Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estiveron cinco horas en comisaría

En liberdade "con cargos" os detidos por queimar a foto de El-Rei

A última hora deste xoves, os mozos quedaron libres. Con todo, impútaselles un delito de "inxurias á coroa".

Redacción - 09:00 07/12/2007

Segundo informaba o propio colectivo, pasadas as 20h da tarde do xoves, os catro militantes de Nós-UP detidos á fin da mobilización convocada por Causa Galiza, foron postos en liberdade, malia que acusados dun delito de "inxurias á coroa". Os catro independentistas, Santiago Mendes Rodrigues, Crístofer Machado Ibanhez, Carlos Pena Neto e Alexandre Bolívar Esteves, estiveron acompañados polo avogado da organización, Guilherme Presa, e negáronse a declarar.

Os manifestantes foran detidos pola queima dunha imaxe do xefe do Estado español, un boneco coa silueta do monarca Juan Carlos de Borbón, unha vez rematou o acto deste xoves en Vigo. Durante a permanencia dos catro mozos no interior da comisaría, NÓS-UP convocou unha concentración de protesta fronte á mesma.

A Policía cargou nun primeiro momento contra a concentración, provocándolles contusións a varias persoas, segundo informa o colectivo Ceivar. No entanto, as protestas continuaron con berros contra as Forzas de Seguridade do Estado e a prol da liberdade dos detidos.


3,93/5 (14 votos)


Comentarios (14)

outrolector #1 7/Decembro/2007 outrolector

Considero que a monarquía, que funcionou como solución de compromiso durante algúns anos, merece respecto, pero tamén revisión explícita e notoria; a súa permanencia, trinta anos despois, resalta a súa característica de lamentable herdanza do franquismo.

Polo demais, ningún apoio a esas queimas de cartóns baleiras de todo. Causa Galiza, convocante da mobilización, terá algo que dicir ao respecto.

????

semprecelta #2 7/Decembro/2007 semprecelta

O máis triste de todo é que coa historia da queima do Bourbon, ninguén fala da proposta-manifesto de Causa Galiza :(

ulo #3 7/Decembro/2007 ulo

Outrelector: só unha revision...?

Espasende #4 7/Decembro/2007 Espasende

E Causagz tiña pautado a queima do Borbón? Coincido coo comentario do semprecelta, agora ninguén fala de causagz e a súa proposta soberanista. Ulisco cousas negras dentro de causagz.
Clodio.

Canledalebre #5 7/Decembro/2007 Canledalebre

Descoñezo se a queima do macaco estaba ou non acordada pola organización do acto, mais como participante do mesmo gostaríame crer que era así, e que coa agresión policial fascista que conseguiu fodernos a xornada, ningúen contaba.
Porque aquí vai sendo hora de que nas manis do independentismo comecemos a ir todos coa mesma finalidade, e tendo clariño a que imos e como está planeado que transcurra a cousa.
Do contrario, algúns sentímonos tamén macacos.

guillerme #6 7/Decembro/2007 guillerme

Viva Causa Galiza! Haber se con este movemento de liberación nacional se logra por fin o obxectivo da unión de todos os independentistas e así logramos representantes no Parlamento Galego, porque hai tempo que o BNG xa non nos representa nin quere representarnos (e non son eu quen o di senón Quintana que opina que o BNG é un partido federalista).

Maeloc-do-Rouco #7 7/Decembro/2007 Maeloc-do-Rouco

Parto da base da Nom-Violencia como principio e como final. O que passa e que neste Estado (neste mundo) hai-nos que tenhem o poder monopolistico da violencia e exerce-na com total impunidade...Essa violencia estatal e tam ideologica como a que nom provem do estado...Mais e violencia e esta "per se" e destruitiva, mimetica, dialectica e generadora de mais violencia, o mesmo que a violencia televisiva, os tribalismos paifoco-futeboleiros que incendiam determinada imprensa desportiva e nom desportiva...Ninguem lhe esta a fazer ningum mal ao Sr Bourbon COMO PESSOA por queimar umha foto (umha foto... for f...'s sake!!!) que expressa o rejeite cara um simbolo repressivo e anti-democratico (designado polo despota ditador "caudillo" Franco em julho de 1969)...Siceramente, nom acho que, alem da "aparatosidade" do lume o queimar umha foto do Sr Bourbon vai causar sequer um pequeno contratempo...Nem e umha bomba, nem um coctel molotov, nem umha bola de goma, nem realmente esta dirixida a ferir ou causar nengum tipo de dano fisico, nem sequer um minimo destrozo por favor!! Tem um objectivo mediatico e simbolico...E isso umha novidade neste mundo de hoje?? Canto cinismo mi madrinha!! Velai que ha moita gente que se sente ofendida na sua propria dignidade humana polo simbolismo monarquico e que pouco podem fazer...Cansa o subditismo claudicante e submisso co que o poder economico-mediatico deste estado (e as suas provincianas sucursais galliguinias) chimpa na "proteccom" do Sr Bourbon e da sua "corte"...A queima expressa simbolismo e antagonismo...desde logo que se pode interpretar como violencia, mais a carga repressiva a consequencia dessa suposta violencia e desproporcionadamente mais violenta que o facto em sim proprio...e ainda enriba adoita ficar impune!! Procurar um intre mediatico pra acadar repercussom pode atingir metodos discutibeis, mais nom e nada novo em ningum ambito da experiencia humana. E asemade innegabel que as demostrazons procuram chamar a atenzom encol dalgo co que nom se esta d'acordo. Tudas, em Vigo, Xixon, Barcelona, Atenas mais em Londres, em Seattle, em Genova, Paris, Mogadiscio, B.Aires, Dublin ou Jakarta...Eu de ningum jeito interpreto que os manifestantes lhe queiram fazer ningum mal "fisicamente" ao sr Bourbon...Nom ha rem que me faiga pensar o contrario...A que vem esse interessado negativismo neste caso e nom noutros?? E um facto simbolico, nada que ver coa violencia REIAL dumha dessas sanguinhentas touradas as que asiste e fam reloucar ao Sr Bourbon ou o pega-nenas nazi de Barcelona que anda tam tranquilo pola rua..Neste estado nom e so o acto em si o que se cataloga "violento" em funzom disto ou doutro..Basicamente a hipocrissia e tam grande qu se baseia nos interesses desse omnimodo poder economico-mediatico assim como em quem som os autores (e motivazons ideologicas) e tambem e nom menos importante quem som os agredidos...Nom tudo e branco ou preto como alguns pretendem fazer-nos ver...Eu tamem me pergunto porque determinadas intervenzons neste foro cumha determinada tendencia sempre se fam em castelhano...E-vos o que ha, case rem e casual, nom achades?? Se mantemos o caminho ajeitado com firmeza de postulados, pragmatismo cando calhe e a necesaria auto-confianza, distinguindo e visualizando nidiament os nossos objectivos sabemos que estes rapaz@s NOM FIGEROM MAL A NINGUEM, foi um acto legitimo (se cadra como diziamos "aparatoso", mais nom mais ca isso) de rejeitamento simbolico dumha instituzom alheia nom so a Galiza, senom a democracia e a dignidade humana. E umha chamada de atenzom cara a necesaria presenza do independentismo no nosso panorama politico oficial e parlamentar...Eis pra o que nasceu Causa Galiza, digo eu.. Apertinhas a tud@s

Majorinus #8 7/Decembro/2007 Majorinus

A propósito para independentistas, nacionatas e prosélitos em geral. A ver se deixamos os meninhos na casa e paramos de prostituí-los em actos políticos que eles ainda não têm idade nem para entender nem para valorizar. Depois pretendemos que temos ideias "dialécticas", que se impõem pela razão e não pela transmissão social acrítica, mas já se vê que afinal isto, se fosse por alguns, funcionaria igual que aquilo de "ser derechas porque se viene de buena cuna".

Barcelos #9 7/Decembro/2007 Barcelos

Efectivamente Majorinus. Moitas persoas indignámonos cando vimos no TD nos Sanfermines de Pamplona este verán a un pai correr co seu fillo, dunhas catorce anos, pero menor de idade.

E nesta foto, móstrannos a un dos detidos, cunha nena de dous ou tres anos. Para que a levaba? Para utilizala de escudo, se pegaba a policía?

E onde está a lei de protección do menor, que non oculta a cara desta nena? Ata no "tomate", ponche un tomate mal posto para tapar aos nenos que lles dá a gana como ao de Ana Obregón, pero aquí nin iso...

É certo que non se ve moi ben quen é, pero seguro que os seus familiares e amigos ao ver esta foto saben dabondo de quen se trata, así como da nena que está apoiada na parede cunha boneca.

