Remata o 2007 con preocupantes anuncios preelectorais. Para o PP, a patria está en perigo, e nada máis urxente que devolverlle ao Estado a autoridade e a musculatura orixinarias para salvala. Adiantamos os editorias do número de decembro da revista TEMPOS Novos.
Remata o 2007 con preocupantes anuncios preelectorais. Para o PP, a patria está en perigo, e nada máis urxente que devolverlle ao Estado a autoridade e a musculatura orixinarias para salvala. A dereita quere verticalizalo en todo o que constitúe a esencia dos seus atributos soberanos (institucións garantistas, territorialidade, administración de xustiza, forzas de seguridade e defensa, sistema educativo, lingua española...), e para conseguilo precisa institucionalizar novos instrumentos que sirvan para rescatar cotas cedidas ás autonomías, para reprimir avances estatutarios, e para sancionar tendencias e reivindicacións federalizantes. O desafío da dereita está calando nos dirixentes do PSOE, que reforzan o seu discurso patriótico con logotipos, marcas e renuncias dificilmente compatibles coa imaxe da España plural na que Zapatero dixera crer. Rescatando a Bono do seu forzoso retiro político, os socialistas evidencian con pragmatismo o seu desapego republicano e federal, como vén de denunciar Maragall. Aínda que os socialistas non caian na trampa do soberanismo esencialista, uns e outros coinciden en establecer barreiras de protección que exclúan (PP) ou reduzan (PSOE) a participación dos nacionalismos territoriais na cogobernabilidade do Estado. Levarano a cabo se calquera dos dous acada maioría absoluta en marzo.
Chávez versus Putin
A campaña de demonización contra Chávez e o seu proxecto socializador pesou na avultada abstención de milleiros de chavistas, perdendo así o referendo. Moitos deles acabaron receando dunha reforma constitucional que concentraba na súa persoa demasiado poder. Foi por iso que tampouco validaron todo o seu potencial democratizador, emancipador e de participación/distribución do poder. Ten o chavismo poderosos inimigos que levan anos proxectando unha deformada fotografía do líder que, moi lonxe de aceptar a submisión dos seus antecesores, está disposto a consagrar unha boa parte da renda petroleira a conseguir unha autonomía efectiva fronte ás institucións financeiras internacionais, e outra gran parte ao financiamento de programas sociais. A xeometría do poder escriturada na constitución que non foi adiante reforzaba desde o pobo esa capacidade subversiva. Contra o que esa campaña intoxicadora se encargara de ventear, Chávez respectou escrupulosamente os procedementos que formalizan unha consulta popular. Todo o contrario do sucedido o mesmo día 2 na Rusia de Putin, ao que a UE e os EE.UU. perdoan tódolos excesos propios dun réxime ditatorial, autoritario e corrupto. Os observadores internacionais en ambos os dous países contrapuxeron a limpeza democrática, coa que o líder bolivariano perdeu o referendo, ao xogo sucio grazas ao cal o líder ruso dominará a Duma sen apenas oposición. Para avanzar nese recoñecemento democrático, desactivando en consecuencia a estratexia dos demonizadores, Chávez faría ben en cribar e consensuar o que na súa proposta constitucional cheiraba a personalización do poder. E reafirmarse no resto, para o que ten agora un aval democrático moito máis afianzado.
Vías incompatibles
O atentado de Baraxas cortara de plano o diálogo para a pacificación, e o das Landas executa o código de terror no que os etarras nunca deixaron de ser expertos. Outra volta, a espiral de violencia, que non ten saídas. Corenta anos deron para que a organización terrorista constatase que non é por ese camiño como poden conseguir a independencia buscada. Pero tamén deron para que os demais saibamos outras dúas cousas: que os seus militantes non son amantes da lóxica da vida, senón do irracional viva a morte, e que a estratexia de acción/reacción pode acabar con centos de dirixentes e colaboradores nos cárceres, ou pode adelgazar a súa base económica e mediática de apoio, pero nunca vai poder impedir a súa rexeneración. Sobre todo se, como vén de suceder co macrosumario 18/98, os representantes do Estado fan dese proceso masivo un monumento á vulneración das garantías procesuais e xurídicas, denunciadas no seu día por diferentes organizacións profesionais da avogacía. Haxa ou non conexión directa entre esas irregularidades e a condena a 527 anos de cárcere contra medio cento de persoas da esquerda abertzale, por unha banda, e o atentado que matou en Francia a un garda civil e feriu gravemente a un segundo, pola outra, non é de recibo administrar xustiza indo polo atallo. Ningunha propaganda máis eficaz ca esa para garantir a rexeneración da organización en tempos de presión. É no exquisito cumprimento do estado de dereito e na desafección social onde aos terroristas se lles ten que acabar algún día o osíxeno. Contando co definitivo empuxe negociador, que nunca faltou en situacións semellantes.
Editoriais publicados na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 127, decembro de 2007)
Eu sobre Putin non teño nin Putin idea.
Pero sobre Chávez creo atoparme infinitamente mellor informado que o que escribiu este articulo. Xa que aparenta que non vive en Venezuela e se pasou por aquí. Só gozou dos privilexios que outorga o goberno bolivariano a canto intelectual, político ou xornalista disposto a tarifar a súa pluma.
Antes de falar hai que documentarse. Só unha persoa necia ou cun analfabetismo funcional non se dá conta que a REFORMA INCONSTITUCIONAL que propuña Chaves só pretendía brindarlle un marco xurídico a un autoritarismo que transpira pola pel o noso comediante en xefe.
Para que se ilustre aquí ten esta información. Nesta reforma pretendíase modificar o dereito que ten o pobo para elixir aos seus representantes naturais. En poucas palabras, a nosa constitución sinala: “O poder reside no pobo e exérceo por medio do voto”. A Inocente modificación que propuña o goberno dicía: “o poder reside no pobo e exérceo por medio dos COSEllOS COMUNAIS”. E imaxínome que está perfectamente informado das excelentes características dos mesmos no que a xestión de recursos e autogoberno respecta. Pero posiblemente invitárono ao coctel, cando explicaron que estes consellos comunais NON OS ELIXE PROCESO ELECTORAL ALGÚN. Se compañeiro, como le. E entón Quen os elixe?, O poder constituído. É dicir, o mesmo COMANDANTE EN XEFE. É falso o que estou dicindo?. Entón, Para que serve o voto do pobo se este é subrogado nuns consellos comunais que o mesmo pobo non pode elixir?
Se Socialismo é igualdade. Segundo a nosa constitución os funcionarios elixidos polo pobo, incluído o presidente, só poden presentarse a un número limitado de eleccións. Entón Por que razón o presidente pretendía aumentar un ano máis o período presidencial e de paso poder presentarse de forma indefinida cantas veces déselle a gana? Descoñecendo o principio de alternancia democrática para el. Pero se aplicable a Alcaldes, gobernadores e lexisladores.
E logo dunha disertación con certo nivel de disociación psicótica cando di “Chávez respectou escrupulosamente vos procedementos que formalizan unha consulta popular”. Abusos e mais abusos por parte do goberno ao obrigar aos funcionarios públicos a asistir a marchas, maratónicas cadeas de radio e televisión, utilizar os recursos da industria petroleira para financiar a campaña electoral (miles de afiches, carteis e pancartas propondo o SI e sen a menor vergoña o nome de PDVSA e as súas filiais). Señor, iso en calquera país do mundo onde exista un contralor independente chámase "PECULADO DE USO" xa que a industria petroleira venezolana é de todos e cada un dos venezolanos e o seu traballo é extraer, procesar e vender petróleo e os seus derivados. Non promocionar campañas electorais.
Foi vergoñosa a conduta do Concello Nacional Electoral que permitiu todo tipo de tácticas ventaxistas do goberno. E a pesar de autoproclamarse o ORGANISMO ELECTORAL MÁIS MODERNO DO MUNDO, facendo honra ao devandito que di “DIME DO QUE PREGOAS E EU DIREICHE DO QUE ADOECES”. Hoxe 18 de decembro de 2.007 non existen resultados definitivos do último referendo. Que lle parece? E iso que a abstención foi alta pero nada en comparación que a abstención que existiu cando se voto a actual constitución e nada semellante á inmoral elección parlamentaria de deu orixe á asemblea nacional actual en Venezuela.
O máis triste é que nin sequera pasaron 72 horas da derrota electoral cando xa Chávez fala en termos de “por agora” dando a entender que buscase de calquera forma o que o pobo con moitos sacrificios decidiu nas urnas e que a constitución e a moral sinalan que non pode ser proposto polo resto do período.
O máis triste é que o vicepresidente Jorge Rodríguez. “Imparcial” Ex presidente do Consello Nacional Electoral enchíase a boca indicando que o PSUV tiña máis de 6.000.000 de militantes inscritos. Sería a primeira vez que un partido político saca menos votos que o número de militantes que os conforman.