Un informe elaborado despois do accidente do martes revela que os operarios aguantan xornadas que superan as dez horas diarias.
As condicións de traballo na canteira do porto exterior da Coruña supoñen un “risco grave e inminente” para os operarios. Por iso, a Inspección de Traballo anunciou este mesmo mércores que se van paralizar parte das obras do porto exterior herculino. A noticia chega poucas horas despois da morte de Xosé Ramón Fernández, un operario veciño de Oleiros, que traballaba para unha empresa subcontratada e de que os sindicatos paralizaran as obras en sinal de protesta.
Nun primeiro informe feito no lugar do sinistro, os inspectores detectaron “unha deficiente organización do procedemento de traballo, que dá lugar a manobras perigosas”. No documento remitido á Consellaría de Traballo queda reflectido que os operarios que traballan na canteira exterior teñen un horario de 7.30 a 19.30 horas (cun descanso de hora e media para o xantar), o que supón 52 horas e media á semana.
Nesa obra van xa 4 mortos e duas paralizacións da Inspección de Traballo. E levaba a sua empresa só mes e meio subcontratada pola ute de Dragadsos e CÏA.
Cándo lle vai cair o pelo á UTE? Imos seguir poñendo o mortos? Con inspeccionar tras cada accidente e elevar informe XA ESTÁ TODO?
Vaia sinvergonzas os empresarios (a empezar polos grandes), a inspección e a Consellería!
O do porto exterior da Coruña sempre me chamou a atención.Nace despois do prestige grazas aos "pactos" Paco Vázquez-Aznar na coruña.Ti me das eu douche (máis ou menos: Bng-Zapatareo-Magdalena Alvarez).Vázquez consigue sacar o porto de A coruña e a especular cos terreos baleiros.Que o porto non vai ser operativo? Que máis da. Que hai outro superporto a menos de seis millas (sen estradas polo de agora)?Da igual, serán complementarios.Que esas infrastructuras terían que estar claramente coordinadas polos intereses xerais de Galiza? Os localismos seguen a imperar:aeroportos, universidades, trazados de Ave... E agora, esa obra, a de maior inverión , máis que discutible dende o punto de vista técnico, comercial,de salvamento marítimo... e político, tampouco está a executarse coas medidas mínimas de seguridade para os traballadores,CATRO MORTOS, tería que ser de "traca" nun país medianamente informado.Por non falar de como se realizaron as expropiacións, cuestións medioambientais, etc etc.
Hai moita presa para escomenzar as obras de pisos de luxo no porto da Coruña.A 10m do mar.
Falamos de beneficios privados,non sociais.