Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este sábado, en Compostela e en Vigo

Máis de 200 persoas piden a liberdade dos tres independentistas detidos "por defenderen a terra"

Redacción - 10:55 16/12/2007

Ao redor dun cento de persoas participou na tarde do sábado en Compostela e perto de 150 en Vigo en senllas concentracións convocadas polo colectivo Ceivar para reclamaren a liberdade dos tres detidos este venres en Portosín (Noia), a que din están "acusados de defender a terra".

En Compostela, os manifestantes reuníronse na Praza de Cervantes, no casco histórico da capital, onde tres furgóns blindados da Policía e 12 antidisturbios desprazados até o lugar agardaban por eles, e que escoltaron a marcha deica á rúa de San Pedro, onde se leu un comunicado.

En Vigo, a manifestación partiu de Princesa, que foi tamén acompañada dun amplo dispositivo policial polo paseo de Afonso XII, e difundiuse o mesmo manifesto.

No texto, os concentrados denuncian que os detidos, sometidos á Lei Antiterrorista (que permite manter incomunicados aos detidos até cinco días), corren "alto risco de seren obxecto de torturas". Así, censuran que "namentres os políticos que expolian a terra están a comer marisco e a se enriquecer", os arrestados "están a ser maltratados".

Manipulación dos medios de comunicación
Tamén acusan os medios de comunicación de manipularen á opinión pública por trataren aos tres mozos coma "terroristas, cando só están acusados por defender a terra". "Non son criminais, senón persoas comprometidas co seu país", asegurou un dos portavoces.

Á fronte da mobilización compostelá varias persoas portaban unha pancarta co lema 'Liberdade para os independentistas. Defender a terra non é un delito'. Entre as consignas coreadas estaban 'Caña, caña, caña, contra a mafia inmobiliaria', 'Audiencia Nacional, secuestro legal', 'Aquí se tortura como na ditadura', ou 'Non son terroristas, son independentistas'.


4,52/5 (29 votos)


Comentarios (30)

luisfoz #1 16/Decembro/2007 luisfoz

Quero manifestar a minha solidariedade com os detidos e a minha funda preocupaçom polo trato que estejam a sofrer

Tavia #2 16/Decembro/2007 Tavia

Quero sumar-me ao dito por luisfoz. O outro dia os detidos pelo de Mugardos falárom do bom trato da guardia civil, agardemos que estes detidos podam dizer o mesmo. Incluidos os especialistas de Madrid.Quero também solidarizar-me coas famílias em este, que sei, malïssimo momento.

guillerme #3 16/Decembro/2007 guillerme

Eu tamén quero solidarizarme tanto cos detidos como coas súas familias, as cales poden levar a cabeza ben alta posto que os detidos estano por defender a súa patria e de xeito desinteresado.

Viva Resistencia Galega! Morte aos inimigos da patria galega!

lunet #4 16/Decembro/2007 lunet

Por min, que lles metan cadea perpetua. Hai outros xeitos de defender a galiza, se é que poñendo bombas se lle pode chamar defender, para min, e máis un ataque que outra cousa...Moito bombo ó tema dos malos tratos da garda civil pero estes personaxes levaban unha bomba no coche, cousa ilegal, así que...a foderse e a aguantarse.

JohnLocke #5 16/Decembro/2007 JohnLocke

Se a pátria a vão defender três crianças malcriadas ponhendo bombas, mal imos. Solidarizo-me com as suas famílias.

Bardo-do-vinho #6 16/Decembro/2007 Bardo-do-vinho

Pois estas tres "crianÇas" polo menos fixeron algo. É certo que poñendo unha bomba non se resolve nada pero tampouco tumbandose no sofá.
O problema que temos en Galiza e que os nosos políticos son todos uns corruptos e aburguesados, non fan nada en contra das inmobiliarias por que son as que subencionan as súas campañas. Un rapaz que vive cun salario de merda ou mesmo que non ten traballo e que ve como a sociedade non se preocupa por el é loxico que obte por vingarse dos que o estan a oprimiren.
Se a sociedade apoiase a estes rapaces e conseguese que non foran explotados polas inmoviliairas e empresarios de seguro que en lugar de poñer pombas facian algo máis útil.

"se avanzo sígueme, se me deteño empúrrame e se acaso retrocedo alí mesmo liquídame"

chou #7 16/Decembro/2007 chou

Lémbrolles que o escenario político e social non é o de hai uns anos. Agora estamos nunha democracia, e para cambia-la situación da nosa terra hai que emprega-las ferramentas que haxa no sistema. Porque se estamos coma estamos, tamén é , en parte, pola nosa culpa.
Non ás bombas! Non ó terrorismo!
FORZA GALICIA!!!

Gaviotero #8 17/Decembro/2007 Gaviotero

Esto ya es lo último...tres tíos que van a poner una bomba y salen los amiguetes de los terroristas pidiendo que los liberen.

Y luego qué, ¿liberamos a los violadores?

Que todo el peso de la ley caiga sobre ellos y que se pudran en la cárcel.

Gaviotero #9 17/Decembro/2007 Gaviotero

Por cierto, si esos tres gilipollas "defienden la tierra" poniendo bombas, sugiero que en la próxima manifa de los cuatro gatos que se manifiestan por la "defensa de la tierra" les apliquen los mismos métodos de "defensa de la tierra" a ellos...

rober #10 17/Decembro/2007 rober

apodrecendo tinhas que estar ti, ghaviotero, no inferno, que es uma maa-herva

rober #11 17/Decembro/2007 rober

é ecológico que desapezas, pído-lhe â Terra que desaparezas

rober #12 17/Decembro/2007 rober

funde-te com a merda que te envolve "a cotío" e , regggrrrrresa a franco

rober #13 17/Decembro/2007 rober

EU QUERO SABER COMO SON TRATADAS AS PERSOAS DETIDAS

rober #14 17/Decembro/2007 rober

COMO AS DETIVERON

rober #15 17/Decembro/2007 rober

TI SI QUE ES UN TERRRROOOORISSSTA, violento "en extremo", e haberíache que aplicar a "LEY DA MEMORIA HISRORICA" e desterrarte por NEFANDO

fervenza #16 17/Decembro/2007 fervenza

Métome eiquí porque é a noticia que ten máis respostas. Onte morreu unha muller a maus da súa parella. Van xa...non sei, máis que matados pola ETA. Ninguén parece darlle importancia, é unha muller máis, un cidadán de segunda, os progres sómolo só con nós, cos homes, que nos importan as mulleres. Xa dicía Lidia Falcón, que cando se afiliou o PCE os comunistas tiñan as mulleres facendo café na cociña. Todos vós, terdes mulleres, nais, fillas, todos vós, clama ó ceo que non haxa máis carraxe, todos vós. Ou é que no fondo as mulleres son putas ou virxes como pensades todos os homes?
será que sí, e vós sodes os que fixestes as guerras, os fortes, os que falades no parlamento,os esquerdosos, nas asembleas do BNG o 90% son homes, por que?. Galiza ceibe, mulleres ceibes no país no matriarcado.

fervenza #17 17/Decembro/2007 fervenza

Ninguén me contesta, será que os homes teñen as mulleres na casiña, será que ós homes non lles convén que as mulleres se lles rebelen, que sigan mainas, tontas, submisas. Iso é así, tanto home, tanta aldraxe, as feministas somos tolas, fríxidas, mulleres frustradas que non conseguimos home. San Antonio, anqueme mate, anque me esfole...non

fervenza #18 17/Decembro/2007 fervenza

non,NON NON NON NON NON NON
NON NON NON Ç

fervenza #19 17/Decembro/2007 fervenza

NON Á ALDRAXE DE XÉNERO, MULLERES DO MUNDO, UNÍDEVOS, UNHA PANTASMA ANDA SOLTA, A PANTASMA DO MACHISMO. VIVA GALIZA CEIBE, VIVAN AS FEMIAS CEIBES, E SE NON RESPOSTADES, SE "PASADES" É QUE SODES COMA ELES, COMA OS QUE MATAN PORQUE TANTO VOS TEN,

Gaias #20 17/Decembro/2007 Gaias

A miña solidaridade con eses patriotas galegos e as suas familias.
E lamentabel que sexan detidos non sabemos ben por que motivo, e a manipulacion mediatica que case que xa os criminalizou antes de ser acusados ou xulgados.
Acaso e un delito ser un patriota galego?.
Serian detidos se foran fascistas españois?.

galeguzo #21 17/Decembro/2007 galeguzo

Enquanto não se confirmar a veracidade dos factos, o mais prudente seria não se pronunciar publicamente sobre o tema.

Extrapolando para outros âmbitos, ninguém negará que a colocação de qualquer tipo de artefacto explosivo (quase diria que também a sua elaboração) com potencialidade para matar é ou deveria ser um delito.

Os nenos não deveriam jogar nem com pólvora nem fogo.

BonKarallan #22 17/Decembro/2007 BonKarallan

Fervenza, eu si doulle importancia á túa noticia. ¡¡Violencia machista, unha vez mais!!, co agravante de garda civil e diante do cuartel.

Di a prensa que foi detido polos seus compañeiros. Só faltaba que fosen felicitarlle.

Pódese denunciar mil veces, pero que máis podes facer? A violencia sexista sobrepasa todos os ámbitos políticos. É de dereitas e é de esquerdas. É mala educación da sociedade.

Hai que ir aos casos concretos e iso sí, non permitir como "pasa" a xustiza en certos casos que ás veces desterra á muller para que o agresor non a atope, caso que presenciei eu na illa da Gomera.

A Xunta buscoulle un traballo a unha muller da Coruña, maltratada polo seu marido, na illa da Gomera (Canarias), para que el non a atopase alí de lonxe. E el, por outra banda, libre pola súa terra e facendo o que lle dá a gana. Estas cousas son as que hai que denunciar porque favorecen as agresións e os crimes de xénero.

¡¡FERVENZA O MEU APOIO!!

Gaviotero #23 17/Decembro/2007 Gaviotero

rober, deja de vomitar, que te irá mejor.

Gaias, el delito no es ser lo que tú llamas "patriota galego" y yo terrorista, el delito es llevar explosivos en el coche para ponerlos en una inmobiliaria y haber puesto otros explosivos anteriormente. A eso se le llama terrorismo y salvo miserables como tú, en los países civilizados los tenemos entre rejas, que es donde mejor están.

Si te lo pusieran en la puerta de casa seguro que no les llamabas "patriotas gallegos".

migueledreira #24 17/Decembro/2007 migueledreira

Desde o meu ponto de vista os culpaveis merecen:

1º) PRISIÓN INCONDICIONAL POR MOITO TEMPO, XUIZO RÁPIDO E TRABALLOS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE: APAGAR LUMES, LIMPAR CORREDOIRAS...

2º) OS QUE SE MANIFESTAN PEDINDO A SUA LIBERDADE MERECERIAN
TAMÉN PRISIÓN.

3º) NA ACTUAL SITUACIÓN POLÍTICA SE PODE FACER MOITO POR GALIZA DE FORMA PACIFICA. NON HAI XUSTIFICACIÓN PARA A VIOLENCIA.

3º) SOLICITO QUE SE MODERE ESTE FORO BORRANDO MENSAXES QUE NON GARDAN O MAIS MINIMO RESPETO, CONTEÑEN INSULTOS E SIMILARES.

4º) CREO QUE O "OPENVIEIROS" VAI POLO MESMO CAMIÑO QUE O "VELLO" VIEIROS, ASIQUE DOU-ME DE BAIXA COMA USUARIO.

fervenza #25 18/Decembro/2007 fervenza

Grazas, Bonkarallan. As mulleres estamos agradecidas de que haxa aínda homes con senso común.

Barcelos #26 18/Decembro/2007 Barcelos

Eu tamén defendo a liberdade dos independentistas que defenden a terra.

Pero condeno aos que utilizan a violencia para obter os seus obxectivos. Xa sexa a violencia sexista que denuncia Fervenza, coa que tamén me solidarizo e que eu tamén denuncio, xa sexa a violencia das bombas que denuncian algunhas persoas, máis ben poucas, neste foro.

Se todos pomos unha bomba cando non estamos de acordo con algo, isto será un campo de minas. Miúda terra imos defender.

Ese de a inmobiliaria é un estafador,
pómoslle unha bomba.
Ese garda multa demasiado,
pómoslle unha bomba.
O Goberno non nos dá a independencia.
Pómoslle unha bomba.
Gaviotero é unha mosca dos collós.
Pómoslle unha bomba...

Afortunadamente aínda hai independentistas e nacionalistas que cremos nas solucións pacíficas.

Asumo as críticas que virán agora. De que non somos patriotas, de que é o único xeito de que nos fagan caso. Síntoo, pero a miña postura é pacifista.

Supoño que non me poredes unha bomba.

(Pos suposto a miña solidaridade coas familias dos detidos, que supoño que non terán a culpa. )

condedecotobade #27 19/Decembro/2007 condedecotobade

E pensar que estou dacordo con Gaviotero!!!
Eses rapaces querían por unha bomba. Impórtanme pouco os motivos. Teñen que ir á cadea. O que é unha mágoa é que joderon as súas vidas porque pensaron que estaban cometendo un acto de heroísmo.
Eu tamén pido a Vieiros que se controle o foro. Sinceiramente, prefiro que se limiten os comentarios (tamén os meus) cando nos deixamos levar por instintos que pouco teñen que ver coa racionalidade.
E por suposto o meu total apoio a Fervenza e á súa loita para que se lle dea á violencia machista a importancia que merece

galegasenprexuizos #28 19/Decembro/2007 galegasenprexuizos

Estou dacordo con Fervenza.Penso que porque non nos fagan caso non se debe poñer bombas en ningunha parte, pero co que dixo migueledreira de que: OS QUE SE MANIFESTAN PEDINDO A SUA LIBERDADE MERECERIAN
TAMÉN PRISIÓN. Non me parece normal, todo o mundo ten dereito a manifestarse pacificamente polo que sexa. Ah isto tamén vai por Gaviotero porque dise que a natureza é sabia pero polo que vexo neste home parece ser que isto non sempre é así.
Solidarízome coas familias dos acusados e en parte tamén estou con eles no de Defender a Terra e repito que poñer bombas non está ben.

Majorinus #29 20/Decembro/2007 Majorinus

Uau. Mais de duzentas. É o povo da pátria em procissão.

GalizaEmGalego #30 28/Xullo/2008 GalizaEmGalego

DEFENDER A TERRA NOM É DELITO!

ADIANTE CEIVAR!

ADIANTE INDEPENDENTISTAS GALEG@S!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: