Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Niav Keating, voceira de Choice Ireland

"Gustarianos que se celebrase un referendum pro-eleccion"

A voceira desta organización feminista irlandesa explica porque o país precisa nova lexislacion no tema do aborto. Unha entrevista de María Golpe.

Redacción - 09:00 19/12/2007

En Xaneiro de 2007, nacia en Dublin a organización feminista http://choiceireland.blogspot.com ">Choice Ireland. A piques de cumprir un ano, Niav Keating, voceira da organización, explica porque o pais precisa nova lexislacion no tema do aborto.

Choice Ireland formabase tras unha reunion publica de activistas pro-eleccion en Dublín, co obxetivo esencial de facer campanha mediatica no pais para conseguir unha lexislacion mais flexible no tema do aborto, asi como sensibilizar a sociedade irlandesa en diferentes temas de saude sexual feminina.

2007 foi un primeiro ano de vida movido para a agrupación, que organizou a marcha en apoio a Miss D (a adolescente que denunciou o sistema sanitario por impedirlle viaxar ao Reino Unido para abortar, cando o feto sufria unha condicion medica que lle impediria sobrevivir fora do utero da nai) e os piquetes as portas do Women’s Resource Centre en Dublín (centro acusado de dar información falsa sobre aborto a mulleres con embarazos non desexados e en busca de consello sobre opcions posibles), ademais de outros eventos mediáticos para ponher o debate sobre o aborto de novo no panorama publico irlandes.

"O noso principal obxectivo e facer campanha para conseguir un accesso ao aborto legal, seguro e gratuito," di Niav Keating, de 25 anos, voceira da organización de maneira voluntaria e membro de diferentes grupos pro-eleccion, como Alliance for Choice e Body durante os ultimos catro anos.

"Uninme a Choice Ireland en xunho do 2007 cando regresei a Irlanda, despois dun ano viaxando polo mundo. Personalmente, creo que o dereito ao aborto e unha cuestion de saude feminina e a muller debe ter dereito a escoller. Non e unha cuestion legal, moral ou etica. Deberia ser elección da muller decidir se quere ou non continuar cun embarazo e calquera muller que escolle finalizar cun embarazo deberia ter aceso a un aborto de maneira gratuita, segura e legal no pais," engade.

Calculase que arredor de 6000 mulleres irlandesas cruzan o mar irlandes para abortar no Reino Unido cada ano e estimase tamen que o 10% das irlandesas tiveron que abortar nalgun momento da sua vida.

"Irlanda ten unha das leis mais estrictas con respecto ao aborto en toda Europa. So Malta e a cidade do Vaticano tenhen leis mais estrictas ca nos. Sucesivos governos fracasaron a hora de lexislar sobre o caso X, no que se decidiu que aborto deberia permitirse so nos casos nos que a vida da muller este en perigo. Como resultado, os doutores atopanse nunha situación inaceptable, sen saber se legalmente deberían ou non proceder con abortos, e en que casos."

O tema do aborto e unha materia sensible en todo o mundo, para Niav. "O feito de que abortar e ilegal en Irlanda engade ao estigma e estres que as mulleres sufren nunha situacion de crise como e un embarazo non-desexado."

Choice Ireland e un grupo diverso de activistas. Alguns dos seus membros participaron activamente no Referendum sobre o aborto de 1983 (que resultou cun reforzamento da prohibición do aborto na constitución), outros estan involucrados por primeira vez nun grupo deste tipo; son estudiantes, pais, profesionais, membros de partidos políticos (como Labour e Sinn Fein) e incluso anarquistas.

A falta de lexislacion apropiada e unha actitude totalmente estoica por parte do governo son os principais problemas cos que se atopan os activistas pro-eleccion irlandeses. "Os sucesivos governos do pais fracasaron a hora de tratar o tema do aborto de maneira axeitada. O obispo de Church of Ireland (protestante), Rev Michael Burrows atacou recentemente a clase politica pola sua sistematica actitude pusinalime e o seu fracaso a hora de lexislar tralo caso X.," explica Niav.

"Choice Ireland quere instar ao governo irlandes para que deixe de ignorar o tema e, idealmente, gustarianos que se celebrase n referéndum pro-eleccion. Segundo unha enquisa recente, 52% dos homes e 48% das mulleres entre 25 e 34 anos estan a favor de ter accesso ao aborto en Irlanda cando a muller decida que a mellor opcion."


4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: