Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Valdeorras

Edición xestionada por Gustavo Docampo
RSS de Valdeorras
Nun hospital de Ourense

O alcalde de Manzaneda, ingresado tras sufrir un derrame cerebral

Xosé Antón Núñez Domínguez, do BNG, está na Unidade de Coidados Intensivos dende este domingo.

Redacción - 17:45 19/11/2007

O alcalde da do municipio de Manzaneda (Terra de Trives), o nacionalista Xosé Antón Núñez Domínguez, atópase ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) dun hospital da cidade de Ourense tras sufrir un derrame cerebral.

Segundo informaron fontes do BNG, o rexedor, que accedeu á Alcaldía tras as últimas eleccións municipais, foi trasladado dende Manzaneda este domingo.

Precisamente, este foi un dos últimos concellos en constituírse, xa que o PPdeG recorreu o escrutinio nunha das mesas. Finalmente, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou a petición de anulación.


3,8/5 (10 votos)

Comentarios (2)

galeguzo #1 19/Novembro/2007 galeguzo

Que má sorte está tendo o BNG... Já pouco antes dos comícios falecera-lhe o candidato de Caldas, e agora isto... Parece um mal de olho.

nonsoneu #2 20/Novembro/2007 nonsoneu

E a pasada semana morreu o concelleiro histórico do BNG en Cea, o coñecido Quintela.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: