Debido a esta medida, nos sete campus galegos non se pode acceder, por exemplo, ás páxinas aloxadas en Blogger. Unha información que deixou xoanp no Open Vieiros.
Segundo unha información que deixaba esta quinta feira xoanp no Open Vieiros, os usuarios da RECETGA, o servizo do CESGA (Centro de Supercomputación de Galiza) que dá acceso a internet aos sete campus universitarios galegos e aos centros tecnolóxicos dependentes da Xunta, recibiron un aviso dos administradores da rede que lles falaba dun estraño requerimento do Ministerio de Industria: había que pechar o acceso a unha serie de páxinas ultradereitistas onde se atacan a produtos e empresas de orixe catalá, ao goberno español e aos nacionalismos en xeral.
Na listaxe de páxinas hai varias aloxadas nos servidores de Blogger, que foron finalmente bloqueadas polo CESGA, ante a imposibilidade de vetar o acceso a nivel URL, polo que optaron por cortar o acceso a estas páxinas filtrando as IP's asociadas a estas webs.
Daquela, como conta xoanp, os universitarios galegos non poden acceder a un dos servizos de publicación de blogs máis empregados, con páxinas como a de María Amelia, a famosa avoa blogueira, así como o blog persoal do Secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco (www.elcuadernodepepeblanco.blogspot.com).
A censura a estas páxinas ampárase na coñecida LSSI (Lei de Servizos da Sociedade da Información), aprobada polo anterior goberno estatal.
Que raro! O CESGA usando o castelán!
Até os collóns das universidades españolas na Galiza!
E isso que o CESGA depende da Conselharia de Inovação e Indústria, teoricamente controlada polo BNG. Cousas veredes (claro que vendo como em ocasiões também Turgalicia usa o castelhano ou topónimos em castrapo...).
Isto é propio do fascismo, deixade que a xente vexa páxinas de ultradereita!!!! seguro que diminúen os ultradereitistas, producen noxo soamente abrilas
Esto no es propio del fascismo, sino del socialismo que vosotros defendéis. Es en China y otros países socialistas donde se suelen poner trabas a las comunicaciones y al acceso a Internet.
Al final sólo se podrá acceder a la web del PSOE o al puto cuaderno de Pepiño Blanco.
Nin ao puto cuaderno de Pepiño Blanco, Gaviotero, que tamén está aloxado en blogspot.com. Vexo que les a noticia enteira...