Consideran que é prexudicial para a costa, e recoñecen que non tiveron en conta a posición do PSdeG.
O secretario xeral da Federación Socialista de Asturias (FSA-PSOE), Javier Fernández asegurou que a disconformidade dos socialistas asturianos con respecto ao AVE transcantábrico radica no trazado proposto, "de acordo co modelo de rexión que temos, a infraestrutura na zona na que está debuxada parécenos negativa", declarou ante os medios de comunicación.
Fernández recoñeceu que non tivo en conta a posición do Partido Socialista galego, e afirmou que "ás veces as posicións son diferentes a outras federacións porque hai unha compoñente territorial", e continuou dicindo que "as posturas por tanto non son sempre coincidentes, pero non só neste asunto".
A costa, gran activo económico de Asturias
Como defensa do seu posicionamento, o representante dos socialistas asturianos dixo ter baseado as súas sentencias en análises previos, tendo en conta unicamente que "o trazado previsto está cinguido á costa asturiana, que é un dos grandes activos económicos que queremos preservar".
Malia todo, Fernández confesou que esa mesma análise con outro trazado "habería que avaliala en función do que se propoña". Manifestou tamén a necesidade de medir en termos de "custe e beneficio" as infraestruturas tendo en conta os impactos de tipo social, económico ou ambiental.
"Nós faremos o imposíbel por lograr que o AVE se faga polo sitio con menor impacto ambiental, e aí onde está previsto é elevadísimo", engadiu.
Isto é unha vergoña. A Asturias non se pode ir nin por autoestrada, nin por tren, nin por avión, nin por barco.
Só pódese ir por León. Pois iremos en león a ver se lles mordemos.
si tanto te molesta venir a Asturies,no vengas!!!!!tampoco haces mucha falta...
Picouche unha abella?
Ti de que vas. Moléstame ir andando ou por corredoiras.
Pois teñen bó criterio -sin que sirva de lei nin precedente-. Ése é o problema si se arrima á Mariña e Fisterra. Dicía aquel outro, antes, que me deixen como estaba!
#2 A ti non, pero a Fernando Alonso si. Son un dos seus mecánicos.
Se non hai autoestradas, vas tardar moito en chegar a "Sangenjo", onde non coñecen o termo Galiza.
jajajajajaja......Esta bien hombre!!!!!Solo te conteste a tu primer comentario,sobre que no se puede venir a Asturies ni en autopista ni avion ni tren....En tren hace muchos años que se puede venir,en avion tambien,y en autopista se esta consiguiendo poco a poco...En cuanto a mis estancias en sanxenxo,pues si,veraneo siempre y mis visitas son muy frecuentes porque me gusta mucho,y pienso ir siempre que pueda.
Fijate que soy nacionalista astur,pero tambien sé reconocer la preciosidad que es galicia,esa provincia del reino astur,que fue la perla del reino,en su tiempo;ya reconocido por el propio rey astur Alfonso II,y que constituia una tercera parte del reino astur.
ranciadas me comerá!!!!!!!!!!!!jajajajajajajajajaja
Non lle recomendes ir en tren de Ferrol a Xixón nin ao teu peor inimigo. Tren de vía estreita, tan estreita, que ás veces descarrila.