Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
"Indefinidamente, polo momento"

Veciños afectados pola depuradora do Lagares péchanse no Concello de Vigo

Exixen un plan de evacuación "estábel" para que os veciños teñan un lugar alternativo onde vivir cando os olores na zona sexan insoportábeis.

Axencias - 17:40 16/11/2007

Unha vintena de veciños afectados polo mal funcionamento da estación depuradora do Lagares pecháronse este venres na sala de xuntas do Concello de Vigo, para exixirlle ao alcalde da cidade, Abel Caballero, que se comprometa a elaborar un plan de evacuación "estábel", e que os veciños poidan ter unha alternativa onde vivir cando os olores na zona sexan insoportábeis.

O voceiro deste colectivo, Xosé Antonio Fernández, sinalou que o obxectivo do peche -"indefinido polo momento"- é arrincar un compromiso por parte do goberno municipal, e contradiciu as palabras de Caballero sobre "trato exquisito" que están a recibir por parte dos responsábeis municipais.

'Prensa censurada'

Non é a primeira vez que realizan este tipo de acción. A pasada fin de semana permaneceron pechados durante 20 horas nas instalacións da planta, mais ninguén accedeu a se entrevistar con eles.

Algúns dos lemas que están a utilizar neste último encerro son 'Inútiles, estádesnos a matar', 'Depuremos os políticos profesionais' ou 'Prensa censurada', en referencia á prohibición inicial, por parte dos axentes policiais -seguindo ordes da alcaldía- de que algúns redactores e fotógrafos accedesen ao lugar.


5/5 (1 votos)

Comentarios (2)

conghustononproe #1 16/Novembro/2007 conghustononproe

Segundo unha información de "La Voz", o Abel Caballero (non lle peta o apelido)tampouco deixou pasar alimentos para os viciños pechados...

Témola boa con toda esta caterva de "PIII" de "PIII", o que merecen é que lles metan unha "PIII", mecagoen"PIII"

Xa me censuro eu, para non darlle opcións a que me acusen de lingoaxe sexista, ou incitación á violencia, ou inxurias ó el-rei, ou de autoría intelectual, ou..., ou...

Donicela #2 16/Novembro/2007 Donicela

E fanse chamar "goberno de progreso". Ao mellor quixeron dicir de "progreso persoal"... Na campaña electoral Santi Domínguez prometía "facer a revolución"... Manda carallo!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: