Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PROXECTO ANDROID

Google non sacará un teléfono, senón un sistema operativo para móbiles

Máis de trinta empresas xa se uniron á plataforma Open Handset Alliance impulsada pola empresa estadounidense.

Redacción - 14:00 06/11/2007

Despois de moitos meses de especulación sobre o presunto lanzamento do teléfono móbil de Google, a compañía estadounidense xa desvelou cales son as súas intencións no sector. O proxecto de Google chámase Android e non é un aparello físico, senón un sistema operativo para móbiles.

Android toma o nome da compañía que o xigante da rede mercou en xullo de 2005 e cuxo software serviu de alicerces para crear o novo sistema operativo móbil. Máis de trinta empresas tecnolóxicas uníronse na Open Handset Alliance para impulsar Android. Entre os membros da plataforma están Telefónica, T-Mobile, Motorola, eBay ou Samsung. O formar parte da alianza non impide empregar outros sistemas operativos para os móbiles destes fabricantes.

A principal característica de Android é que será libre, de código aberto, baseado en Linux e cunha máquina virtual de Java. O luns 12 estará dispoñíbel para a descarga o SDK (paquete de desenvolvemento de software) para programadores, e a mediados de 2008 sairán á venda os primeiros teléfonos con este sistema. Como resposta ao anuncio de Google, as súas accións na bolsa disparáronse de prezo.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: