O doutor Oliver Curry cre que a dependencia tecnolóxica e a selección da parella levará a un futuro de 'guapos' e 'feos'.
Oliver Curry, da Escola de Económicas de Londres, prevé que a Humanidade se dividirá en dúas subespecies dentro de 100.000 anos: unha clase alta e outra baixa, como acontecía na novela de H. G. Wells A máquina do tempo. O teórico en evolución cre que os seres humanos tocarán teito arredor do ano 3.000, para logo comezaren unha decadencia por mor da dependencia tecnolóxica.
A xente escollerá mellor as súas parellas, levando a Humanidade a se dividir en subespecies. Os descendentes da clase superior serán altos, delgados, sans, atractivos, intelixentes e creativos, mentres que a xente da subespecie inferior será fea e semellante a criaturas coma os goblins.
Segundo Curry, a curto prazo, dentro duns mil anos, os seres humanos evolucionarán até xigantes de entre 1,80 e 2,10 metros, cunha esperanza de vida de 120 anos. As diferenzas raciais neutralizaranse até unha Humanidade de cor café, os homes desenvolverán máis os seus rasgos masculinos e as mulleres os femininos, pero en 10.000 anos, a dependencia da tecnoloxía fará que a nosa xenética teña que pagar un prezo moi alto.
O visionario británico cre que iremos perdendo a capacidade de comunicarnos e interactuar, de sentir emocións como o amor ou a simpatía, de traballar en equipo... e tamén empeorará o sistema inmunolóxico.
Aínda máis cara ao futuro, a selección sexual acabará por facer que a Humanidade se divida en dúas subespecies: unha “grácil” e outra “robusta”, semellantes aos Eloi e os Morlocks da novela que publicou Wells en 1895.
Boh. Nunca se sabe o que pode pasar...
Seguro co primo de Rajoy ten unha teoria moito mais acertada, xa que non creo que se poida predecir nada con tanta antelación. Ademais queda a posibilidade de que para enton nin siquera exista a raza humana.
Posiblemente se lle preguntamos a Rajoy, a humanidade dividirase en mais subespecies, pero seguirá dominada polos que obstentan o poder,os seus cuñados e primos e algún parente mais.
E en qué falaremos? Coma Paco Vázquez pero con palabras inglesas por aquí e por ala?
Eu penso que pegados ao ordenador as 24 horas e completamente informatizados os humanos dos próximos séculos serán seres obesos, con problemas de atrofia muscular, problemas cardio-vasculares, problemas gordísimos na vista, sistemas inmunolóxicos moi deficientes e seres completamente asociais... Non podemos deixar que a informática ocupe o 100% das nosas vidas. É mala para a saúde. Hai que saír fóra facer deporte e hai que relacionarse coa xente.
Ademais, non coñecemos as condicións climáticas e ambientais nas que os seres humanos vivirán no futuro. Se non son favorables que esquezan o metro oitenta de media...
Pues claro que habrá dos humanidades. La raza sueva, superior por naturaleza y por su alimentación a base de albariño y empanada, con origen en Anxo Quintana, y luego todos los demás.
Mmmmm, albarinho e empanada... Eu apúntome a esa raza!
Pártome á metade da risa.
Non me chamaredes Rajoy se digo que iso paréceme unha estupidez. Polo menos esperade 100.000 anos para ver se me equivoquei.
Eu son máis optimista. Penso que a humanidade non durará máis de 100 anos a pesar de que a Rajoy non lle pareza importante o cambio climático.
Al Gore cobra 250.000 euros por conferencia, por dicir que nos queda pouco. Por iso el, quérese quedar con todo xa. Eu dígoo gratis.
Por certo ao científico esquecéuselle dicir se falaremos en galego.
A metade sí e a outra tamén.