Supoño que estes nenos, ante ese exemplo, poranse a queimar todo o que atopen por diante. A foto dos Reis, a de Papa Noel...

lavesedo #10 8/Decembro/2007 lavesedo

majorinus e barcelos...o dos nenos non é tal e como vos o pintades, creo eu. A mani do 6-d, até onde eu entendo, era legal, a policia local de vigo ía cortando o tránsito rodado ao paso dos manifestantes, non era un acto "ilegal" onde fose "pegar a policía". Igual que levas os nenos ao 25-x na mani do Bloque ou á romaría do monte faro do PP, poderás levalos a esta mani, digo eu, non vas deixar unha nena como a da foto na casa se non tes con quen. Xa terá idade a nena de decidir se segue as ideas do pai ou non, non a "prostitúe" por levala na mani nin por collela no colo cando sae da comisaría, ou non é normal que a familia agardase na porta polos detidos?
Outro conto é o trato informativo que teñen estes feitos, e o xeito de preservar a imaxe dos cativos que teñen os medios.
O que querería eu saber é o da carga na manifestación que di canledalebre. Eu estiven no acto dende o comezo até o remate, lectura do manifesto e aparición do carallo do boneco e posterior queima, o boneco ardeu, a xente foi marchando e eu non mirei carga policial, pode alguén especificar como foi iso???

Majorinus #11 8/Decembro/2007 Majorinus

Pois sinto discrepar com Lavesedo. Os nenos são puramente imitativos. Se um pai leva o seu filho pequeno a um estádio para berrar "árbitro da puta", o meninho vai-se pôr a fazer o mesmo, porque entende que isso é o que se faz, sem mais. Por isso é básico para uma mãe ou pai equilibrados deixar os seus filhos, na medida do possível, seguirem o seu próprio caminho. Já se sabe que a maioria dos filhos desequilibrados, por não dizer todos, provêm de pais por sua vez desequilibrados. Neste caso, intuo que o "medo à contaminação" que guia o proceder de muita gente que está metida nestes temas, leva a que projectem o seu medo nos seus filhos. "Metamo-los o mais rápido e o mais fundo possível no nosso rollo, não vaia ser que nos saiam desviados".

A mim o de que venha a polícia a repartir mandoplas é-me o de menos. Imagino a vida quotidiana destes meninhos, e calculo que deve ser do mesmo estilo que aquilo que se dava antes nas famílias carcas, em que as mães estavam obsessionadas em que aos filhos varões lhes ficasse claro que todas as mulheres são umas arpias, e claro, assim saiam depois os homens que saiam. Pois isto é a mesma história, só que aquelas assumiam serem de direitas, e estes dizem-se de esquerda, mas em atitudes por aí che vai. Trocando uma bandeira por outra, isso sim (pois afinal tudo vai de bandeiras e pouco mais).

xacataca #12 8/Decembro/2007 xacataca

#9
Eu non sei que carallo lles pasa algúns que nin a noticia len nin as fotos miran.

Non sei se será porque quitei as gafas, mais eu vexo as caras de todos os nenos que saen na(s) foto(s) completamente difuminadas.

#2
Concordo 100%

Barcelos #13 8/Decembro/2007 Barcelos

Repito:

É certo que non se ve moi ben quen é, pero seguro que os seus familiares e amigos ao ver esta foto saben dabondo de quen se trata, así como da nena que está apoiada na parede cunha boneca

E concordo co que di Majorinus. Se che parece ben levar aos nenos ás manifestacións adiante. A miña opinión é que non deben de ir. E creo que non fai falta insultar por non coincidir neste punto.

COUTOVEN #14 10/Decembro/2007 COUTOVEN

Noutras oportunidades sinalei que na miña opinión a Galeguidad e o sentimento de nación que reivindica o noso pobo debe partir da tolerancia a todas as formas de pensar e o profundo respecto ás opinións disidentes.

É moi respectable que algunhas tendencias políticas reivindiquen o espírito de nación e moi loable os esforzos que neste sentido realizan. Pero ten que quedar claro que a galeguidad non é sinónimo de esquerda ou de dereita. O pobo terá a palabra e decidirá no seu momento e lugar preciso. Non pensando nunha separación ou unha independencia excluínte. Pola contra, unha independencia que permita definir o noso destino sen dar as costas ao resto das comunidades irmás da península e ata de Europa.

No concernente á monarquía ten que quedar claro, que é talvez o último vestixio do franquismo en España. Por suposto, non se pode ser mezquino e non recoñecer que o Rei facilito a transición a unha situación máis democrática. Pero isto non significa que a monarquía deixe de ser unha institución totalmente anacrónica. E que nos tempos actuais non ten razón de ser.

Eu creo que a vía parlamentaria e eleccionaria teñen que ser os pasos a seguir para lograr o xusto anhelo de independencia da nosa Galiza e permitir o establecemento dun réxime republicano en España e por extensión na Nación Galega.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: