Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA

A Federación de Asociacións Galegas na Arxentina solidarízase con Chávez e chámalle “golpista” a El-Rei

O secretario xeral de Emigración critica a misiva que lle enviaron ao presidente venezolano e demanda unha rectificación.

Redacción / EP - 19:00 16/11/2007

O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, recibiu esta semana unha carta de solidariedade da Federación de Asociación Galegas na Arxentina logo do incidente que tivo con Juan Carlos de Borbón na Cumbre das Américas. A misiva, enviada a través do embaixador venezolano en Bos Aires, cualifica de “golpista” ao monarca español.

A carta, asinada polo presidente da Federación, Francisco Lores Mascato, que tamén é voceiro do BNG en Arxentina, dise que: “Aznar deambula por toda América ao Imperio do Norte, tratándote de ditador e faltándolle ao respecto ao pobo venezolano que te escolleu”. En declaracións a Europa Press, Francisco Lores explicou que o texto foi aprobado pola “maioría total” da comisión directiva da Federación de Asociacións Galegas na Arxentina que se sinte solidaria co proceso venezolano.

Pola súa parte, o secretario xeral de Emigración da Xunta, Manuel Luis Rodríguez, dixo que o Goberno repudia o contido da carta e pediulle á Federación que rectifique publicamente a súa postura


4,81/5 (21 votos)

Comentarios (6)

AGIL #1 16/Novembro/2007 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que fará a "Xunta"? Retirará todas ajudas económicas à "Federación de Asociacións Galegas" na Argentina, como fazem os partidos "constitucionalistas" com os independentistas bascos?

ecoe #2 17/Novembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver se polo menos na emigración, deixan de estar coutadas as ideas e o pensamento tan anquilosados e podres eiquí

xaviersouto #3 17/Novembro/2007 xaviersouto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

XQNTKIAS!

Barcelos #4 17/Novembro/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai que manter o caldo.

Pintan bastos para os emigrantes galegos (para Chávez son todos españois, golpistas e colonizadores) en Iberoamérica, así que mellor unirse ao inimigo que perder o que tantos anos custoulles conseguir.

Estou completamente de acordo cos galegos-arxentinos.

É moi doado dar consignas desde a COPE ou Onda Cero, de que hai que pararlle os pés a ese mono e ensinarlle quen somos: "orgullosos, españoles y gilipollas"

...empezando por Jiménez Losantos, un auténtico fascista.

GALIZA_SOSEGO #5 18/Novembro/2007 GALIZA_SOSEGO
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Porque estas na Arxentina... Chegas estar na Galiza amiguiño e xa te vexo pasear pola "Audiencia Nacional".

Algúns aínda pensabades que poderiades falar de todo...

Cando o meu pai di “Aquí todavia vive Franco” non se refire a sua casa...

COUTOVEN #6 20/Novembro/2007 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Definitivamente que ben que se lle dea cobertura ao que din as comunidades galegas na diáspora.

Que interesante, a comunidade Galega Arxentina solidarízase con Chávez.

Non sería máis interesante coñecer a opinión da COMUNIDADE GALEGA EN VENEZUELA. Que eu saiba Hugo Rafael Chávez Frías é o presidente de Venezuela e o único que pinta en Arxentina é a cantidade de recursos que facilitou a este país, por exemplo os bonos Venezolano- Arxentinos. Nos cales o goberno Venezolano financia uns papeis que se só tivesen o aval do goberno arxentino malamente alcanzarían un valor decente no mercado. Tristemente a bonanza petroleira que gozou Venezuela nos últimos anos só serviu para promocionar a un militar fasistoide que di ser socialista e hai xente que llo cre. Certamente a forza de petrodólares ábrese o entendemento de intelectuais, políticos e xornalistas. E transfórmaos en promotores do máis impresentable dos políticos latinoamericanos.

Realmente alguén cre que Juan Carlos de Borbón é o único que dixo Por que non che calas? Cantas familias Venezolanas, entre as cales abran familias galegas repetiron a un tempo esa frase durante anos cando están gozando dun programa de televisión ou de radio e de xeito abusivo e inconsulta este é interrompido para dar paso a discursos reiterativos de Hugo Chávez cheos de descualificacións que adoitan durar horas e non admiten ningún tipo de réplica?

En Venezuela o estado conta con varias canles de televisión de cobertura nacional. (VTV, Vive TV, TVES, Telesur e a Canle da Asemblea nacional) e unha cadea radiofónica nacional de decenas de emisoras. Con todo e isto secuestra todo o espazo televisivo para que só escóitese o seu pensamento sen recordar que estes medios son de TODOS Os VENEZOLANOS.

Sería bo que Vieiros facendo honra ao que pregoa en “Que é Vieiros?” puxésese ao servizo da comunidade galega na diáspora e de forma especial á que fai vida en Venezuela e deixe de ser unha caixa de resonancia do goberno de Hugo Chávez.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: