O colectivo tamén cualifica de "espectáculo mediático" inútil a comisión de investigación sobre o Gaiás.
O colectivo Cultura Si, Mausoleo Non considera que diante do incremento do custo final, que segundo algunhas previsións podería chimpar até os 600 millóns de euros, é necesario que o Goberno admita que o proxecto "é unha ruína". A plataforma propón que as edificacións xa construídas sexan reencamiñadas cara á usos sanitarios, educativos, de asistencia social ou da Xunta".
De paso, fan unha chamada a todos aqueles cidadáns que no seu momento "apoiasen os obxectivos do movemento Nunca Máis" para que retomen "a raíz crítica e de non sometemento ás mentiras e manipulacións do poder" e apoien as mobilizacións fronte ao proxecto do actual Goberno de darlle continuidade ao "proxecto soñado por Fraga".
Cultura Si, Mausoleo Non tamén fala de "cinismo e hipocrisía" pola falta de vontade da que acusan a socialistas e nacionalistas aos que acusan de "non dar ningún paso legal para esixírenlle responsabilidades penais aos dirixentes do PP que presuntamente foron os causantes de todo tipo de ilegalidades".
Quenes NON TEÑEN NINGÚN PODER DE DECISIÓN, os do Parlamentiño, entretéñense xogando ós mr. Holmes e en xogos de "tí máis ca min", namentres os ASUNTOS DECISIVOS DAS NOSAS VIDAS ESTÁN PERFECTAMENTE AUSENTES!
vendo tantos cartiños tirados o lixo por parte dos que herdaron un problema que non souperon ou quixeron parar so da ganas de chorar.
¿que che debe pasar na cabeza cando te sentas no teu novo choio de conselleiro, director xeral ou similares? ¿amnesia? ¿esquenceste de todo o que dixeches ó longo de toda a tua vida politica?. ¿?. ¿esquencichedes o que mantivestedes toda a vida sobre o que é a cultura?. eu ainda lembro conversas con algún/a que agora ocupades postos "importantes" .. ¿que vos pasou? ¿ou é que antes mantiñades so eran poses de "son un progre e estudo en santiago".
cultura si, mausoleo non, e un pouco de coherencia co que (parecia) que creiades.
Entre o extremo dos que "soñaban" con pirámides e mausoleos, e o extremo dos que propoñen tirar con todo e botar ao lixo os millóns xa investidos, confío que no medio, en Cultura en particular haxa o sentidiño suficiente para sacar algo bo de todo isto.
Tirar ao lixo os 370 millóns xa adxudicados e gastar outra porrada de millóns e deixar todo como estaba é unha solución????. Non!! sería un despilfarro ainda máis intolerábel, unha grave irresponsabilidade... a solución tomada é a menos mala e máis razonábel.
Gobernase sobre realidades non sobre mundos ficticios.
Logo pois deben continuarse tódolos desaguisados que estén encetados ou vaianse encetar???!!!
Aproveitar o feito e non gastar un can máis en algo IRRELEVANTE PARA A POBLACIÓN
NÓN Á RUINA DO GAIÁS!
Vale, enterremos logo os case 400 millóns de euros xa comprometidos, e que haberá que pagar pase o que pase. Máis deixar o Gaias como está.
Estupenda xestión dos recursos...:-(((