Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOBILIZACIÓNS

As voces a prol do indulto para 'os tres do Eixo' chegarán ás portas de Teixeiro

Os veciños concentraranse diante da cadea até lograr a liberdade dos 'tres do Eixo'. Simón Márquez, Xosé Moreira e Xesús Montoiro cumpren dez días presos.

Redacción - 11:19 09/11/2007

O pasado 30 de outubro foi o seu último día en liberdade. Porén, o movemento que reclama o seu indulto non para. Unha das últimas decisións dos veciños é a de trasladar as protestas até as inmediacións do centro penitenciario de Teixeiro. De feito, o seu voceiro, Xosé Manuel Bocija, aseguraba este venres que incluso están a valorar que estas concentracións teñan uns días fixos até que sexan liberados. De todos os xeitos, móstrase optimista debido “ao gran apoio social” que están a ter os tres veciños.

O indulto polo que tanto clamaron os seus veciños non dá chegado. Porén, La Voz publicaba este venres que as autoridades penitenciarias están dispostas a concederlles o terceiro grao, que só lles obrigaría a durmir na cadea. Os 'tres do Eixo', segundo a información, poderían ter o réxime aberto nun prazo máximo de dous meses.


5/5 (4 votos)

Comentarios (1)

Picheleiro #1 9/Novembro/2007 Picheleiro

INDULTO PARA OS COMPAÑEIROS DO EIXO

Hai xa dez días que os compañeiros do Eixo, Simón Márquez Valle, Xesús Montoiro Cepeda e Xosé Moreira Fernández, ingresaron no cárcere de Teixeiro. O "terceiro grao" sería o mal menor pero o que procede e o indulto.
Urxe facer un esforzo para conseguir que o antes posible lle sexa concedido INDULTO PARA OS DO EIXO, POR QUE É DE XUSTIZA.

Envía un correo de apoio a: indultos@mjusticia.es

A Asociación Veciñal do Barrio de Vite, como mostra de apoio a estes compañeiros, subiu un video en Youtube que podedes ver clicando neste enlace:
http://es.youtube.com/watch?v=...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: