As peticións de renuncia á relixión católica medraron considerabelmente nos últimos cinco anos en Galiza.
Este ano case un cento de galegos e galegas formalizaron a súa renuncia á Igrexa, e nos últimos cinco anos os casos de apostasía disparáronse no país. Hai nada, mesmo a xustiza española recoñecía, por primeira vez, o dereito dos cidadáns a apostatar.
Aínda que moitos de nós fomos bautizados así nacemos (o que significa a nosa inmediata adscrición á fe católica), os cidadáns comezan a renunciar á relixión imposta dende o berce. Ás veces é por unha decepción persoal ou polo desacordo coas decisións que adoptan as autoridades da igrexa, como as recentes manifestacións públicas contra o dereito das persoas homosexuais a casar.
89 galegos e galegas desligados da igrexa en 2007
Daquela, sexa por unha razón ou por outra, este ano 89 galegos e galegas déronse de baixa da igrexa, cousa que comeza a preocupar aos arcebispados do país.
Aínda que a apostasía só implica unha anotación na marxe do rexistro bautismal na que se aclara que esa persoa abandonou a fe católica, (mentres o seu nome continúa nos rexistros bautismais), a efectos prácticos, o ou a apóstata queda excluído de participar nos sacramentos (non pode ser padriño ou madriña de bautismo e confirmación, non terá dereito ás exequias fúnebres e se nun futuro quere casar cunha persoa relixiosa, necesitará un permiso do bispo que lle toque).
Renunciando nos arcebispados
No Arcebispado de Compostela foi onde máis peticións de apostasía se recibiron este ano (57); seguido do de Lugo, onde se formalizan, de media, unhas 6 baixas ao ano. No de Vigo-Tui este ano déronse de baixa 11 persoas; no de Ourense 20 e no de Mondoñedo-Ferrol outras 10. Moitas das renuncias aínda están sen formalizar, xa que se trata dun proceso complicado: hai que facer moito papeleo, buscar a certificación de bautismo e logo entrevistarse cun representante do arcebispado, na presenza dun notario, que case sempre tentará convencerte para que quedes.
Ao comezo por non pagar, mais agora tira a ideoloxía
Dende o ano 2004 as renuncias á chamada fe católica aumentaron ben. Antes os casos de apostasía eran raros, e limitábanse, sobre todo, a emigrantes galegos en Alemaña, onde se cobraba un imposto para financiar as distintas relixións. Para non pagalo, moitos deles declarábanse non crentes.
Agora as cuestións morais e ideolóxicas tiran máis, aínda que turrar contra a igrexa nunca foi fácil.
Seremos a cada moitas persoas máis!
Vemos exemplos por parte dalguns curas que no me extraña
Danselle de baixa moitos clientes e xa era hora, todo o mal que fixo a relixión ó longo da historia e o que segue facendo nunca será amañado de todo, nembargantes a pequena aportación de mandalos á merda é necesaria. Coido que polo Marzal van facer dous anos da miña apostasía.
Non e para menos tendo en conta a cantidade de mentiras, e todolos escandalos.
Menudo chiringuito se montaron no Vaticano invistindose da simboloxia que nos identificamos co sagrado, e de rituais de cultos anteriores coma os dos celtas que eles cristianizaron.
Mesmo se atreveron a cristianizar a Prisciliano e o Camiño iniciatico de Fisterra,ese que se guiaba polas estrelas e o Sol ata donde remataba o mundo coñecido. O antigo culto o Sol.
De feito mesmo se atoparon lapidas, sen tumbas, que representaban esa morte simbolica dos peregrinos.
Por suposto ninguen se traga que na catedral de Santiago este ningun apostolo. Como moito o herexe galego Prisciliano, un dos ultimos druidas, que foi decapitado. Iso si a catedral debe estan situada sobre un lugar de poder, pois xa ali habia antes outros monumentos.
Enche-me de orgulho e satisfacção ver que este modelo de carta está baseado num outro que já publicara há poucos anos Vieiros... e que redigira um servidor :))
Naquela altura o movimento apostásico (ou apostático?) galego estava muito mais organizado, principalmente ao redor de Arrenego (iniciativa da Rede Social Arredemo), que desde a modéstia dos seus recursos intentava assessorar as pessoas interessadas.
Auto-bombos à parte, animo todas as pessoas que por uns motivos ou outros decidiram o abandono da Fé católica (ou cristã em geral) ou, mais bem, a sua saída da Igreja, para formalizarem um trâmite que em nada os prejudica (mas ao contrário) e que apenas afectará a Igreja, que assim verá descer os seus recursos económicos.
Se precisardes motivação política maior, pensai nisto: ao apostatardes, ajudareis para a COPE deixar de intoxicar os cérebros dos taxistas do nosso país ;)