Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Terceiro acordo no que vai de mandato

PSOE e PP de Lugo pactan a aprobación dos orzamentos municipais

O alcalde, López Orozco, di que "houbo acordo co partido que quixo chegar a ese acordo". O BNG 'gaba' a "boa saúde" do "centro-dereita".

Redacción - 17:30 30/11/2007

Os orzamentos municipais lucenses para 2008 serán aprobados en pleno extraordinario dentro de dúas semanas, logo do acordo entre o PSOE de e PP.

O alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, e a concelleira de Economía, Sonia Méndez, mantiveron unha xuntanza este venres onde chegaron a un acordo co Grupo Popular. López Orozco salientou a súa "ledicia" polo seu apoio.

"Cando hai consenso, desa suma sae beneficiada a cidade", dixo, e afirmou que o pacto non modifica o esquema de goberno, senón que "se suma outra visión e iso supón que máis lucenses se ven reflectidos nestes orzamentos".

O alcalde lembrou que nas eleccións municipais do 27 de maio "a cidadanía decidiu que fose necesario o acordo para sacar adiante algúns temas", e que polo tanto "son máis de 40.000 lucenses os que din que si a estes orzamentos".

Pola súa banda, o líder do BNG lucense, Xosé Anxo Laxe, afirmou que PP e PSOE fixeron un "troco de cromos", e que os populares apoiarán o presupostos cunha simple modificación de 360.000 euros na proposta inicial presentada por Xosé Clemente López Orozco.

"Goberno de centro-dereita"

Este é o terceiro pacto entre Orozco e o PP no que vai de mandato, despois do Pleno de Organización e da privatización do servizo de augas. O voceiro nacionalista afirmou que "o goberno de centro-dereita lucense entre o PP e o PSOE é verdadeiramente sólido, goza de boa saúde e está máis vivo que nunca".

Segundo Laxe, o BNG propoñía uns "orzamentos sociais e investidores", con redución dos gastos superfluos, "mais o PSOE preferiu ao Partido Popular antes ca o Bloque Nacionalista Galego".


3/5 (10 votos)

Comentarios (13)

maleiro #1 30/Novembro/2007 maleiro

Iste Orozco, creo que camiña por un carreiro que o levará a ningures...

fuco-lois #2 1/Decembro/2007 fuco-lois

Onde están agora os "socialistas" do PSOÉ.Non é Orozco, xa antes foi P. Vázquez, logo foi V. Mariño,... Ollo con Caballero e o seu PXOU. Ista franquicia, non é moito de fiar.

Gaviotero #3 1/Decembro/2007 Gaviotero

El PSOE es un partido español que al final no tendrá más remedio que entenderse con el otro gran partido español.

Y el BNG es el monaguillo que le permite mantenerse al PSOE en el poder, con espectáculos tan bochornosos como el del diputado-alfombrilla, Paco Rodríguez, manteniendo a la ministra más nefasta y antigallega del Gobierno.

Pero a Quintana o a Paquito Rodríguez eso les da igual. Total, ellos con tal de disfrutar del Audi A8, la secretaria y el sueldazo...¡que se jodan los nacionalistas!, pensarán.

Roi_Batti #4 1/Decembro/2007 Roi_Batti

Para Gaviotero:
"manteniendo a la ministra más nefasta y antigallega del Gobierno."
Claro: Álvarez cascos nos trajo el ave, el tren la-leche-de-rápido, el I+D+i, la carrera espacial, y los helados de cucurucho!

Eu fun voluntario durante o Prestige e aínda lembro o "las playas están esplendorosas". Mentres eses tipos do PP paseaban en Helicóptero, eu comía chapapote.

Non nos veñas a tocar a moral.

Se foses unha persoa sería e razonábel e non un dógmatico e sectario discutiría civilizadamente contigo, pero como seguro que eres un dos cavérnicolas do PP que queren volver a ter Audi A8 secretaria e soldo, non merece a pena.

Ata nunca sectario de dereita

Infidel #5 2/Decembro/2007 Infidel

Un pacto PSOE-BNG iría en contra dos intereses daqueles que teñen o poder económico en Lugo, particularmente os construtores. Non pode darse un pacto de esquerda porque o que está en xogo e o PXOM e as espectativas de beneficio para os que estean en condicións de aproveitarse das extraordinarias oportunidades que dito plan ofrecerá. A entrada do BNG no goberno municipal, de manter as propostas de modificación do PXOM, non resulta aceptable para os mencionados poderes que non están obrigados a responder das súas falcatruadas ante a cidadanía pero que se enriquecen á conta dela.

Infidel #6 2/Decembro/2007 Infidel

Pero non hai que preocuparse porque parece que Orozco ten reservada unha cadeira no goberno de Madrid.

Gaviotero #7 2/Decembro/2007 Gaviotero

Roi_Batti, no me hagas reír, que tú no has visto el chapapote ni en la tele...Seguro que también fuiste antifranquista, ¿no?

diego83 #8 3/Decembro/2007 diego83

Gaviotero eres un miserable, pero as ciencias naturais explícano todo, non puideches elixir un nome máis adecuado:

La gaviota argéntea es un ave ruidosa y pendenciera y una de las gaviotas más extendidas y adaptables del hemisferio norte. Se alimentan en cultivos y alrededor de los depósitos de basura, así como en la playa y con frecuencia sigue a los barcos pesqueros esperando que lancen cualquier resto por la borda.

Estas gaviotas crían en grupos y construyen sus nidos con algas y otras plantas. Suelen anidar en el suelo, pero en algunas ciudades costeras hacen sus nidos en los tejados. Si sienten una amenaza cerca de sus huevos o polluelos, los padres forman círculos por encima de ellos, emitiendo un chillido agudo y ensordecedor. Miden hasta 60 cm de largo.

Obtenido de "http://es.wikipedia.org/wiki/L...

Gaviotero #9 3/Decembro/2007 Gaviotero

Gracias por lo de miserable, diego83. Es todo un cumplido viniendo de ti.

Por lo demás. Tú lo has dicho, diego83, me alimento "alrededor de los depósitos de la basura".

Por eso me mantengo siempre entorno a los foros de Vieiros. No por los foros en sí, que me merecen un gran respeto, sino por las opiniones que algunos, como tú, vierten en él. Como si de un depósito de basura se tratase.

Anímate a intentar razonar y argumentar, por ejemplo, qué te parece que el BNG se mantenga fuera de los acuerdos de gobierno en el ayuntamiento de Lugo.

diego83 #10 3/Decembro/2007 diego83

que ten unha postura propia e non se prostitue nin se deixa comprar, cousa que vós recriminades de forma errónea ó bng. o razoamento é dunha lóxica moi simple. non estas de acordo ergo, non votas a favor.

Con respecto a túa resposta. a tua actitude neste foro dista moito de ser respetuosa en moitas ocasións, co cal só me limitei a facer unha analoxía coas ciencias naturais do eu desprezable comportamento

Barcelos #11 3/Decembro/2007 Barcelos

Vai Gaviotero, conducindo pola autoestrada polo carril oposto. Pon a radio e escoita que din:

¡Tengan cuidado por la autopista, porque va un loco conduciendo en sentido contrario!

E di Gaviotero: "¿Un loco? ¡Cientos!"

(Gaviotero en Vieiros)

diego83 #12 3/Decembro/2007 diego83

o único que eres é un pepero que acusa algún tipo de manía persecutoria, mezclada con afán de protagonismo e unha vontade irrefrenable de facer o ridículo de paso que faltas ó respeto a moita xente, o único que fago é darche da tua menciña

mceleiro #13 3/Decembro/2007 mceleiro

Esperemos que a carreira do Paco Vázquez de Lugo se veja trabada. Senão, Deus nos colha confesados, como dizem os curas.

É ainda mais corrupto e prepotente que o Paco de LA, mas este não é a burra corunhesa. Este é o político perfecto. Uma olhada "bonachona" que vende, um saber falar, uma capacidade de engaiolar quando fala e uma capacidade para a mentira sem que se aperceva espectacular.

Detrás dele todos os "novos ricos" de Lugo que estão a "acorunhesar" esta cidade, e evidentemente a MADRID-CONECTION, com o agora omnipotente Pepe Blanco e demais chusma.

Este fulano sacou o rendimento eleitoral do trabalho do BNG na legislatura na que co-governou, conseguiu maioria, e agora os "negócios" que ten abernos não admitem que nenhum sócio de governo meta os fuzinhos.

Irá tirando de pactinhos, mas que ninguém olhe os documentos e pessoas que circulão no seu gabinete.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: