Zapatero sinalou "dificultades técnicas, xurídicas e económicas".Rodríguez dixo que cumpría "salvar o espírito colectivo e a historia común do norte de Portugal e Galiza".
Os deputados do BNG escoitan a resposta de Zapatero, esta cuarta feira en Madrid
O presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, anunciou esta cuarta feira no Pleno do Congreso que estudará a posíbel emisión en Galiza de canles de televisión portuguesas en formato dixital, aínda que anunciou a súa dificultade, en resposta a unha pregunta do deputado do BNG Francisco Rodríguez.
O voceiro nacionalista reclamoulle un "multiplex adicional" para Galiza "por razóns lingüísticas e culturais", conforme ao estipulado na Carta Europea das Linguas Minoritarias. Ademais, Rodríguez sinalou a necesidade de "salvar o espírito colectivo e a historia común" do norte de Portugal e Galiza, que "até hai ben pouco eran o mesmo pobo".
No entanto, Zapatero sinalou que as "dificultades técnicas, xurídicas e económicas" poderían complicar esta concesión, e dixo que habería que agardar a futuros informes de tipo social e cultural que a posibiliten. Ademais, segundo o presidente español, Galiza xa conta cun multiplex para a televisión autonómica e solicitou un segundo para a emisión de catro canles privadas.
Nese senso, o dirixente español advertiu de que "non habería espazo radioeléctrico posíbel" para acoller máis canles de televisión. Xa que logo, dixo, habería que avaliara a superposición de ambas as dúas redes de difusión en zonas fronteirizas, o custo da infraestrutura e mais as dificultades dos dereitos de emisión e da xestión de publicidade.
Parabéns ao BNG por esta pergunta parlamentar. As "dificuldades" são políticas, não técnicas, jurídicas ou económicas.
Talante, claro que sim. Talante de UNA-GRANDE-LIBRE.
E agora que estão tão de moda isto de ceder competências, que tal se nos cedem as de licenças de TV e Rádio? Talvez se Prisa compra a RTP nos deixem....talvez se a RTP fosse em castelhano....ou cuando menos a Rádio Renaixença, que é mais ou menos a COPE de Portugal...
Nem sequera sabem amanhar as mentiras. Então como funciona tecnicamente a Televisão Digital? Para que mercar esses aparatinhos? Talvel a CNN ou a Fox têm menos dificuldades que a RTP?
E ainda há quem defende que o estado espanhol é democrático. Manda caralho!
Se Prisa comprar a RTP, teriam a licença assegurada imediatamente e poderiam transmitir até em Madrid.
era umha boa ocassiom para aunar os desejos de milhorar a riqueza da língua e de irmanar os dous povos...mágoa que nom haia pre-dispossiçom...
Prisa não precisa comprar a RTP porque já é a principal accionista da TVI, outro dos principais canais de TV de Portugal. Também posue outros meios de comuncação social como a estação de rádio Rádio Clube de Portugal ou o diário Público, por citarmos os mais importantes do grupo Media Capital que é marca portuguesa do grupo Prisa.
O señor Zapatero é un castellano leal ao principio da sacrosanta, apostólica e fantasmagórica unidade de España.Un social-devoto da mordaza, un pseudodemócrata exemplar e un circense da Realpolitik. Nada que facer con estes magos da falacia e do engano. Cando abrieremos os ollos! Inxel.
POR QUE NON É POSIVEL SE EU PODO VER OS CANAIS PORTUGUESES NA RIA DA AROUSA? A 200 KM DA RAIA!
Contratando a linha telefónica a ONO em Madrid recebes, no pacote básico de televisom por cabo grátis, a RTP e a TVG internacionais. Porém ao contratares R, mesmo com conexom à Rede nom se inclúe nengumha canle portuguesa nem, curiosamente, a TVG internacional. Pode-me explicar alguém cal é a razom?