Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Xornada "Medios de Comunicación e Conflicto"

Xuristas internacionais coinciden en denunciar a ilegalidade do peche de medios vascos

Expertos de universidades de todo o mundo sinalan que se violou a propia Constitución, ademais da Convención Europea de Dereitos Humanos.

Redacción - 09:00 06/11/2007

"Violan o artigo 20 da constitución por implicar como consecuencia práctica unha auténtica suspensión do dereito fundamental á liberdade de prensa, un dereito non suspendíbel agás en supostos de estado de excepción e sitio". Así o recolle a resolución asinada esta semana por un conxunto de expertos xuristas ao respecto dos peches de Egin, Egin Irratia e Euskaldunon Egunkaria.

A avaliación fíxose como parte do Plan de Acción en Defensa e Promoción dos Dereitos Civís e Políticos do goberno vasco. Convidados polo departamento de Xustiza, profesionais do dereito vencellados a universidades de Alemaña, Holanda, Estados Unidos, Arxentina, Chile, España ou Italia, analizaron as xustificacións legais coas que se procedera no seu momento ao peche destes medios de comunicación.

Os expertos resolveron tamén que se violaron os "artigos 10 e 15 da Convención Europea dos Dereitos Humanos, polo seu carácter desproporcionado ao existiren outras medidas menos gravosas e traducirse na práctica na disolución duns medios que non poderán volver ver a luz con independencia do resultado final dos procesos penais nos cales se adoptou a medida".

Poden ampliar en Deia: Un grupo de xuristas internacionais opina que o peche dos medios vascos viola a Constitución e Gara: Xuristas sitúan o peche de medios vascos á marxe da lexislación española e europea.


4,67/5 (6 votos)

Comentarios (8)

Mafalda #1 6/Novembro/2007 Mafalda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Viva o Estado Democrático e de Dereito!!! Onde está que non se ve?

crunha #2 6/Novembro/2007 crunha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Houbo moita xente que críticou o peche dunha canle de televisión por parte do goberno de Hugo Chavez, unha canle que, non o esquezamos, apoiou o intento de golpe de estado en Venezuela.
En España, por moito menos, péchanse médios de comunicación, e esta xente que critica tanto ao presidente venezolano, nestas ocasións non di nada.
Sobre os peches que se teñen feito no Pais Vasco, eu penso que é como se por que algúen vai, e pon unha bomba na cidade da cultura, houbese que clausurar "La Voz de Galicia" como inductora do atentado, polos seus constantes artigos en contra da obra.

OBSERVADOR #3 6/Novembro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

haha, essa foi boa, Crunha. Pois é.

Mas parece que ainda há quem duvida: será "bom" fechar esses meios, não sera "bom"?

E todos aqueles que denunciaram e denunciam a violação dos direitos fundamentais em Euskal Herria que? De onde tiram a sua força? São extra-terrestres? Sabem cousas que outros não sabemos?

Não. Mas aqui ainda temos muito que aprender.

baltar69 #4 6/Novembro/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

o peche dos medios de comunicación e a ruíña das suas empresas editoras levou consigo a desapación de moitos postos de traballo, ben sacrosanto no occidente capitalista. é indudable que todas estas actuacións foron abusivas e responderon máis a intereses políticos puntuais e megalomanías persoais que a outra cousa. e tanto eso coma a armazón que para os xuices constituiu a lei de partidos conforma un poder xudicial que está diametralmente enfrentado os principios básicos de convivencia que deben rexir nun estado democrático.

ecoe #5 6/Novembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O seu feche responde á estratexia de NEGACIÓN DA DEMOCRACIA, CONTROL DO PENSAMENTO (de titelaxe sobre o que se pode votar ou non, como do que se pode pensar, esto é, o que di a tv e os presidentes, ou non se pode pensar nin dicir).

Hai unha outra razón, a máis de base, que se dá no €$tado €$pañol que é o profundísimo e esencialmente constituínte NAZIONALISMO €$PAÑOL, abafante contra tódolos territorios onde non acadou a sua IMPOSICIÓN LETAL (exteriormente, acadado na América Latina ata ser expulsado, e interiormente, imposto a golpe de sangue, €xército policial e, con P, a súa Constitución "a única").

ecoe #6 6/Novembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A, con P, Constitución posfranquista bourbónica está tan ben amañada para unha minoría, a máis rica, que a violan os mesmos mandantes e os gobernos sempre que lles convén ós primeiros, de cuios intereses os segundos coidan, pesie o disimulo dos votos da maioría (non poseedora, traballadores) da sociedade.

A quén pode importar agora as violacións constitucionais feitas a favor dos que máis teñen e máis importan no €$tado €$pañol?

COUTOVEN #7 7/Novembro/2007 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Porque non lle preguntan a eses mesmos xuristas se son legais os argumentos do goberno Venezolano para pechar RCTV. Irrespetando o marco xurídico que regula a concesións radioeléctricas en Venezuela. Aplicándose soamente o artigo que manexa a cronoloxía do permiso pero brincándose á toureira o articulado onde se regulan os mecanismos de renovación.

O interesante é, que para algúns se un medio é pechado por un goberno que di ser progresista, socialista, defensor dos pobres. A pesar de ser dirixido por un militar golpista. É unha medida acertada. Pero se é de dereita pasa a ser unha acto criminal.

O problema é que mentres os medios incluído Vieiros respondan mais aos seus intereses políticos e non sexan consecuentes cos seus principios (Lean “Que é Vieiros”) pasasen cousas como no apartado dirixido a Venezuela, onde practicamente todos os titulares son a tradución ao galego da axencia bolivariana de noticias. E como exemplo sinalo unhas noticias importantísimas para a comunidade galega en Venezuela.

Sexan *Penn en Venezuela para coñecer ou proceso revolucionario

Ou presidente venezuelano recibe a modelo Naomi Campbell

Como verán nestas e polo menos en ultímalas 20 reseñas non se fala do que pasa coa comunidade galega en Venezuela e sobre a realidade do pais desde o seu punto de vista. Pola contra, asumen unha posición alienante que quen a le desde fóra pensa que este país é un paraíso tropical.

Por outra banda, desde fai tempo non admite comentarios. Xa que a parcialización das informacións é tal. Que non se necesita facer un gran esforzo mental para refutarlas e demostrar que do mesmo xeito que o goberno Español intenta controlar os medios de comunicación Vascos. Noutros países ocorre o mesmo, pero para algúns medio non é igual.

Por que será?

COUTOVEN #8 7/Novembro/2007 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Corrección: Sean Penn en Venezuela para coñocer ou procezo revolucionario

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: