Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informe do Consello de Europa

Listaxes de organizacións terroristas: "arbitrarias e sen credibilidade"

O Comité de Dereitos Humanos do organismo europeo critica os métodos da UE e da ONU na elaboración destas 'listas negras'.

Redacción - 12:55 14/11/2007

A comisión xurídica da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa aprobou esta semana un informe do Comité de Dereitos Humanos, onde se critica o procedemento empregado polo Consello de Seguridade da ONU e pola UE para incluír na súa 'lista negra' de persoas e organizacións terroristas a sospeitosos de manter vínculos co terrorismo.

O informe considera que os métodos para a elaboración desta listaxe son "totalmente arbitrarios e sen credibilidade ningunha".

"Os procedementos son indignos" destes dous organismos, sostén o Consello de Europa nun comunicado, onde pide a revisión "con urxencia" destes métodos para garantir a "equidade".

Na actualidade, 370 persoas en todo o mundo viron os seus bens conxelados e se lles prohibe viaxar porque o seu nome figura na lista da ONU, e outras sesenta na da UE.

Os afectados, nin advertidos nin escoitados
"Estas sancións impóñense sobre a base de meras sospeitas", afirman no informe. "Mesmo os membros do comité encargado de decidir a inclusión dunha persoa na 'lista negra' descoñecen todos os motivos que están na orixe da presentación da solicitude", engaden.

Segundo o Consello de Europa, "a persoa ou a entidade afectada non é nin advertida nin escoitada e, ás veces, nin sequera é informada da decisión que se tomou até que intenta pasar unha fronteira ou usar unha conta bancaria".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Comentarios (1)

baltar69 #1 14/Novembro/2007 baltar69

aquí é terrorista calqueira que queira asaltalo poder polas armas e vendo o decorrer da historia, parece ser a única forma de chegar a el e producir os trocos necesarios para acabar co vello sistema ( anque chávez e os seus seguidores bolivarianos en venezuela andan a tentar facelo por outro camiño, logo de fracasar no primeiro intento armado ) . asaltar os ceos, na vella máxima de leon trostky. os que detentan o poder, a economía, o exercito regular, tildan de terroristas, asaltantes, saboteadores o quen pretende poñer en tela de xuizo a súa autoridade, a súa superioridade moral, acuñada o longo dos anos por dinastías, corruptelas ou votos. así, persoeiros indignos, ladróns e asesinos, conquiren nos nosos días a fachada respetable cando as urnas maniqueas os sinalan en balotaxe. nese punto compre quizás ter en conta as verbas de carlos lage o outro día en santiago de chile, cando se pronunciaba sobre ese tema: non o feito de ser elexido nunhas eleccións máis ou menos abertas é sinónimo de honorabilidade e desgraciadamente iberoamérica é un bon exemplo de eso.
eu non creo en terroristas e a meirande parte dos nomes da lista anexa danme menos medo que outros que saen tódolos días na tv as horas de comer. así que, xa vai sendo horas...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: