Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Pola autodeterminación, non á Constitución española'

A manifestación de Causa Galiza remata coa queima dun retrato de El-Rei

Tras a lectura do manifesto, onde se salientou o "carácter imposto da carta magna española" e se reivindicou o "dereito á soberanía galega", uns encarapuchados prendéronlle lume a unha figura de Juan Carlos de Borbón.

Redacción - 15:35 06/12/2007

O colectivo independentista Causa Galiza manifestouse esta quinta feira polas rúas do centro de Vigo en contra da Constitución española de 1978, que consideran o "cadro xurídico, político e administrativo para a opresión de Galiza e o pobo traballador".

A marcha partiu pasadas as 12:30 da Vía Norte da cidade, e rematou ás 13:45 horas na praza da Princesa. Neste lugar, Pilar González e Paulo Parga leron un manifesto, onde se salientou o "carácter imposto da carta magna española" e se reivindicou o "dereito á soberanía galega".

A manifestación concluíu coa lectura do manifesto e o canto do Himno. Unha vez rematado, uns encarrapuchados fixeron aparición cun retrato realizado en madeira do xefe do Estado Español, o rei Juan Carlos I de Borbón, que procederon a queimar.

Constitución imposta polo franquismo

No manifesto, Causa Galiza fixo referencia á necesidade de que "o movemento polos dereitos nacionais galegos se reartelle", e sinalou a autodeterminación como "única garantía democrática fronte á constitución imposta polo franquismo".

Ademais, criticou o papel "españolista" de PPdeG e PSdeG e dos "nacionalistas mornos, que falan coa boca pequena e tatexan reivindicacións mínimas". "Nunca a palabra política estivo tan deslexitimada", denunciou.

Tamén houbo unha referencia á actuación dos "grandes poderes económicos e políticos inimigos da soberanía galega", que segundo Causa Galiza pretenden "a privatización do territorio, a turistificación, o recorte de dereitos dos traballadores e a economía do cazo".

Pola autodeterminación, non á Constitución española
foi o lema da manifestación, que concentrou a máis de medio milleiro de persoas segundo os convocantes. A Policía Local cifrou a afluencia en "menos dun cento de participantes".

Causa Galiza salientou o "especial significado" da marcha por ser "un acto realizado fóra da capital do país, que adoita ser o escenario para as reclamacións soberanistas", e que enmarcan dentro do impulso que queren dar a súa estrutura comarcal e local.


Documentos

4,51/5 (35 votos)

Comentarios (7)

Simbirsk #1 6/Decembro/2007 Simbirsk

Há várias pessoas detidas pola queima do retrato.

Vamos tod@s para a comisaria de López Mora!

mceleiro #2 6/Decembro/2007 mceleiro

Uma manifestação consiste em MANIFESTAR, neste caso o sentimento que produz "Su Graciosa Majestad". Parabéns aos do chisqueiro.

PD: Quando os de sempre os critiquem, eles são pacíficos, estão a danar um papel de merda, com a cara dum merda, outros dão porraços.

Cesare #3 6/Decembro/2007 Cesare

"salientou o carácter imposto"?? Ahá, o típico caso de referendo-espellismo...
por favor, Vieiros, poden indicar canta xente participou na manifestación?

iaguinho #4 6/Decembro/2007 iaguinho

estou mais d acordo cos datos que dan dende a organizacion, que cos que dan dende a policia local... iamos bastante xente.
creo que na foto se pode apreciar que somos mais dun cento de persoas...

Galiza Ceive!!! e se isto non se amaña! caña caña caña!e se isto non se asume, lume lume lume!

xacataca #5 6/Decembro/2007 xacataca

Merque gafas, señor Cesare.

Gaviotero #6 10/Decembro/2007 Gaviotero

Manifestación que apenas tuvo repercusión en la prensa debido seguramente a la escasez de manifestantes...

http://www.farodevigo.es/secci...

"Esta asociación, que reunió en su acto a menos de un centenar de personas, según la Policía Local..."

xacataca #7 16/Decembro/2007 xacataca

Merque cerebro, señor Gaviotero.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: