Só o Partido Popular e ICV apoiaron a emenda aprobada polo Senado que instaba a revisar a taxa que pretende compensar as entidades xestoras de dereitos de autor.
O Congreso dos Deputados rexeitou este xoves á tarde a emenda presentada no Senado para retirar a proposta de canon dixital. Só o Partido Popular e ICV votaron a favor da proposta do senador de Entesa Catalana de Progrès Jordi Guillot. O PSOE, CiU, IU e Chunta Aragonesista opuxéronse, mentres que o BNG, o PNV e ERC preferiron absterse.
Con esta votación, confírmase que os consumidores teremos que aboar as cantidades propostas esta semana polos ministerios de Cultura e Industria para compensar os autores fronte ao dereito á copia privada. O voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, xustificou a abstención en que "non é o momento de propoñer un tema tan complexo" e "haberá que estudalo con coidado, sen presión nin demagoxia".
Luz verde aos Presupostos
Tamén o Congreso conseguiu aprobar os Presupostos Xerais do Estado que foran vetados no Senado grazas aos 182 votos de PSOE, IU-ICV, PNV, BNG, Nueva Canarias, Chunta Aragonesista e o ex-deputado popular Joaquín Calomarde. Do outro lado, PP, CiU, ERC, CC, EA e Nafarroa Bai posicionáronse contra as contas estatais
¿E por qué se abstivo o BNG?, ¿acaso non ten definida a súa posición sobre este roubo "dixital"?
Se abstuvo porque es lo que les dijo Rubalcaba que tenían que votar y cuando se es una mera alfombrilla del socialismo español, pues es lo que pasa...
¡Qué final más triste para Francisco "Lacayo" Rodríguez!
Abstívose porque o que se votaba non era a supresión do canon, senon instar á redacción dunha nova proposta sobre o canon rexeitando a reforma actual.
Ou sexa, votábase ser roubados dun xeito ou doutro, o lóxico era a abstención.
A ver gaviotero,
se fose certo o que dis votaría o mesmo que o psoe, non?
a ver se pensamos mellor as intoxicacións, home!
Pola miña parte, despois de ver a argumentación que deron, parece bastante razonable.
O PP ven de enarbolar a bandeira da defensa dos consumidores contra o canon dixital: xa non se lembran cando subiron a presión fiscal nun 20% e dician q baixaran os impostos. Por certo, POR QUE NON DERROGARON A LEI DA PROPRIEDADE INTELECTUAL CANDO GOVERNARON ELES?
A q veñen agora con estas leas baratas do canon?
GUSTARIAME ACLARAR CERTOS CONCEITOS DESVIRTUADOS:
-Aos creador de cancións (letra ou música), e a lei di q teñen dereito a q se alguén a interpreta e cobra por iso, teñen q recibir unha parte. A unha organización da xestión de dereitos (sgae non é a única, tamén están agedi, aie, etc) son as q se encargan do seu cobro e redistribuen esas cantidades entre os integrantes.
ASI Q OS DEREITOS DISTRIBUENSE ENTRE QUEN OS TRABALLA, sr ,,un galego".
-Se alguén nun concerto, grava a un cantante q interpreta unha obra e colga esa gravación en internet, por exemplo nun portal de venda de agasallos: o creador ten dereito a cobrar parte dos beneficios q faga esa empresa. Ninguén llos pode negar. Se a empresa non kere pagar ese canon: q cree a sua propia música!
E se as comisións de festas non keren pagar dereitos de autor, q contraten orquestras q toquen os seus propios temas! ASÍ DE FACIL.
Se os bares, tvs, radios, empresas, etc q utilizan musica creada por outros para vender mais... non keren pagar dereitos de autor, q creen eles mesmos a sua propia musica! Enriba levarán parte dos beneficios: TODO UN CHOLLO VERDADE?
Mais por que non o fan? pq saben q usando músicas pegadizas ou q teñan ritmo ou estean de moda, van chamar a atención e sacarlle a pasta á xente.
POIS SE SACAN BENEFICIOS Á CUSTA DOS CREADORES, QUE REPARTAN!!!!!
E o mesmo pasa coa maioria dos soportes q compramos: fitas, cd, dvd... Q ninguén diga q os compra para facer as gravacións da sua voda pq isto é só unha vez na vida. A ,,MAIORIA" DOS SOPORTES Q SE MERCAN SON PARA GRAVAR MUSICA, PELIS, ETC, ETC, todo creado por outros, e se keremos disfrutar do q outros fan, pagar unha PÍRRICA CANTIDADE non vai matar a ninguén.
Por que non pedimos q se elimine o prezo dos ordenadores? ou dos mobiles? ou dos gravadores de dvd e cd?
Xa avonda de fariseísmos.
Estimado Tino:
Non é cuestión de fariseísmo (por certo, opino que en certos debates deberían evitarse descriptores como "fariseo", "victimismo", "nazi" etc, porque moitas veces se empregan con tanta lixeireza que acaban perdendo sentido). Exemplo práctico: un servidor fai amplo uso de soportes dixitais, e podo dicir o seguinte: non teño nin un segundo de música ou produto audiovisual que xestionen as entidades españolas. Se teño un CD con música de Panseluta Feraru descargada (máis que nada porque o CD non hai quen o encontre), por que lle teño que pagar a Teddy Bautista e a Luis Cobos (quen, por certo, manda forza que proteste por cuestións de dereito de autor)? No meu móbil teño unha versión de "o gato metido nun saco" interpretada por un par de cidadáns un sábado pola noite. Por qué teño que pagarlle a Alejandro Sanz por iso? [Insertar aquí ademais os argumentos de dereito sobradamente expostos: presunción de inocencia, aplicación indiscriminada e preventiva; a "pírrica cantidade" non o é tanto, e é cuestión de principio: se na caixa de aforros a un lle mangan unha "pírrica cantidade" e lle din que é por se lle provocas dor de cabeza ó director da sucursal non creo que un lles deixe os cartos alí]. Estou completamente de acordo contigo en que se controle o repertorio das orquestras, das comisións de festas, da xente que lle saca pasta, etc., pero que nos veñan amolar a consumidores que miramos os discos de Ana Belén de lonxe, xa me parece máis problemático.
Grovius: O de fariseísmo está utilizado perfectamente, non é baladí.
Para comezar, vexo q non coñeces como funcionan as entidades de xestión.
Comezar q están reguladas por unha lei aprovada nun parlamento democrático.
Segundo, ti non lle pagas nada a Alejandro Sanz, e se eses q cantan ,,o gato" son socios de agedi, aie, sgae ou calkera outra entidade de xestión van recibir (le con atención o seguinte) como mínimo un seguro gratuito de asistencia en viaxes (acidentes, asistencia médica, etc) POR 2 MINUTOS DE CANCION!
Asistencia como esa é a dan estas entidades de xestión a que TRABALLA E NON COBRA, pero os demais se aproveita deles. Aparte de outras axudas sociais como bolsas para fillos, certames para novos criadores, asistencia a creadores desfavorecidos con casas de acollida, concertos gratuítos por todo o Estado... Queres mais, pois infórmate antes de dilapidar! Ves como o de fariseísmo está xustificado.
Por certo, se usas CD para gravar datos na tua empresa deverias saber q tes dereito a q che devolvan o canon quen cho cobrou: é so cuestión de te informares e non falar por falar.
Por certo, cando dixen ,,as entidades de xestión danlle asistencia a quen traballa e non cobra mais hai quen se aproveita deles" non me referia a ti coa canción do gato no móbil.
Falo dos bares, tvs, radios, etc q non kixeron pagar nunca aos creadores mais perderon os xulgamentos e agora teñen q pagar; ao mesmo tempo crearon grupos de presión e financian campañas en contra das entidades de xestión. AO FINAL ÉRALLES MAIS FACIL CREAREN ELES A MÚSICA POLA Q TEÑEN Q PAGAR CANON, mais non o fan pq continua a sairlle máis a conta.
Alguén lembra a mesma lea cando foi coa lei do tabaco? As tabakeiras pagaron centos de millóns a contertulios de renome q chegaban a dicir barbaridades como ,,se a vosté lle molesta o fume do meu tabaco, a min moléstame o seu perfume sra!"
Pois o mesmo están facendo os grandes grupos mediáticos e nós seguimo-los sen pensar q son eles os grandes favorecidos, os q van levar os maiores beneficios á custa de destruir a única forma de financiación segura dos creadores e interpretes.