O 28 de outubro de 1962 finalizaba un conflito entre os Estados Unidos de América e a Unión Soviética que puxo a humanidade ao borde dunha guerra nuclear.
Ese día, o líder soviético, o secretario xeral do Partido Comunista, Nikita Khrushchev, accedía a desmantelar todos os mísiles instalados en Cuba e levalos de volta para a URSS. Como contrapartida, o presidente de EUA, John Fitzgerald Kennedy, comprometíase a non invadir Cuba e a rematar co bloqueo naval imposto á illa.Finalizaba así unha crise iniciada dúas semanas antes, o 14 de outubro, cando un avión espía, o U-2, topou abondos mísiles nucleares con base en Cuba, suscpetíbeis de acadar os EUA. Unha semana despois, Kennedy enviou un comunicado á nación a través da televisión, denunciando as "accións soviéticas". Procedeu ao bloqueo naval de Cuba e ameazou á URSS con atacala se calquera mísil cubano era lanzado contra os EUA. Dende entón, o mundo estivo en vilo, preguntándose cal dos dous superpoderes sería o primeiro en botarse atrás, desexando desesperadamente que non significase o comezo dunha III Guerra Mundial. O 24. atopándose cunha enorme frota estadounidense que incluía oito portaavións e que arrodeaba 800 quilómetros da punta Leste da illa, as naves soviéticas deron volta.
Alivio, pero tamén rabia
A secretaría británica de exteriores recibira moi ben a decisión de Kruschev de desmantelar o armamento en Cuba e gabou as aptitudes diplomáticas de Kennedy. Mais China expresara rabia pola cesión da URSS, e dixo que apoiaría a Cuba contra vento e marea.
Pero o presidente de Cuba, Fidel Castro, criticou o feito de non ser consultado no acordo, e ordenou que lles fose devolta a base de Guantánamo, usada polo exército dos EUA, a fin do bloqueo económico, e que cesasen as violacións do espazo aéreo e naval.
Mais, 45 anos despois, o bloqueo non só non rematou, senón que aumentou coa administración Bush. Cuba enviou un documento á Secretaría Xeral da ONU, para o debate sobre o punto "Necesidad de pórlle fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos EUA contra Cuba", que se verificará o día 30. Na última votación, o bloqueo foi rexeitado por 182 países e apoiado só polos EUA, Israel, as illas Marshall e Palau.
Os soviéticos ben poideron reclamar, a cambio do desmantelamento, o territorio cubano de Guantánamo, da illa, roubado para sempre ca "Enmenda Platt" (acordo forzoso asinado de tal xeito que "si algún dos firmantes desexa renovalo, automáticamente queda prorrogado"). Eis nova proba, e histórica, da limpeza estadounidense na política exterior (tamén dita como "extensión dos nosos valores e a nosa democracia polo mundo", tal como acaba de vomitar esoutro día o inefable Bush).
parece constrastado que cuba pouco pudo decir sobre eses temas e que foron jrushchov e kennedy os que buscaron os acordos. e ese feito pesou sempre nas relacións entre a urss e cuba e pesou tamén no bloque comunista o feito de esta retirada.
seguramente, convertila illa nun punto avanzado da extratexia da dictadura do proletariado, suporía unha maior cautela por parte do imperialismo hexemónico nesa parcela do mundo e o intervencionismo ianqui podería verse reducido si algúns outros estados se achegaban a esa órbita e solicitaban tamén para os seu territorio armamento ruso. os soviéticos recibiron, a cambio, concesións xeoestratéxicas noutras áreas, pero o espíritu internacionalista do pcus quedou para sempre en entredito e iberoámerica quedou a merced dos inetereses do seu veciño do norte.
para o ver dos rusos, cuba estaba lonxe e non merecía o risco. foi esa unha grande equivocación e a doutrina da coexistencia pacífica significou, de facto, que a urss renunciaba á búsqueda da implantacón dun sistema social mundial. esa renuncia, ese enrochamento no conseguido até ese tempo, supuxo o inicio do desmoronamento do bloque oriental.