Rajoy e falou dunha “trama económico-política”, Balboa limitouse a explicar como foi a súa saída da fundación.

O cuñado de Rajoy tampouco puido explicar como puido chegar ao cargo a pesar da escasa experiencia profesional anterior ao seu nomeamento. Para defenderse, Fernández Balboa asegurou que, logo do cambio de goberno, os novos xestores da Fundación Cidade da Cultura querían seguir contando con el. Aymerich asegurou que tan só se lle pedira que continuara mentres non chegaba outra persoa para ocupar o posto.

Pola súa parte, o deputado popular Ignacio López Chaves fixo unha defensa total do cuñado de Rajoy. Ao seu ver, Fernández Balboa estaba sobradamente preparado para ocupar o cargo porque era licenciado en Empresariais e tiña un máster. En canto á experiencia previa chegou a dicir que se non se lle daba non a podía ter debido á súa xuventude (29 anos cando accedeu ao cargo).

Na comisión tamén compareceu o que fora director xerente da Fundación, Ángel Currás, que á súa vez era irmán do ex conselleiro de Educación. Logo dos duros ataques de PSdeG e BNG pola multiplicación dos custes da obra, Currás asegurou que “nos proxectos de gran singularidade é moi complexo estimar o custo final do proxecto”.

Enfrontamentos

Máis aló das acusacións de nepotismo e desbalde, socialistas e nacionalistas mantiveron tamén unha dura pugna dialéctica co popular López Chaves. Este último defendeu a capa e espada os comparecentes e lanzou continuos ataques contra os partidos de goberno, especialmente contra o BNG. A discusión chegou a un punto tan disparatado que o deputado popular chegou a falar da relación da UPG con Herri Batasuna a principios dos anos 80. A presidenta da comisión, Ana Pontón, tivo que chamalo varias veces á orde.


5/5 (9 votos)


Comentarios (12)

ecoe #1 24/Outubro/2007 ecoe

É que non é capaz de explicalo, pois foi por ser o cuñadísimo. Mais qué terá que ver esto ca dirección económica? É por iso polo que non se dá explicado o meniño! (ler á galega)

Se hai malversación -e tanto que a hai-, igoal que o AVE, háina por xénese e concepción, per se.

Xabi1 #2 25/Outubro/2007 Xabi1

Chama-me a atención unha cousa: porqué os nosos deputados socialistas e bloqueiristas non lle preguntaron ao marido de Pilar Rojo pola súa declaración da renda, na que, á forza, teñen que figurar os emolumentos que cobrou por andar manchando os pes na lama da Cidade da Cultura?.

baltar69 #3 25/Outubro/2007 baltar69

eso,eso, que eu tamén vín a telesforo monzón
xantando empanada
na carballeira!!!
na carballeira!!!
na carballeira!!!
foi varias veces
a carballeira!!!
independencia
na carballeira!!!
os terroristas
na carballeira!!!
hamas, hizbullah, a eta
na carballeira!!!
o pkk, abu nidal
na carballeira!!!
o ira, os tupamaros, os da jihad
na carballeira!!!
abú sayyaf, alqaida, brigate rosse, a cna
na carballeira!!!
tigres tamiles, olp, black panthers, as farc-ep
na carballeira!!!
msln, baader meinhoff, sendero luminoso
na carballeira!!!
eln, ezln, grapo, mrta
na carballeira!!!
fp-25, septiembre negro, nuevo ejercito del pueblo, fplp
na carballeira!!!
mártires de al-aqsa, gia, resistencia mapuche, jemer rojo...
na carballeira!!!
os campións da liberdade
na carballeira!!!
amigo aznar, querido putin
na carballeira!!!
moshe dayan, lleoruvedoble bush
na carballeira!!!
o "tory" blair
na carballeira!!!
o zapatero, e alvarito uribe
na carballeira!!!
h.a. kissinger, jaroslaw kaczynsky, queipo de llano
na carballeira!!!
mr. wistoncherchil, e o degol,
na carballeira!!!
bettino craxi, e kurt waldheim, f.w. de clerk
na carballeira,
na carballeira,
na carballeira
manolo fraga
na carballeira.
oiches, né, e tí, con quen queres ir comer
á carballeira???

Gaviotero #4 25/Outubro/2007 Gaviotero

Yo os voy a decir cómo llegó...En coche.

teixugo #5 25/Outubro/2007 teixugo

Ninhada de RATOS!!!!!!!!!!!

Anxo #6 25/Outubro/2007 Anxo

Si Gaviotero, se te olvido En coche oficial, pois non ía ser menos que cuñado de Rajoy fose nun vulgar utilitario.

jujolor #7 25/Outubro/2007 jujolor

coma chego coma chegan eles con anos de traballo,estudos e moito moito esforzo, ahhh con total claridades todos eles son perfectamente "cualificados" pra o cargo.
iste e o pais que nos tiñan preparado.

SEMPRE EN GALIZA

carlosroca #8 25/Outubro/2007 carlosroca

E a falla de respeito de toda esta tropa, por non falarmos da súa ignorancia, ao teren falado todos en español.
E agora mesmo os deputados do PP, o Seño López Llaves co seu español de pandeireta e trapallada.
Lamentábel espectáculo....

aovellaquemira #9 25/Outubro/2007 aovellaquemira

O currículum do cunhado de Rajoy, passem e vejam:
http://www.escolar.net/MT/arch...

Gaviotero #10 26/Outubro/2007 Gaviotero

Núñez Feijóo defendió en todo momento la profesionalidad del cuñado de Rajoy, "economista y máster MBA" y recordó que el que ocupa ahora el cargo es "maestro". "No sé si es mejor o peor pero desde luego siempre le vamos a dar a los economistas algún conocimiento superior de lo que es la financiación que a un maestro", sentenció.

teixugo #11 26/Outubro/2007 teixugo

Da-me a mim o corpo que Feijooy,
vai ser tão presidente como Rajooy!


Ai se o cunhado fosse de Zapatero...

CUÑAAAAAAOH!!!

carlosroca #12 26/Outubro/2007 carlosroca

Si home si, agarradevos a cada trapallada....
O "mestre" ten experiencia de décadas en xestión e a formación continua e axeitada.
O cuñadísimo ten un MBA e foi becario... e que máis??? Notase que non se coñece como se dan os MBA´s....En fin... Desde logo os resultados demostraron pouca capacidade ou pouca profesionalidade.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: