Máis de medio milleiro de persoas arrouparon aos tres veciños acusado de agredir a un axente nos momentos previos ao seu ingreso na cadea.
non coñezo a fondo o tema e non quixera pecar de falabarato, pero a idea que teño do feito é que foron os gobernantes quen non cumpliron os compromisos ( coma sempre, por outra banda ) e abriron un carril sen consenso ca cidadanía. os veciños concentráronse e o señor gobernador civil da época mandou á garda pretoriana en forma de antidisturbios a repoñer a libre circulación de persoas e mercadurías, como lles gosta decir, cecais sen decatarse que, como ben se sabe no resto dos fogares, estes esforzados gardiáns da orde e o progreso teñen por costume utilizar métodos pouco estimulantes para convencer a comunidades levantiscas.
é o de sempre. cegados polo poder e pola presión do cargo e sopoñendo sempre que o contribuinte porá o lombo humildemente antes de romper filas e meterse na casa rosmando, os responsables políticos encirran as súas huestes de desertores do arado contra o mesmo pobo que os lexitima. desta volta, xa digo que non coñezo os pormenores, un de eses hum, cómo chamarlle para que nengún membro da maxistratura poida tentar aplicarme a lei antiterrorista?, un de esos empecinados e celosos gardiáns da divina devoción, víuse perxudicado pola trifulca e sufriu severas lesións, lesións que parece ser están preparados para infrinxir pero non para padecer.
ahora, o dereito civil ven a condenar a ultraxe do axente, quizás por considerar que os do eixo se ensañaron en demasía con este pobre cidadán, anque a mín dame que os condenan por non ser máis mansos e non terse deixado mallar a pracer. por que si o exemplo cunde ( e eu no fondo así o espero ) e a poboación se volve máis fera ( e leda, como decía ferrín ), toda esta caterva de políticos e mantidos van te que bregar de moito carallo para manterse.
¿Medio millar de personas? Vaya, vaya...y luego hablan de las cuentas de manifestantes del PP. Allí había apenas un centenar de personas y gracias.
La historia es sencilla: tres delincuentes que lesionan a un policía, hasta el punto de dejarlo incapacitado para trabajar, tienen la suerte de contar con el apoyo de los de siempre, los amigos de los delincuentes, con Suso de Toro a la cabeza, y pidiendo su indulto mientras pasan olímpicamente de la auténtica víctima, el policía herido.
A la cárcel, que es donde deben estar para cumplir su condena.
Gaviotero non tes nin idea do que estas dicindo,haber se te informas un pouco
Gaviotero: son un "amigo de los delincuentes". Nunca pensei que poderías chegar a tanto. Por se había algunha dúbida, acabas de deixar claro a que calaña pertences.
Bo. As decisións xurídicas sempre terán quen non estea de acordo.
Se no xuízo escoitáronse todas as partes e non existiron ilegalidades. A sentenza hai que respectala por máis que cause dor.
Eu penso que ningún dos acusados actuou premeditadamente para causar un dano irreversible ao policía. Posiblemente foi unha situación desafortunada e como tal é posible que fose considerada como atenuante.
A comunidade ten o dereito a manifestar polo que considera xusto, pero só baixo condicións extremas pode tolerarse a violencia. Moito menos caer en provocacións que dean pé á represión, xa que este é un mecanismo comunmente usado por parte dos políticos para disolver os actos de protesta.
O perdón é sinónimo de humanidade e comprensión, Esta ten que ser a vía a ser percorrida para que estas persoas poidan adquirir a súa liberdade. Pero recordemos que o ben destes non ten que ser interpretado como impunidade.
Ninguén pode dubidar que a comunidade e as familias que coñecen a estes homes de toda unha vida acepten con resignación que os mesmos sexan condenados por uns segundos de cega violencia.
A xustiza non é un acto electoral nin pode ser posta en discusión baixo a forma de recolección de firmas, as cales son validas como sentimento de camaradería pero desvirtuarían o sentido de xustiza. Que aínda que neste caso pode ser xusto noutros podería constituírse nunha perversión do dereito.
todos sabemos que la policía no lesiona, son eses vecinos que son unos pegones
Non conhezo os pormenores do asunto, alguén pode explicalos sen demasiados xuízos de valor?
Tres personas son condenadas en sentencia firma por agredir a un policía que actualmente se encuentra fuera del servicio por la agresión.
Sus amigos querrían que no fueran a la cárcel y piden su indulto.
No se les da el indulto y van a la cárcel.
Mais bem:
Três vizinhos fazem justiça.
Devido a isso a JUSTICIA os "ajusticia" e mete-os no cárcere.
Centos de pessoas os acompanham: não querem essa JUSTICIA.
Conclusão moral: Não faças justiça, aqui manda só a JUSTICIA.
A cotío se nos fala de seguridade vial, de que corremos moito co coche, ... que si os puntos, etc, etc, etc. Na nosa rede de estradas, co noso particular xeito de asentarnos territorialmente, espallados e pegados as vías de comunicación, seguramente hai casos como os do Eixo (parroquia de Santa Lucía en Santiago) a moreas, unha parroquia divida en dous por unha estrada que soporta unha altísima densidade de tráfico, que non diminui pola apertura da autoestrada Santiago-Ourense. No Eixo non quedaron calados, sobre todo cando os dous carrís se transformaron en tres pola apertura dun para vehículos lentos. Para os que pasamos por alí habitualmente sabemos que non hai nin pasos de peóns nin semáforos nin nada que impida que os coches corran. Como dixen no Eixo, non quedaron calados e protestaron pola apertura deste novo carril, e no transcurso destas protestas "supostamente" tres veciños agrediron a un policía, e estes veciños, logo de anos de xuízos e apelacións teñen que entrar no cárcere (mellor dito a esta hora están xa no cárcere) se non o remedia un indulto do Consello de Ministros.
A xustiza é cega e non entra a valorar que os feitos se produciron por unha demanda xusta, que trata de imperdir que se produzan desgrazas persoais; é tan cega que un racista agrede a unha moza indefensa e está tan tranquilo bebendo cervexas no bar, mentras a víctima está no psicólogo.
O que lle sucedeu aos tres do Eixo non é casual, é un aviso a navegantes, para que a xente teña en conta a que se expón se protesta por unha reivindicación xusta, que, como dixen, trata de evitar males maiores; e a estas alturas, cos tres do Eixo no cárcere, xa dá igual que os Ministros de ZP teñan a ben, entre socavón e socavón, concederlle o indulto -que seguro que farán uns días antes das eleccións para que todo Santiago vexan os bueniños que son-; como dixen xa dá igual, porque hai tres homes no cárcere, mentres hai un racista solto. E podería dicir esa frase tan solidaria e tan manida, de que todos somos do Eixo, pero eles están no cárcere mentres eu estou na tranquilidade da miña casa, e eu só podo experesar o meu ánimo aos tres do Eixo e desexar que saian o máis axiña posíbel.
Como assistente ao acompanhamento dos vizinhos do Eixo, em nome próprio e em representaçom de "Esculca" (Observatório para a defensa dos Direitos e Liberdades), quero esclarecer alguns pormenores sobre a quantidade dos assistentes.Nom quero polemizar com o anónimo Gavioteiro, nom considero que pague a pena, mas si informar às boas gentes que nom assistirom. Os quatro grandes autocarros que saírom de Santiago foram insuficientes para as pessoas que queriam ir neles e tivérom que ficar em Compostela, alguns achárom acomodo em carros privativos. Carros privativo havia em Teixeiro nom menos de setenta. Fagam-se as contas pertinentes e poderá-se comprovar se é exagerado falar em mais de meio milhar de assistentes.
Xa tiñamos bastante co gaviotero e agora temos a gaviotera,vaia 2 jajaja
Eikí unha cronoloxía do que aconteceu:
14 de xullo de 1998: o Ministerio de Fomento quería ampliar dous carrís da estrada N-525, que une Compostela con Ourense. Os veciños do Eixo opuxéronse, porque nese tramo xa atropelaran a varias persoas, e ao ampliar aumentaba o perigo para os peóns. Na terceira manifestación organizada polos veciños houbo unha aglomeración de xente e varios policías resultaron feridos. A vítima deste caso foi o axente Luis Gómez Vázquez, quen, segundo o seu propio testemuño, foi operado "en varias ocasións" e dende aquela altura non volveu traballar.
No 2003: houbo un xuízo no que foron acusados seis veciños. Tres foron exculpados, mentres que Simón Márquez, José Moreira e Jesús Montoiro foron condenados a 7 anos de cárcere e a pagar unha indemnización de máis de cento cincuenta mil euros.
Nove anos despois (hoxe): os cidadáns do Eixo, de Compostela e de parte da comarca levan nove anos reclamando que os seus veciños non teñan que entrar no cárcere, mais a data sinalada é este martes.